Robin Hood

De Desgalipedia

Robin Hood foi un comunista inglés na Idade Media pero sen politburó.

Traxectoria[editar]

Robin era un nobre saxón entre a nobreza normanda da época, participaba nos abusos dos da súa clase ata que caeu ao mais baixo cando ao ir casar coa filla dun barón foi nomeado como "fóra da lei" debido a que este nobre non quería ir acostarse co rei Xoán sen Terra e vacilaba sempre ao shériff de Nottingham por crearse superior á lei asi que Robin bótase ao monte cos seus homes e comeza a facerse amigos entre os pobres para que lle traian comida e información e lle choven cando a policía local vai a por el.

Robin e seus camaradas andiveron pola selva de Sherwood cometendo crimes sobre a propiedade feudal e mofándose do goberno de Xoán sen Terra, ata que Robin tivo a enorme oportunidade de voltar estar na alta sociedade ao atopar ao ex rei Ricardo Corazón de León na selva de Sherwood e darlel apoio para recuperar o trono e así de paso saír da miseria e convertirse en Duque ou quen sabe, grande de Inglaterra.

Así remataron Robin Hood e Marian.

Tras provocar así a Guerra Civil inglesa Robin axudou a defenestrar a Xoán sen Terra e meter ao xenocida de Ricardo Corazón de león no trono outra vez, pero non puido entrar na alta nobreza debido a que quedou feito un anarka e ademais non era normando nin fora ás cruzadas asi que quedou na aldea outra vez e como superior do shériff de Nottingham, que farto de pasar de perseguir a Robin agora o tiña que suportar como xefe rematou por virarse contra del e empalalo mentres Robin fodía con Marian en plan "Badía de sangue" de Mario Bava.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Robin Hood.

Outros artigos[editar]