Sófocles

De Desgalipedia


Sófocles
Sófocles.jpg
Sófocles colleu unha sorpresa mentres saía do baño.
Información
Nacemento 497 a. C. e c. 496 a. C.
Colonus, Grecia Grecia
Falecemento 406 a. C. e 405 a. C.
Atenas, Grecia Grecia
Nacionalidade ateniense
Etnia grego
Ocupación escritor de traxedia
Fillos Iophon e Ariston
Período Antiga Grecia
Movemento traxedia grega
Xéneros poesía

Sófocles foi un pintamonas e famoso de La Sexta por ver conspiracións en todas partes e ser o único amigo de Alejandro Cao de Benós.

Traxectoria[editar]

A muller pola que Sófocles abandonou o asilo de anciáns.

Sófocles naceu no seo dunha familia moi humilde e pobre, seu pai só tiña 300 escravos e súa nai viña dunha familia de arrieiros manchegos enriquecidos en Ourense (a Atenas de Galicia naquela época) pero marchou á capital estudar o bacharelato, onde coincidiu con Esquilo e fundaron un grupo de teatro chamado The Beatles. Un día Sófocles descubriu a súa moza acostándose, fodendo e lambéndolle a pixa a Esquilo polo que escribiu o modo en que os mataría a todos mais a súa avoa descubriuno e cando o ía denunciar, Sófocles xuroulle que era unha obra de teatro tráxica e cambioulle os nomes e así obtivo Edipo Gay para que a matrona vise que era certo foi onda Esquilo e John e participou na orxía pero alí pillou ladillas e a peste bubónica polo que estivo ás portas da morte durante moitos anos. Ese facto deulle caracter que logo plasmou nas súas obras mentres se rascaba todo o corpo e lle esplotaban as verrugas polo que quedou mas feo que Charles Bukowski.

Tras pasar por Gran Hermano e abrirse un fotolog Sófocles conseguiu casarse con Nicóstrata, unha viúva casqueivana da súa aldea natal coa que tivo algún que outro fillo e moitas enfermidades sexuais. Entón, para pagarse o tratamento escribiu a segunda parte de Edipo (Edipo en Coloma) e así, durante milenios fixeron esa obra durante as festas patronais e conseguiu que nunca se esquecesen del, algo así como o Tenorio no Día de Defuntos...

Pero sófocles sabía que valía moito e fugouse con cincuenta anos cunha puta antes de que o internasen nunha residencia de anciáns e tivo mais fillos que lle fixeron a competencia aos fillos que tivera de antes. Estes conflitos déronlle material para mais traxedias e así convertiuse no mais molón do mundo antigón.

Obras[editar]

Serie de Edipo[editar]

  • Edipo Rei: un home amta a súa nai acóstase co seu pai e mata animais mitolóxicos, todo moi zen.
  • Edipo en Colono: o home da primeira obra viaxa polo Colon adiante e acaba na merda, claro está.
  • Antígona: un home mata a seu sobriño e despois non deixa que o entrren e mata a súa sobriña.

Outras obras[editar]

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Sófocles.

Outros artigos[editar]