Revolución de 1846

De Desgalipedia
Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Mapa da revolución de 1846.

A Revolución de 1846 foi un intento armado de democratizar e federal o Estado Español no século XIX, foi derrotado asi que seguimos a padecer os mesmo erros que tentaron paliar os revolucionarios deste feito.

Orixe[editar]

os estudantes santiagueses sumáronse á luta!.

En 1846 gobernaba o ditador Narváez, que facéndose pasar por liberal demócrata obtivo o poder e como bó militar deixouse estar nel e sufocar calqueira intento democrático ata que pillou a sífile de tanto acostarse coa raíña Sabela II e morreu pola graza de deus, ramén!

Evolución bélica[editar]

En 1846 o un rexemento do cal se supuñan que os oficiais ían dar un golpe de estado en plan Revolución dos caraveis, foi movido de A Coruña coas ordes de trasladarse a Castela e así telos cerca pra podelos controlar, mais pasando o convoio por Lugo, seu comandante, Miguel Solís, proclamou a España democrática e federal contra Españistán sumándoselle a garnición da cidade e así voltaron todos revolucionados a Santiago de Compostela e facerse con Acruña (capital administrativa de Galicia daquela) pra obter o mando sobre mais rexementos e que os seguise o Capitán xeneral (o moi raposo deixouse estar na cidade e sen saír a combatir ata que estivo certo de que Madrid lle enviaba reforzos) enfrontaándose finalmente na Batalla de Ponte Sigüeiro, de onde saíu victorioso sobre as forzas leais.

O exército de Solís en Lugo.

Mentres na Galicia do Sur o exército en Galicia tamén se sublevaba e guiados por Rubín subiron cara Ourense pra controlar o paso de Castela a Galicia, pero cando Rubín soubo que o Capitán Xeneral se reviraba contra os revolucionarios foise por Ribadavia, A Cañiza, e acuartelouse en Ponteareas á espera de acontecentos mentres Solís enpensaba que viñan axudalo e así pillar nunha tenaza ao exército que chegara de Madrid ao mando de Concha Túa Nai.

Desenlace[editar]

Debido a tanta marcha e contramarcha e que Solís era un romántico inxenuo foron derrotados na Batalla de Cacheiras, presos uns foron fusilados en Carral e outros conseguiron exiliarse (Como Antolín Faraldo, Rubín, Francisco Añón, Antonio Romero Ortiz). Rubín fuxiu a Portugal por Vigo (en Lisboa foi retado a un dóo por Antolín Faraldo).

Os oficiais do exército de Solís foron fusilados en Paleo, Carral e a Fraga do rei. Os protagonistas que conseguiron sobrevivir non abandoaron o patriotismo e conseguiron que a seguinte xeración fixera o Rexurdimento, e a seguinte da seguinte o Autonomismo.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Revolución de 1846.

Outros artigos[editar]