Século XII

De Desgalipedia

século XI < século XII > século XIII

Cita1.pngDubido que cheguen a algo esta vez.Cita2.png
Cita1.pngO século XII, foi un século de 100 anos.Cita2.png
Alumno sobre o século XII
Cita1.pngO século XII en Galicia foi extremadamente un século de conquistas, mortes, nacementos, comandos da igrexa católica e similares.Cita2.png
Alumno sobre facendo un resumo histórico.

Tempo que transcorre entre o 1 de xaneiro de 1101 e o 31 de decembro de 1200. Marca o inicio da Baixa Idade Media. Durante este século en toda a Europa occidental tivo lugar un ciclo demográfico expansivo sostido, que se mantivo no século seguinte.

Galicia[editar]

Mapa de Galicia reino.png

Nos principios deste século configurouse a definición actual de Galicia, en contraposición á Gallaecia da Idade Antiga. Coa separación definitiva de Portugal nun reino propio, Galicia establécese coas fronteiras que permaneceron ata os nosos días. O último en gobernar o antigo territorio da Gallaecia foi o conde Raimundo de Borgoña.

Durante este século tanto nas terras galegas como nas dos reinos da Europa occidental o desenvolvemento dos dominios monásticos chega ao seu punto máis álxido. Os mosteiros convertéronse en verdadeiros eixos vertebradores, sociais e económicos.

Este século xunto co seguinte foron os séculos de ouro da peregrinación a Compostela.