Residencia oficial de Monte Pío

De Desgalipedia
Así eran os túmulos do Monte Pío antes das obras, aquí gárdase a cabeza máxica do Rei Artur, Roldán e Don Sebastião.

Monte Pío ou residencia oficial de Monte Pío, é o lugar onde vive o presidente da Xunta de Galicia.

Historia[editar]

O lugar surxiu como un pregue da corteza terrestre cara arriba debido á presión de Forzas Poderosas que desde abaixo o empuxaron cara arriba para que fose falar con Deus (de ahí seu nome) pero o río sarela comezou a excavarlle os pés e foi mirrando de paso que se extinguían os dinosauros.

Foron os galegos paleolíticos os primeiros en pasar polo lugar para ver por onde cona fuxiran os mamuts, séculos mais tarde no Neolítico iniciouse aquí o culto a Niarlathotep, seguidos logo dos megaliteiros que a piques estiveron de colocar aquí un dos seus silos de misís intercontentais nas guerras contra a Atlántida, pero nin sequera os petroglifenses deixaron un penediño con algo.

Os galaicos castrexos pensaron tamén en establecerse alí pero foron a outros outeiros.

O edificio presidencial[editar]

Alá foi o clon de Manuel Fraga pro carallo!

Trátase dun complexo formado por dous edificos poligonais dunha soa planta volumétricos que semellan mais un niño de ametralladoras que unha casa, arrodeando un xardín zen; ademais ten unha muralla rodeada de arame de espiño con sensores de movemento para que Feijóo poda correr a gusto por alí sen ser molestado pola plebe.

O edificio principal é dunha soa planta sobre un garaxe, con varios planos que sobresaen na esquina dun xardín cadrado, este edificio contén un búnker así como laboratorios onde tentan clonar a Santiago Zebedo a partires dos ósos da catedral (de momento só puideron clonar a Diego Xelmírez a partires de pegadas súas no Códice Calixtino e Historia Compostelá.

Do outro lado do xardín atópase un pequeno edifico, o corpo de garda, onde un rexemento da Eurogendfor dá proteción das iras do pobo cara o sistema de goberno. En medio atópase un xardín zen que agocha baixo del a cripta de Paulo Coelho que resucitará o día 31 de febreiro para darlle a todo o mundo a posibilidade de realizar seu soño!!

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Residencia oficial de Monte Pío.

Outros artigos[editar]