Romanticismo

De Desgalipedia

O Romanticismo foi unha forma de vida na que predomina o sentimento pola razón, xurdida a principios do século XIX pra deter a Napoleón na súa carreira maligna de conquistar o mundo.

Características[editar]

  • Exaltación do héroe: ponse de moda o individualismo mais feroz, xunto cun cristianismo de base tipo comunista.
  • Exatlación da colectividade: á que o heroe debe servir ou libertar do xugo imperalista, polo camiño do "populismo" chegaría o romántico ao nacionalismo.
  • Imprevisión: xa que se eres romántico non debes pensar! debes sentiiiiiiiiiiiiiiirr!! Así, por exemplo, moitos oficiais do exército levantase contra do goberno de turno, e si teñen éxito ao día seguinte non saben que facer con él, que medidas lexislativo-económicas tomar, a quen invitar a café, etc
  • Conspiración: do romántico adquire matices de sagrada liturxia, os compromisos formalízanse con ritos e pronúncianse verbas que selan pra sempre ás vontades.
  • Aporta unha estética da morte: na que o heroe debe morrer, incluso diante dun pelotón de fusilamento (de ser así deberá dar él mesmo a orde de fogo, como fixo Solís) e si chegou ater éxito debe coller unha enfermidade crónica que o xungue de por vida facéndolla onerosa.

Lugares de reunión[editar]

Ruinas, conventos, catedrais góticas (nunca románicas eh?) cemiterios, ruínas, mesquitas, ruínas, templos hindús, ruínas, altos de montaña con ruínas, ruínas, loxias católicas, bares que teñan LK.

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Romanticismo.

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]

Eugène Delacroix - La liberté guidant le peuple.jpg