Salvador Dalí

De Desgalipedia
Artigo sobre surrealismo
Escrito nunha meditación sobre un curso claro para unha vaca transparente rumo a conseguir máis planta feliz.


Salvador Hermenegildo de tots les santes feixistes de Ali
Modelo:Px
Salvador Dalí
Nacemento Algún día de 1904
Lugar de nacemento Figueres, Xirona Cataluña Cataluña
Morte 23 de xaneiro de 1989
Lugar de morte No mundo dos soños irracionais en Figueres, Xirona Cataluña Cataluña
Nacionalidade española
Eido Pintura, Debuxo, Escultura, Fotografía, Escritura
Movemento Cubismo, Dadaísmo, Surrealista.
Traballos A persistencia da memoria (1931
Construción branda con feixóns fervidos (Premonición da Guerra Civil) (1936), Les collons de Franque, Mon Bigott, Els reloxes judeus, Un día despois da sesta.

Salvador Hermenegildo de tots les santes feixistes de Ali mais coñecido como Salvador Dalí (porque era de alí) foi un famoso pintor español, amigo de Franco que trouxo a liberación sexual a Españistán.

Traxectoria[editar]

Infancia[editar]

Salvador Dali bigotes vivos.gif

Dalí naceu en Alí, de aí sue nome provinte da contracción de "de" + alí=Dalí, obviamente nalgún lugar de Cataluña, un país independente da Península Ibérica, ata que seu pai a vendeu a España por unhas cantas fabadas litoral. A cambio conseguiu unha notaría e puxo ao fillo a estudar en Barcelona para contentar aos burgueses carlistas federais prenacionalistas. Nembargantes el deixounos de lado e foise cos bohemios, que eran os perroflautas de hoxe (Que guai! Dentro de cen anos ahbéra bares e tendas co nome de "Perroflauta" igual que hoxe os hai co adxetivo de bohemio, a´si de forma tan gratuita).

Xuventude en Madrid e París[editar]

Unha dos primeiros debuxos de Dalí no colexio.

Nese cole Salvador aprendeu a debuxar tetas e cus e logo conseguiu que seu pai o enviase a Madrid á escola de culturetas indies e así Dalí fíxose mozo de Federico García Lorca, o cal lle enseñou o arte de engalanar cantigas pictóricas. Tras probar o fechazo no cú Salvador distanciouse de García Lorca e foise con Buñuel, que era mais viril pero a tiña mais pequena e que o levou a porbar sorte en París, onde coñeceron aos surrealistas e vendo as moitas groupies que tiñan Dalí sumouse a eles.

Estancia en Nova York[editar]

Mario-Dalí.jpg

Regresou a Cadaquienes cos seus amigos surrealistas aos cales convenceu de que el estaba tan tolo coma eles e ligou coa muller dun deles, Gala, a cal conseguiu escravizar a Dalí mediante técnicas sexuais aprendidas no KGB e marchou coa súa máquina de dólares a París, ata que Hitler os botou fóra e el foise aos Estados Unidos de América onde conseguiu un posto grazas a Buñuel e logo denunciouno pra quedarse co seu posto. Trala guerra voltou a Francia onde seguiu coa súa tradición de bigotearse, en canto viu que España abandoaba o feixismo polo neoliberalismo veuse a vivir a Cataluña e amigar cos burgueses supervivintes ao terror rojo e convertiuse na primeira rock star española sen cantar nada.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Salvador Dalí.

Outros artigos[editar]