Revolución Francesa

De Desgalipedia
NapoleonBike.jpg Esta páxina contén referencias a importantes eventos históricos
da evolución da humanidade desde a prehistoria ata os tempos actuais

A Revolución Francesa foi un partido de fútbol que gañaron os do FCB (Futbole Club Burgués) contra o MUP (Monárquicos Unidos Prevalecerán) trouxo consecuencias en todo o mundo que provocaron a chegada da Idade Contemporánea.

As causas da Revolución[editar]

En realidade os burgueses envexaban eran os pantalóns do rei!

Todo comezou por culpa da Filosofía (por iso os conservadores sempre a tentan quitar do plan de estudos) varios filósofos liderados por Rousseau xunto a seu amigo Tarzán da selva tentaron que o reino de Luís XVI fose tan esplendoroso como o do seu predecesor Luís XIV, nembargantes este novo rei Luís semellaba que era un valeroso e sabio monarca que tiña a todos contentos xa que manexaba media Europa occidental con man de ferro en luvas de veludo. Nembargantes estalou o "Caso Nécora" no que a fiscalía de menores descubriu que os fachas do reino secuestraban nenos de clase pobre para sacrificalos e convertirse en vampiros mentres bebían champán e nécoras de Bretaña... e todo iso só pros nobres!!! Inadmisible ese privilexio! Todo o mundo quería ser vampiro pero as leis non o permitían asi que o rei decidiu facer un partido do novo deporte astro, o fútbol, dun lado os que querían democratizar o dereito a ser vampiro e do outro os que querían manter o privilexio.

Historia[editar]

Antecedentes do que sucedeu[editar]

A imaxe denota a orxía social pola cal a Francia pasaba naquela época.

Os burgueses comezaron a forxar o seu partido, alistaron a centos de parisinos analfabetos e mulleres de mal vivir das brañas do marais, mentres os nobres inventaron a moda de maquillarse o rostro pra ser aínda mais brancos e así facer pasar aos vampiros por membros do seu equipo de fútbol, nembargantes cando houbo reconto no campo de marte todo o equipo de fútbol dos monárquicos desintegrouse... era de dia e os vampiros kaputt!!!

Os burgueses montaron en cólera ante aquela trampa burda e foron onda o rei esixirlle unha asemblea de todo o pobo de Francia pra iniciar reformas que permitisen modernizar o reino antes de que os Estados Unidos de América os sobrepasasen tecnolóxicamente ou que os lánder alemáns se unificasen pra fodelos, o rei aceptou. Nembargantes o partido aristocrático MUP tentou facer trampas pra manter o seu nivel de vida, encargaron ao neto de Guy Fawkes que destruira o parlamento inglés cos deputados burgueses dentro, debido ao ADN este novo Guy Fawkes fracasou e contouno todo na praza maior. Os burgueses puxéronse vermellos de rabia e comezaron e foron á Bastilla pra facer dela Eurodisney dunha puta vez, vendo que iso de meter librecambismo non chegaba pra facer de Francia o primeiro reino capitalista os burgueses puxéronse a deliberar, grazas a un axente do rei dividíronse entre stalinistas e trostkistas, estes eran os mais exaltados e iniciaron e era do Terror, un xogo de rol moi famoso da época na que si che tocaba ser nobre tiñas que correr moitas aventuras nembargantes o master odiaba aos pijos nobres asi que estes duraron pouco, así foi como a maioría de vampiros franceses desapareceron.

Primeira parte do partido: O Terror[editar]

Artigo principal: O Terror.

Xa que os nobres eran todos vampiros os burgueses trotskistas seguiron coa ximnasia revolucionaria do novo rol e foron onda o rei para que lles firmase o manual do xogo, pero o rei pensou que lle ían pedir responsabilidades e marchou cara Suíza, onde fugara os capitais de media Francia, no camiño foi descuberto pola Fiscalía de menores que o ver que o infante real non tiña pasaporte enriba era... un delfín! arrestaron á familia real, a xente do lugar ao ver que arrestaban a un nobre que non coñecían (daquela non había televisión e non recoñecían a seus mandatarios) xunto a un delfín pensou que se trataba doutro nobre decadente zoofílico e déronlle morte ao berro de "Morre herexe decadente, ateu librepensador! Que deus noso señor te envíe ao inferno!".

Segunda parte do partido: O Directorio[editar]

Artigo principal: Directorio (Francia).

Debido á morte do rei de Francia a mans duns cristiáns os servizos segredos dos reinos absolutistas enmascararon o feito e o presentaron a seus gobernos coma un atentado masónicomunista, polo que media Europa occidental enviou exércitos a Francia, que se debatía entre burgueses stalinistas e trotskistas, pero o equipo FCB pequenobugrués decidiu convertir a Francia nunha república, fundar a televisión pública e a través dela fixeron propaganda conseguindo que todos os franceses fosen combatir aos exércitos absolutistas, que debido a que eestaban formados por mercenarios e os nonexenarios Athos, Porthos e Aramis, foron derrotados e pasados polas armas.

Os reises de España, Inglaterra e Austria quedaron aterrorizados ante o seu fracaso polo que enviaron a Pimpinela Escarlata a desetabilizar o país e recuperar o máximo posible aos vampiros nobres franceses, Scarlett Pimpinel salvou aos mais ricos (cobrándolles por iso) e logo fundou un grupo de pop chamado Pimpinela xunto a tataravoa de Tsá-Tsá Gábor.

A era do terror pasou cando os políticos se fartaron do xogo de rol e do seu master, un tal Robespierre, asi que fundaron a República Francesa Imperialista, xa que mantiña as súas colonias, moita liberté e iso pero as colonias son deles! As trifulcas internas puxéronse de moda, xa que debido á ditadura dos borbóns non se podían facer intrigas cortesás asi que estalaron todas á vez, moita xente fartouse de esperar o resultado do partido, xa que moitos monárquicos se fixeran stalinistas facéndose pasar por superevolucionarios pra salvar o pelello e vendo que a cousa non voltaba ao rego cpmezaron a porfetiar a chegada dun mesías mentres buscaban un entrenador fetén, exindo finalmente a Napoleón Bonaparte, que anulou os últimos goles e deu paso á prórroga.

Prórroga ou O Consulado[editar]

Artigo principal: Consulado (Francia).


Dios1.png Importante! Nosa Señora de Desgalipedia quere a súa atención:
Deus quiere que este artigo sexa ampliado
Falta información sobre:
Rematar sección

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]