Restauración borbónica en España

De Desgalipedia
Cabaleiros españóis.jpg Esta páxina contén referencias a importantes
eventos históricos sobre a Historia de España

da evolución da hispanidade desde a Cova de Altamira ata a tempos actuais

A Restauración Borbónica foi a época comprendida entre os sombreiros con chisteira e as boinas inglesas, polo medio perdeuse Cuba e Illas Felipinas. Comezou coa caída da Primeira República Española e a Segunda República Española.

Nesta época España modernizouse, apareceron os coches, os caciques, as ametralladoras, a campsa, os ocultistas, a evasión de capitais, o bombardeo de poboación civil con gases, o cine porno, etc. Os arquitectos da Restauración foron Cánovas del Castillo, o Demo bulreiro, a Internacional Clasista Burguesa e O Cid.

Historia[editar]

Inicio da restauración...[editar]

Tralas orxías dos republicáns federais e os piratas de Cádiz, Afonso XII de España conspirou xunto a un avogado para voltar a España e reinar, tras varias misas negras e sacrificios rituais de nenos e putas chegou a Andalucía e sen problema algún o militar que gobernaba como ditador cedeulle o paso a cambio dun marquesado e de varias condecoracións da Orde da Mosca.

Así fixeron a Constitución de 1876, fixeron un reino constitucionalista gobernado polas leis de Don PingPong (agora manda tu e mañá eu) e todos contentos. O malo foi que Afonso XII púxose triste ao ver que non lle facía ningún fillo demo na súa relación incestuosa coa súa muller( que era prima súa) e foise de putas colleu unha ETS e morreu só a súa muller, casou en segundas nupcias e por fin naceu un rapaz, nese intre morreu Afonso XII.

Os gobernos dende o inicio da restauración até o desastre de 1898[editar]

Como o seguinte rei era un neno reinou outra persoa, foi a rexencia de María Cristina. Esta raíña consorte apoiouse no luciferanismo deixando de lado ao satanismo simbólico, e traendo bruxos da Selva negra así fundouse o PSOE e os Partidos Carca e Semicarca seguiron gobernando. O prezo de toda a economía caeu ante a rivalidade do Terceiro Mundo en alza, por outra banda os empresarios aquí facían o que querían e mais, polo que se puxo de moda que os anarquistas lles tirasen bombas a ver si así descubrían o que era pasalo mal, pero nin con esas.

As cousas aínda por riba viñeron mal cando os centralistas de Madrid, gobernados por un españolista españolazo enviou a todo o mundo a Guerra de Cuba mentindo sobre a capacidade militar española contra do Imperio Gringo e perdeuse todas as colonias ultramarinas. Nembargantes o goberno seguiu, nada cambiou, para inicios do século XX todo o o mundo andaba de mala ostia e as cousas estouraron cara 1906.

Do 98 á ditadura de Primo de Rivera[editar]

O rapaz comezou a reinar sendo adolescente e claro, inundou o pazo real de mulleres e outras cousas placenteiras, inventou o cine porno español e a moda de queimar conventos e tirar curas. A principio de século quedouse sen o gran bruxo Cánovas de Castillo e os líderes políticos (debido á paranoia dos anteriores) eran mediocres e personalistas, polo que a política española foise ao carallo e só sabían usar as porras da garda civil ou o desterro a Estremadura.

Vendo que as xente se lles ía das mans, que incluso ía perder o Marrocos español na Guerra de África , o rei Afonso 13 acabou desfacéndose da democracia e usando o feixismo pra mantese no poder a través de Miguel Primo de Rivera. Os primeiros anos semellaron ir ben pero debido a unha conspiración xudeomasónicapetroleira os militares retiráronlle a súa confianza ao rei e ao ditador, e fixéronse republicáns, por fastidiar ao rei nada mais e acabouse Restauración.

Cultura[editar]

Nesta época estivo de moda o fusilar anarquistas e lanzar a garda civil a comer nenos obreiros. Salvámonos da Primeira Guerra Mundial pero non do haxix e opio de Marrocos, que produxo gran mortandade nun barranco cheo de lobos. No económico comezouse a abandoar o campo pola industria de porno caseiro para o rei Afonso XIII e debido a un mal momento do mercado a industria española quedou decaída, sobre todo por culpa dos empresarios que se quedaban con tódolos cartos para ir xogalos a Montecarlo ou facerse mansións modernistas e así que Carlos Ruiz Zafón escribira novelas decadentes.

Léxico da época[editar]

  • Pucheirazo: cando nas eleccións "democráticas" (as mulleres nunca votaron neste sistema e ata 1890 só podían votar os homes de certa bonanza económica) saía elexido unha persoa que non estaba prevista polo goberno ou cacique local, éste mandaba cambiar o resultado das urnas.
  • Cacique: persoa de prestixio que usaba a súa influencia para controlar o sistema, esta persoa podía ser desde un marqués, como o de Riestra en A Estrada, ata un médico e sobre todo avogados, que elexían desde alcaldes ata o reparto dos impostos locais (como o de consumos, onde reunidos co alcalde e unha lista do censo facían pagar mais ou menos segundo as persoas eran "dos seus" ou rivais). Actualmente este tipo de persoaxe soen ser os chamados baróns políticos, e criminais de cohecho e trato a favor.
  • Madrid e provincias: o sistema controlaba todo o Reino de España desde Madrid e ás provincias mediante as diputacións ou gobernos civís, elexidos a dedo polo goberno entre as familias do poder.
  • Gobernador civil: o presidente da diputación actual, este gobernador controlaba os istema mediante os caciques en tódalas aldeas e vilas de España mediante represalias (podía mandar prender por "desacato" ou "desorde público") e agasallos (cando se dicía que un cacique valía moito porque conseguía obras públicas para o seu concello, agora conseguen subvencións...).
  • Gobernador militar: oficial ao mando da guarnición nas cidades capitais de provincia, podía chegar a mandar sobre a Garda civil.
  • Turnismo: A pesares de que se permitía a existencia de varios partidos políticos o poder só o tocaban dous, o Liberal e o Conservador, turnándose no goberno.
  • Carallo 29: o artigo nº 29 da Lei electoral permitía nomear para un cargo (alcalde, deputado) a aquela persoa que se presentara sen eleccións de por medio. Así se nun concello se presentaban tres candidatos por cadanseu partido podían desfacerse dos candidatos rivais mediante presións (ameazas, enviándolle matóns, queimándolles o palleiro ou montes, suborno...) e debido a que só quedaba un só candidato éste saía elexido.
  • Encasillado: Os ministros de Gobernación e caciques escribían nun pale unha lista de lugares e postos e logo encasillaban neles os nomes dos seus caciques e enchufados.
  • Deputado cunero: Cando un candidato do partido X se presentaba na súa rexión pero o seu propio partido o apartaba poñendo na lista a outra persoa con mellores "padriños".
  • Delegado gobernativo: Persoa enviada desde o Madrid da recente Ditadura de Primo de Rivera a tódalas alcaldías e deputacións co fin de desartellar o caciquismo en toda España. Cando se viu que o ditador quedaba no poder (todos pensaban que expulsaría os caciques e regresaríase á política democrática) e que se facía un partido único, rexeitaron seguir apoiando á ditadura e o delegado do goberno expulsaou dos postos recén ocupados a socialistas e agrarios.
  • Matanzas de Oseira, Nebra e Sofán: Manifestacións que acabaron con participantes mortos a mansa da Garda civil a principios do século XX.

Persoeiros famosos[editar]

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Restauración borbónica en España.

Outras restauracións[editar]