Antonio María Rouco Varela

De Desgalipedia
(Redirixido desde "Rouco Varela")


Antonio María Rouco Varela
Rouco Varela perfil.jpg
Cardeal da Igrexa Católica
Biografía
Nacemento 24 de agosto de 1936 en Vilalba
Alma mater Universidade Pontifica de Salamanca
Universidade de Múnic
Ordes
Ordenación sacerdotal 28 de marzo de 1959, por Francisco Barbado
Consagración episcopal 31 de outubro de 1976, por Ángel Suquía
Creado cardeal 21 de febreiro de 1998
Arcebispo de Madrid
Cardeal-Presbítero de S. Lorenzo in Damaso
1994 - actualidade
Predecesor Ángel Suquía
Cargos anteriores Arcebispo de Santiago de Compostela
Outros
100px
Escudo de Antonio María Rouco Varela
Ficha en catholic-hierarchy.org
Rouco Varela en plan íntimo, sempre que o ven así pensan que é a irmá musulmana del.

Rouco Varela foi un crego, santo varón, cardeal e personaxillo de Gitaña.

Biografía e miragres[editar]

Bispo[editar]

A familia de Rouco Varela.

Naceu en Vilalba (Lugo) durante o reinado de Franco, debido ás lecturas diarias das novelas de Sherrylin Kenyon comezou a xogar coa ouija, ata que o pillou o párroco local e o enviou ao seminario de Mondoñedo, onde José Gea Escolano o entrenou nas artes do Bushidoku transfiormando ao coitado rapaz de aldea (el diría que era dunha vila) nunha máquina de matar rojos, separatistas, maricóns, xitanos e kinkis por amor a unha España unha e trina.

Logo marchou a Salamanca, onde estudou as artes místicas, sobre todo en literatura fantástica (o que eles chaman Teoloxía), conseguindo as artes maiores tras pasar por varias iniciacións salvaxes coa inxesta de peiote e a lectura alucinante do Apocalipsis que lle fixo entrar nun bucle do cal tivo que saír ao ter que dar a misa todos os días na Galicia profunda, de onde tivo que fuxir ao ver que os fregueses seguían a ter costumes pagás coas imaxes da igrexa.

Marchou a Alemaña perseguindo ao amor da súa vida, Pepe Alfredo Landa, que marchara a Múnich como gastarbeiter, alí fíxose Illuminati ao pasar mais de dous segundos dentro dun club gay, doutorouse tras entrar na loxia Opus Gei sendo enviado de volta a Mondoñedo, onde fixo como sensei durante varios anos, adestrando a Son Goku e Alfredo Sánchez Chacón, debido ás aventuras destes dous luminarias foi enviado a facer de bispo a Santiago de Compostela, co cal comezou a organizar visitas de papas, negocio do cal nunca se apeou, conseguindo así chegar a ser Gran Maestre grado 33 Católico de Madrid durante o Fraguismo e o Aznarismo, épocas douradas nas cales mandou sobre a Igrexa católica española e case consigue abrir o portal interdimensional e traer a este mundo a Niarlathotep e Ogdru jahad para así destruiren este mundo a subir ao ceo sen suicidarse.

Cardeal[editar]

Rouco Varela e Satán.jpeg

Durante o goberno de José Luís Rodríguez Zapatero os Illuminati déronlle a consigna de que tiña que seguir mantendo a España unha e católica, polo que lle enviaron ao profeta Losantoss co cal golpear ao verme infiel e laicista, grazas a esta unión homosexual sagrada conseguiron salvagardar a orde e así voltou gobernar o PP, creando a República Monárquica Católica Imperialista Ibérica (mais coñecida como Españistán), tentando invadir Portugal a base de asustar ao patriarca josé da Cruz Policarpo coa ameaza ficticia de Al Quaeda.

Durante a IIª Guerra Civil española Rouco Varela refuxiouse no planeta Korriban onde resucitou a Darth Franco e Darth Blaspiñar cos cales regresou a España e consegiu impoñer o seu liderazgo na facción empresarialconservadora e logo vencer na guerra grazas ao apoio de Afganistán e Chile, reinando como emperador sith durante 400 anos, ata que os rebeldes apoiados por Inglaterra e a URSS 2 o venceron na batalla de Endor, onde morreu encuado por unha tropa de 666 gays negros soviéticos e ateos.

Desgalería[editar]

[editar]

Rouco Varela e Carlos Osoro.jpg
Predecesor:
Ángel Suquía
Arcebispo de Santiago de Compostela
1983 - 1994
Sucesor:
Julián Barrio
Predecesor:
Ángel Suquía
Arcebispo de Madrid
1994 - 28 de agosto de 2014
Sucesor:
Carlos Osoro
Predecesor:
Elías Yanes
Ricardo Blázquez
Presidente da Conferencia Episcopal Española
1999 - 2005
2008 - 2014
Sucesor:
Ricardo Blázquez