Ribeira Sacra

De Desgalipedia
Mapa actual da Ribeira Sacra

A Ribeira Sacra é un territorio entre as provincias de Ourense e Lugo.

Historia[editar]

Mapa histórico da Ribeira Sacra.

Nesta zona abrollaba un axis mundi, un núcleo onde conflúen varias das correntes enerxétics do planeta Terra, razón pola cal xa no paleolítico a humanidade comezoua ver cousas extrañas por aquí e ergueron santuarios ás poderosoas forzas cósmicas, que remataron por atraer ó imperio megaliteiro, inzandoa zona cos seus reloxos atómicos pra ver de coller a tempo a chamada de Cthulhu. Mais quen chegaron foron os celtas e seus druidas que ergueron nesta zona un santuario panteísta naturalista, construíndo unh a carballeira sagrada (os castrexos eran mais de poñer como sagrado unha aciñeira...) pra recoller o sagro visgo.

A carbaleira estivo recibindo adoración ata a a Idade Media, e extendíase por Montederramo e nos lindes vivían os druidas que a coidaban e cando os romanos se fixeron cristiáns eles finxiron que tamén se convirtían e pra protexer ás árbores sagradas fixéronse pasar por anacoretas e eremitas vivindo na selva.

Nos séculos IV e V a mentalidade cristiá muda, xa que impuxo a súa relixión no Imperio Romano e non necesita o martirio, asi que en Europa o sustitúe polo ideal da ascese, expresadoa través doeremitismo e o monacato. Na Alta Idade Media a fe do pobo santifica personaxes e familias, nobres todos, convertidos en rectores de lugares relixiosos que teñen moito prestixio e fama de poderosos o que enxendra a súa santidade.

Algúns destes señores comezan a peregrinar na busca dunha vida solitaria e ascética, porén en vez de saír a navegar coma os santos de Irlanda viaxan a zonas de terreo duro e escabroso, apenas habitado, pra vivir sós e comunicarse co seu Deus, a fama desta rexión chamou a outros eremitas e ao final o bispo da capital tívos que meter en cintura pra controlalos e lles ordeou organizarse en mosteiros.

Contra o século XX a zona ficou chea de mosteiros baleiros e moitos outros esquecidos e arruinados na selva forestal, debido a que finalmene a Unión Europea condeou a Galicia a vivir do turismo a Xunta de Galicia, fixo reinventar o termo e aplicalo como algo propio de mosteiros cristiáns e expandíndo o topónimo de Montederramo polos concellos de Chantada, O Saviñao, Monforte de Lemos, Carballedo, A Peroxa, Pantón, A Proba de Brollón, Nogueira de Ramuín, Sober, Esgos, Xunqueira de Espadañedo, Parada de Sil, A Teixeira, Castro Caldelas, Ribas de Sil, Quiroga, Montederramo sen ter en conta que na Alta Idade Media a Ribeira Sacra abranguía tamén Ourense, Toén e Punxín.

Extensión xeográfica da Ribeira Sacra[editar]

Isto é o que facían no medio das carballeiras na Ribeira Sacra.

Concellos da Ribeira Sacra[editar]

V  C  E h
Galicia Concellos da Ribeira Sacra Lugo (provincia).svg.png
Inquisición tank.jpg
Baños de Molgas · Castro Caldelas · Chandrexa de Queixa · Chantada · Esgos · Maceda · Manzaneda · Monforte de Lemos · Montederramo · Nogueira de Ramuín · Pantón · Parada de Sil · Paradela · O Pereiro de Aguiar · A Peroxa · A Pobra do Brollón · Portomarín · Quiroga · O Saviñao · Sober · Taboada · A Teixeira

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Ribeira Sacra.

Outros artigos[editar]