Ridiculismo

De Desgalipedia
Ridiculismo en acción.

Cita1.pngQuizais quixo dicir: RadicalismoCita2.png
Google sobre Ridiculismo

Ridiculismo é recoñecidamente unha estratexia pacífica de rebeldía frente á clonación imposta polo do Estado Español (dito en castellano" España" ou "estado de Derecho").

Surxida a principios do século XXI pra facer ver á masa pasiva as tonterías, conceptos, trabucados, terxiversacións, manipulacións, etc, etc e etc dos medios de comunicación que tentan comerche a cabeza pra convertirte nun clon e que apoquines teus impostos e aplaudas coas orellas.

Orixe[editar]

O invento foi patentado por un pai ao ver a vergonza allea que lle facía pasar seu fillo e logo foi abandoalo á porta da sede dun partido, vendo isto creou a va-ca.org (aínda que medios espanholistas afírman que foi Ramón Piñeiro) pra que o Imperio Español deixe de colonizar terras alleas e se vai de Galicia pola vergonza allea que lle fan pasar na ONU.

Práctica[editar]

  • O material: bandeiras españolas, disfraces de bispos (non cregos), merinas, guardia civís, toureiros, pantojas, charanga tocando himnos ou pasodobles, tirantes cos colores rojo y guarra, bigotiños de Conde Drácula, etc.
  • As consignas: "Galego portugués la misma mierda es", "Fachas somos fachas seremos y de aquí no nos moveremos", "La policía es nuestra amiga", "En Galicia, en cristiano", "El dialecto que se lo metan por el recto", "Vamos a tomar un vino español".
  • A organización: todos xuntiños e sen provocar (e moito menos facer mal a ningunha cousa).

Conceptos Kantianos do ridiculismo[editar]

  • Spraatschulzefängehr: ou traballo en equipo, isto sempre aumenta a identidade colectiva e fai que unha minoría semella unha maioría polo concepto capitalista de Stock, catro cousas unhas enriba doutras semellan centos.
  • LebenWahgynáss: ou sexa a armonía musical; hay que tocar grandes cousas españolas pra sementar un ambiente españolizado, algo tipo: Pueblo español, o himno de Falange española, o himno da España de onte, algunha cantiga de Filipe II "Portugal español..."
  • Hüntesexenghürerbach:ou esaxeraciónd os slógans rivais pra dar a ver o que realmente son (Fachas), ségues e o anteriormente citado concepto capitalista do Stock. Recoméndase unha matización na praxe á hora de aclarar as ideias, así como de amosar un bo comportamento cidadá, por outra banda se depois aparecen nos medios de comunicación mezclados con outro s colectivos (con independentistas radicais, kale borrokillas, Adrián Brandán, violentos parvos...) o mellor é enviar centos de imails, tweets, facebokear, cartas e incluso algunha demanda xudicial á televisión de turno pra dar a entender en público que se manipulou a imaxe pública do movimento con fins políticos e iso é un ataque ao honor.