Ronald McDonald
![]() |
Ronald McDonald é demandado pola CIA, KGB e por Jack Bauer por crimes contra a sociedade e é moi perigoso. Nosa Señora de Desgalipedia odia cousas como Ronald McDonald |
Ronald McDonald | |
---|---|
Ficheiro:Ronald McDonald perfil.jpg | |
Información | |
Nacemento | 10 de setembro de 1961 McDonaldlandia, ![]() |
Nacionalidade | escocesa |
Quizais quixo dicir: Bozo
— Google sobre Ronald McDonald




Ronald McDonald é un personaxe maligno disfrazado de pallaso usado como mascota principal do restaurante McDonald. En comerciais de televisión, o pallaso vive nun mundo de fantasía chamado McDonaldlandia, e aventurase con seus amigos alcalde McCheese, Hamburglar, Grimace, Birdie the Early Bird, and The Fry Kids.
Traxectoria[editar]
Ronald McDonald naceu nun cortizo neoiorquino en 1964. Fillo de pais escoceses adictos en cheirar droga que inmigraron clandestinamente da Unión Soviética fuxindo do comunismo e que o soño de enriquecer baixo o capitalismo, logo atoparonse cunha das realidades crueis do capitalismo, a desigualdade socio-económica.
Así como o seu pai, un ex-pallaso do circo que suicidouse inxerindo maionesa vencida cando o pequeno Ronald tiña 2 anos, a súa nai tivo que sostén-lo, converteuse atentende dunha lanchonete, e tras unha xornada de 16h de traballo ao día tendo só unha folga no mes e con quendas de traballo alternado gañando 0,85 euros por día sufriu unha sobredose de traballo e foi internada nun manicomio dicindo repetidamente a frase "Amo moi todo iso".
Ao tornarse adulto resolveu que vingaría o sufrimento e desgraza dos seus pais e que dominaría o sistema capitalista e o mundo. Nesta mesma época para non pasar fame comezou a capturar ratos nos sumidoiros de NY frita-las no aceite vello de motor poñer entre dous anacos de pan vello e alimentar-se. Coa superabundancia de ratos en Nova York, e sabendo que o pobo estadonidense inxere vorazmente calquera merda de alimento, idealizou un lucrativo proxecto.
Así, Ronald creou a cadea alimentaria McDonalds e pasou a vender bocadillos de ratos embalados en pan vellos obtendo éxito en todos os países do mundo. Outro dos seus plans malignos, Ronald pasou a estrelar comerciais de TV, participando da inauguración de restaurantes, concertos e axudando as vítimas de cancro de estómago en varios recunchos do planeta. Todo iso sen deixar de facer o que máis lle gusta: participar de xogos e aventuras mortíferas cos seus amigos.
A dominación do mundo[editar]
Vendo que o seu plan era perfecto, Ronald fixo un pacto coa Coca-Cola, a fin de xuntar as dúas maiores mentes capitalistas da época. A cambio duns vasos de Coca-Cola, Ronald tivo que dar a súa alma ao Diaño (co-fundador da Coca-Cola, e maior accionista da mesma), ademais tivo que doar toda a súa plantación de cocaína que tiña en Colombia, (que usaba como leituga nos seus hamburguesas) para a produción de Coca-Cola en América. Ese trato non durou moito tempo xa que pouco tempo máis tarde Ronald foi vítima dun atentado terrorista, deixando o imposibilitado de continuar as negociacións.