Rosalía de Castro

De Desgalipedia
Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Rosalía de Castro
Rosalia.jpg
Información
Nacemento 24 de febreiro de 1837
Santiago de Compostela, Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Falecemento 15 de xullo de 1885
Padrón, Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Nacionalidade galega
Ocupación Nai da Patria
Cónxuxe Manuel Murguía.

Cita1.pngQuizais quixo dicir: Sherrelin KenyonCita2.png
Google sobre Rosalía de Castro

Poeta, mai da patria, Rosalía de Castro de Murguía (de solteira), Rosalía de Castro, nada en Santiago de Compostela e finada en Padrón, é unha das meirandes escritoras en lingua galega así como tamén unha das principais responsábeis de que se abandoara o uso do idioma español en Portugalicia.

Biografía de vida e milagres[editar]

Nada en Padrón, filla dun crego, casou con Manuel Murguía, consegiu que a inquisición española non a queimara por escribir en galego e despois resucitou ao 666 día e cubriu coa súa negra sombra a toda Galiza pra que deixara de chamarse española, goberna dende a sombra sobre a Xunta de Galicia cómodamente tumbada en Bonaval xunto a Castelao e Gloria Lago.

Infancia[editar]

Bragas de moza.jpg

Como o seu pai non quería ficar en evidencia diante de todos os veciños (coño que é unha autoridá!) enviouna cunha tía súa a Padrón, alí tivo moitas amiguiñas, sobre todo labreguinhas que lle ensinaron a dozura do amor lésbico e como desfrutar dos mozos sen que che faqan un bombo. No colexio tívose que enfrontar cos camellos que había ás portas do cole, e coa mestra de relixión, que era membra de Galicia Bilingüe e do Opus Dei, a que lle adicou varias pintadas e selarlle a porta do despacho con cemento ultrarápido.

Con 15 anos detívoaa a garda civil facendo murais de Moncho Reboiras e enviárona a Madrid onde lle aplicaron a lei antiterrorista e a que tiveron sen auga e con galletas saladas illada nunha cela do Ministerio de Interior; sacaron o seu caso na prensa cos titulais de "La última detenida de Resistencia Galega estaba reorganizando la banda terrorista", "Detenida Rosalía de Castro, alias Rosetxa, miembro de Resistencia Galega", ao pouco deixárona saír (pero iso non saíu nos xornais...) e comezou a vagar por Madrid medio morta polas torturas, sendo recollida por uns Testemuñas de Xehová, que a levaron á súa beneficiencia onde lle deron caldo con psicotropicais e logo lle ensinaron como evanxelizar á xente da rúa.

Adolescencia[editar]

Énchete de galego Rosalía.jpg

Finalmente foi salvada in extremis pola banda situacionista de Brais Pinto e levada á embaixada de Galicia ou Centro Gallego de Madrid, alí puido refacer a súa carreira artística e coñeceu a Manuel Murguía, co cal casou en segredo nunha capela pintada por Pepiño Meixón.

Pra ir de lúa de mel foron onde a sibila de Boborás e cos seus coñecementos conseguiron unha praza de arquiveiro pro home, éste chegou a xefe de arquivo en varios lugares do Estado Español tras atopar o O Ciprianillo (que os Reis católicos roubaran en Soutomaior e levaran ao arquivo de Simancas). Ao longo da súa vida rosalía foi aló onde seu home traballaba cos nenos e a literatura a costas.

Madurez[editar]

Debido ó seu abuso do láudano pra calmar a súa neurose, fíxose activista política para relaxarse e comezou a ler a escribir artigos pra La Coz de Galicia, Galicia Confidencial, Diagonal, etc onde trabou contacto con varios moinantes ácratas que lle meteron a idea da poesía na cabeza, e como ela non sabía nad de métrica comezou a copiar as cantigas dos aldeáns e paletos e así fíxose membra do Rexurdimento galego.

Obras[editar]

Artigos principais: Cantares gallegos e Follas novas.

Desgalería de imaxes[editar]

O artigo principal desta categoría é: Galería de imaxes de Rosalía de Castro

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Rosalía de Castro.

Outros artigos[editar]

V  C  E h
Día das letras galegas
Escritores galegos.jpg
Rosalía de Castro (1963) - Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (1964) - Eduardo Pondal (1965) - Francisco Añón Paz (1966) - Manuel Curros Enríquez (1967) - Florentino López Cuevillas (1968) - Antonio Noriega Varela (1969) - Marcial Valladares Núñez (1970) - Gonzalo López Abente (1971) - Valentín Lamas Carvajal (1972) - Manuel Lago González (1973) - Xoán V. Viqueira Cortón (1974) - Xoán Manuel Pintos Villar (1975) - Ramón Cabanillas (1976) - Antón Vilar Ponte (1977) - Antonio López Ferreiro (1978) - Manuel Antonio (1979) - Afonso X o Sabio (1980) - Vicente Risco (1981) - Luis Amado Carballo (1982) - Manuel Leiras Pulpeiro (1983) - Armando Cotarelo Valledor (1984) - Antón Lousada Diéguez (1985) - Aquilino Iglesia Alvariño (1986) - Francisca Herrera Garrido (1987) - Ramón Otero Pedrayo (1988) - Celso Emilio Ferreiro (1989) - Luis Pimentel (1990) - Álvaro Cunqueiro (1991) - Fermín Bouza-Brey (1992) - Eduardo Blanco Amor (1993) - Luis Seoane (1994) - Rafael Dieste (1995) - Xesús Ferro Couselo (1996) - Ánxel Fole (1997) - Martín Codax / Xohán de Cangas / Mendinho (1998) - Roberto Blanco Torres (1999) - Manuel Murguía (2000) - Eladio Rodríguez (2001) - Frei Martín Sarmiento (2002) - Antón Avilés de Taramancos (2003) - Xaquín Lorenzo (2004) - Lorenzo Varela (2005) - Manuel Lugrís Freire (2006) - María Mariño Carou (2007) - Xosé María Álvarez Blázquez (2008) - Ramón Piñeiro (2009) - Uxío Novoneyra (2010) - Lois Pereiro (2011) - Valentín Paz-Andrade (2012) - Roberto Vidal Bolaño (2013)