Rock

De Desgalipedia
Música rock
Orixes do estilo: rock and roll, blues eléctrico, jazz, folk, country, blues, rhythm and blues, soul
Orixes culturais: nos 50 e 60 no Reino Unido e os Estados Unidos
Instrumentos típicos: voces, guitarra eléctrica, baixo, guitarra acústica, batería, piano, sintetizador, teclados
Popularidade: alta dende a súa orixe

{{#if:New Age, synthpop|Derivados: New Age, synthpopbgcolor="crimson" colspan=2Subxéneroscolspan="2" valign="top">rock alternativo - art rock - baroque pop - música beat - Britpop - emo - rock experimental - garage rock - glam rock - rock gótico - grunge - hard rock - hardcore punk - heartland rock - heavy metal - rock instrumental - indie rock - rock industrial - jangle pop - Krautrock - Madchester - New Wave - noise rock - post-punk - post-rock - power pop - rock progresivo - protopunk - rock psicodélico - punk rock - soft rock - southern rock - música surf - rock sinfónico - stoner rock

O Rock é un estilo de música que só serve pra que se xunte a xente a bailar, e ademais xente de toda raza e cor, polo que é altamente contraproducente escoitalo.

O comezo[editar]

Típico grupo de rock.

O Rock naceu nos Estados Unidos de América en plena era keynesiana trala IIª Guerra Mundial e todo o mundo vivía feliz e contenta... ou iso parecia; un músico negro tivo a grande idea de mezclar algúns estilos de música pra ver se animaba unha festa de fin de curso nun instituto e vendo que un rapaz gordo non conseguia ligar lembrou a súa adolescencia e fíxolle unha canción "Fat man" e así o gordo ligou e o músico inventou o rock.

Mais este músico era negro, asi que ninguén lle fixo caso cando quixo expandir o estilo, excepto outros músicos negros e radios ilegais que transmitían música de negros, os blancos mentres seguían a tocar unha música country blandengue e noxenta, ata que uns empresarios brancos deron con Elvis Pelvis e lle mercaron pra el os dereitos de varias cancións de rock dos negros, pra así venderlle ós brancos un cantante branco que cantase rock e facer negocio. Esta táctica fixo que o rock aumentase a súa popularidade e saltase a Inglaterra, que o copiaron enseguida.

A evolución[editar]

O rock soe producir efectos colaterais.

O rock comezou a ser vendido en todo o mundo capitalista e radiado á zona comunista (Rusia, China) pra facerlle ver ós mozos que o futuro eran os USA e se renderan ós seus encantos, os ingleses non se renderon senón que fagocitaron o estilo e mesmo lle roubaron a fama. Debido ó idioma tardou un pouco mais en entrar en países non anglosaxóns, onde tivo que facerlle a competencia á música latina e retazos de outros estilos previos á guerra contra o nazi, mais como o rock lle gustaba polo seu ritmo á xente nova acabou impoñéndose nos 70 en España e as súas excolonias (Latinoamérica).

Mentres isto sucedía o rock xa mudara a base de mezclas e novos ritmos, xurdindo o rock psicodélico e o sinfónico, mutando cos tempos e seguindo modas como o punk, virando cara o heavy metal e o grunge, alimentándose do rap (nu metal) e evolucionando co metal industrial e caendo en modas formais como o gótico, alcanzando as simas do death metal e volvendo recar no surf instrumental e o pantano rock (ou gándara rock).

O rock en Galicia[editar]

Se ben a principios dos 60 surxen os primeiros grupos de rock, en Galicia houbo que agardar ata finais dos 70 principios dos 80 pra que xurdiran grupos como Los Suaves, nos 80 foi afincando grazas a músicos como Os Resentidos (que funden varios estilos e cantan rap en galego) o estilo e así a principios dos 90 comézase a facer rock en galego como Bravú, alcanzando fama por todo o país con bandas como Yellow Pixoliñas, Heredeiros da Crus, Os Rastreros, etc.

Subestilos do rock[editar]

Un batería de folk metal coas baquetas especiais!
  • Rockabilly, surf, psychorockabilly.
  • Hard rock.
  • Mod.
  • Rock psicodélico, rock progresivo e sinfónico.
  • Glam rock.
  • Heavy metal.
  • Punk rock.
  • Hard rock.
  • Kraut Rock.
  • New wawe.
  • Postpunk.
  • Gótico.
  • Rock Industrial.
  • Rock melódico.
  • Subxéneros do metal: trash metal, death metal, black metal, metal industrial, Nu metal
  • Rock Alternativo.