Reptiliáns

De Desgalipedia
Manuel Fraga, si! un reptilianoooo!!.

Reptiliáns son unha especie alieníxena cunha tecnoloxía extremadamente avanzada que domina o planeta Terra, e nós os cidadáns terrícolas non o sabemos porque usan maquillaxe (nembargantes os aldeáns e paleto si o saben pero como ninguén lles fai caso...)

Orixe[editar]

Exército de Reptiliáns a piques de atacar a Terra.

Os reptiliáns proveñen do planeta AXL-R023, e como o foderon tanto debido ó seu capitalismo dos 100 anos tiveron que comezar a invadir planetas veciños pra seguir mantendo o seu nivel de vida; mais chegaron á Terra e viron que os humáns xa inventaran a bomba atómica, asi que preferiron inflitrarse antes que comezar outra nova guerra interplanetaria que os deixaría baldados (xa se sabe que os lagartos son moi preguiceiros e gostan de andar só a tomar o sol e comer).

Infiltración[editar]

Reptiliáns, segundo emos, gays, MarceloGaynard24, españolistas e galipedistas son seres moi machos e con corpos ben definidos.

Pra invadir de forma cómoda e elegante o planeta comezaron a inflitrarse entre nós co fin de coñecer os nosos puntos febles, no informe Grahhh-MjÜik detállanse:

  • Consumismo: se non temos o último grito tecnolóxico danos un soponcio e berramos co esposo.
  • Star system: os actores das películas son moi famosos e serven pra manipular a opinión da xente debido ás súas mentiras que tí non sabes que son mentiras.
  • Goberno: todo o mundo obedece ó que está no goberno, só hai que chegar a él e xa se domina todo o mundo.

Pra iso comezaron a estudar Económicas, Interpretación, Empresariais e facer contactos (cousa moi importamte en Italia e España pra prosperar) despois comezaron a idear técnicas variopintas pra facerse famosos e ricos (cantar moi mal e grazas a un PC cantar coma Deus, fabricar escándalos sexuais pra saír na tele) mentres o outro rexemento se metía en política (no PP e PSOE maormente) o comando "Ghuuuuujrkljku" foi ao Seminario e mezquitas e fixéronse bispos, imáns e papas (nuca crego que eses non mandan).

A Invasión[editar]

Reptiliáns, aínda que sexa negado por eles, non consomen carne humana polo menos con fins de venda interplanetaria.

Pra ter todo baixo o seu poder entraron no goberno e comezaron a espallar ideas de Unión Universal (que si Mercosur, Unión Europea, ONU, etc) e crearon varios países ricos pra que o resto de mortais visen o ven que nos iría coa unión, creando así Musulmania, Estados Unidos de América e a Unión Soviética.

Tras isto só había que facer alianzas e algunha que outra batalla pra que houbese menos seres humáns, logo invadiron China e escravizaron a tódolos chineses e comezaron a facer que Occidente fabricase de todo en China porque era mais barato, grazas ó coñecemento da psicoloxía humana fixeron que creásemo a crise mundial de 2008 e así aos problemas ambientais e de liberdade sumouse o monetario; esta crecaión dun ambiente caótico era perfecto para os seus plans así a xente pediría a beroos un único goberno mundial pra rematar coas guerras e a competencia capitalista que só afecta pra mal á xente.

Reptiliáns famosos[editar]

Cadáver dun reptilián na catedral de Santiago de Compostela.