Riotorto

De Desgalipedia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Riotorto (homónimos).
Riotorto
Escudo de Riotorto
Riotortense.jpg
Aquí póñense ao frío pra conseguir a beleza inortal.
Situación
Situacion Riotorto.PNG
Xentilicio[1]
Xeografía
Provincia Provincia de Lugo
Comarca Comarca de Meira.
Poboación hab. (2018)
Área km²
Densidade hab./km²
Entidades de poboación
Capital do concello
Política ()
Alcalde ()
Concelleiros BNG:
PPdeG:
PSdeG-PSOE:
Outros:
Uso do galego[2] ()
Galegofalantes 100 %
Páxina web oficial
  1. Véxase no Desgalizionario.
  2. Datos dos tempos de Manuel Fraga publicados en 2018, ou non.

Riotorto é un concello da Galicia profunda, limita ao norte con Rusia e ao sur con Sudáfrica mentres que ao este con Musulmania e ao oeste coa Pastoriza.

Historia[editar]

O sacrificio humano da eucaristía...

Riotorto surxiu no xurásico, cando se partiu Panxea e foi emigrando cara a actual zona, grazas ó volcán de Ardufe fixo que se separasen Laurasia e Gondwana (pra onde tería que irse os de Meira). Os Albións ergueron aquí varias centrais nucleares que fixeron que Breogán invadise toda a fachada atlántica.

Así, Riotorto foi fundado por René Descartes cando fuxía dos curas gabachos ao ver que aquí a xemetría euclidiana íase polo clítoris abaixo, abriu varias minas e empresas de extracción así como muíños, pero debido a que tiña que pagar moitos impostos, comisións a terceiros, subornos a bispos e políticos e concelleiros, e conselleiros e alcaldes... decidiu marchar a Rusia a foder con Tsarina Catalina deixando isto medio morto.

Logo viñeron os homes do bispo de Mondoñedo e os monxes de Meira a darse de ostias neste bucólico lugar, provocando así a Primeira Guerra Mundial que encheu isto de piñeiros, logo coa Segunda Guerra Mundial encheuse isto de eucaliptos, sospéitase que na Terceira Guerra Mundial isto encherase de zumbis.

A mediados do século XXI despoboouse de todo. En 2150 comezou o proceso de repoboación desta zona grazas ao goberno do Califato de Bruxelas. Así trouxéronse colonos voluntarios, algúns paleogalegos da costa regresaron a esta terras debido a que o quentamento global fixera que o mar chegara a Mondoñedo. Entón voltouse a traballar as terras que grazas aos regadíos deron enormes hortas de productos caribeños facendo que o PIB se concentrara en mans dos primeiros colonos que se transformaron en terratenentes e logo realugaron as terras a traballadores mediante o foro e rehabilitando os pazos que ocupara a clase dirixente séculos atrás.

No ano 2469 comezou a operación de reatlantismo do sur de Galikilla mais o sector noroeste de Españistán mediante a concentración de colonos voluntarios e múltiples cabezas de gando que partiron no ano 2480 cara a meseta central repoboando o deserto leonés.

Xeografía[editar]

Clima[editar]

Riotorto ten clima montañés tinguido de aire mareante, menos mal que veu Foxi Di e quentou un pouco o ambiente.

Fauna e flora[editar]

Osos pardos e maruxiña, alguns afirman que hai volcáns subterráneos onde viven miles de macrobios capaces de soportar temperaturas superiores aos 666 graos aínda que haberá que agardar a que veña Xulio Verne a explore esas impías cavidades suterráneas primordiais onde os habitantes de Riotorto baixan a facer ofrendas blasfemas a Cthulhu.

Parroquias[editar]

V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Riotorto
Escudo de Riotorto.jpg
Aldurfe (San Pedro) | Espasande de Baixo (Santa María) | Ferreiravella (San Xillao) | Galegos (Santa María) | A Muxueira (San Lourenzo) | A Órrea (Santa Comba) | Riotorto (San Pedro) | Santa Marta de Meilán (Santa Marta)

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Riotorto.

Outros artigos[editar]


V  C  E h
Concellos da Comarca de Meira
Comarca de Meira
Meira
Meira
Pol
Pol
Ribeira de Piquín
Ribeira de Piquín
Riotorto
Riotorto
V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Lugo Lugo (provincia).svg.png
Provincia de Lugo en debuxo.jpg
Abadín - Alfoz - Antas de Ulla - Baleira - Baralla - Barreiros - Becerreá - Begonte - Bóveda - Burela - Carballedo - Castro de Rei - Castroverde - Cervantes - Cervo - Chantada - O Corgo - Cospeito - Folgoso do Courel - A Fonsagrada - Foz - Friol - Guitiriz - Guntín - O Incio - Láncara - Lourenzá - Lugo - Meira - Mondoñedo - Monforte de Lemos - Monterroso - Muras - Navia de Suarna - Negueira de Muñiz - As Nogais - Ourol - Outeiro de Rei - Palas de Rei - Pantón - Paradela - O Páramo - A Pastoriza - Pedrafita do Cebreiro - A Pobra do Brollón - Pol - A Pontenova - Portomarín - Quiroga - Rábade - Ribadeo - Ribas de Sil - Ribeira de Piquín - Riotorto - Samos - Sarria - O Saviñao - Sober - Taboada - Trabada - Triacastela - O Valadouro - O Vicedo - Vilalba - Viveiro - Xermade - Xove