Salvaterra de Miño

De Desgalipedia
Salvaterra de Miño
Bandeira de Salvaterra de Miño Escudo de Salvaterra de Miño
Asedioasalvaterra.jpg
Asedio a Salvaterra durante a Guerra de Restauración Portuguesa
Situación
Situacion Salvaterra de Miño.PNG
Xentilicio[1] salvaterrense
Xeografía
Provincia Pontevedra
Comarca Condado
Poboación Unha banda de matutos hab. (2019)
Área 62,5 km²
Densidade {{{densidade}}} hab./km²
Entidades de poboación 17 parroquias
Capital do concello
Política (2011)
Alcalde Arturo Grandal Vaqueiro (PPdeG)
Concelleiros BNG: 3
PPdeG: 8
PSdeG-PSOE: 2
Outros: -
Eleccións municipais en Salvaterra de Miño
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes 97,98 %
Páxina web oficial
http://www.concellodesalvaterra.org
  1. Véxase no Desgalizionario.
  2. Datos dos tempos de Manuel Fraga publicados en 2019, ou non.

Salvaterra de Miño é unha superfortaleza infernal construida por Pedro Madruga da provincia de Pontevedra, pertence á Inquisición española.

Historia[editar]

Durante a Idade Media a igualdade de forzas de combate entre os señores feudais fixo que estes construísen fortalezas a esgalla, o señor feudal Pedro Madruga tiña o dominio de case toda a provincia de Tui (Desde A Guarda ata Ribadavia pasando por Redondela) mais outras familias nobres tamén querían esas terras, sobre todo os Sarmiento, señores de Ribadavia. Pra ter unha casa forte no camiño cara os seus dominios orientais do Condado e Paradanta construiu unha superfortaleza onde hoxe está Salvaterra de Miño, aproveitando unha vella torre romana utilizada xa pola Raíña Urraca.

Construiu foxos, pontes levadizas, alzou muros entre as torres, levantou torreóns cada tres pasos e logo encheuno co último berro en tecnoloxía: ballestas fortes, canóns, raios láser, espingardas, misís intercontinentais, etc. Mais unha vez morto Pedro Madruga o patrimonio pasou a un neto seu que en vez de ir coa familia do pai levábase mal coa súa nai e rematou por irse ao lado dos Sarmiento, que lle meteron ideas raras na cabeza ó rapaz e manipularon a éste pra que matara a súa nai e como despois tivo que fuxir pra Galicia do Sur o dominio pasou á súa familia, anos depois sacáronlle de todo os dereitos á anteror familia nobre e ficaron con Salvaterra.

O motín dos Matutos[editar]

O señor da Casa de Lira arengando aos matutos pra tomaren o poder en Salvaterra de Miño.

Durante a Guerra de Restauración da independencia Portuguesa do dominio castelán, Salvaettra foi entregada a traizón aos portugueses, que a retiveron dez anos ata que non puideron aguantar mais o ridiculismo dos seus novos vasalos e fuxiron pra Monção; anos mais tarde voltaron os fidalgos, que aumentaron os impostos pra poder facerse un pazo ahí en condicións, debido ó descontento causado entre os labregos estes erguéronse en armas contra deles no chamado Motín dos Matutos.

En 1687 os labregos collen as súas ferramentas, xúntanse en irmandade e en número de mil e á cabeza dunha charanga diríxense ó pazo de inverno do Conde Sarmiento de Salvaterra, alí forzan as portas (tal como o fixeran os seus policías entrando na casa dos labregos pra amezalos e extorsionalos) e róubanlle todo o que hai de valor e aos que antes lles torturaban expúlsanos da aldea. En canto o sarmiento soubo o que fixeran captou varias testemuñas falsas e enviou a varios criados seus pra que fixeran destrozos dentro das súas casas (pra logo cobrarlle ao seguro enténdase e poller aos xuíces a mal contra os labregos), despois enviou denuncia formal ós xustizas provinciais, consegiu gañaro xuízo mais non recuperou endexamais as cuecas de fío dental que lle trouxeran do Brasil.

Idade Contemporánea[editar]

Durante a Guerra contra o francés Salvaterra é invadida polo exército de Napoleón Bonaparte durante uns días co finde tentar entrar desde ahí a Portugal, mais non consegue atravesar o río debido ás crecentes do río Miño, que cambiaron as barcas de pasaxe pro outro lado, que os tramontinos se trouxeron con eles varias pirañas, que os galegos e portugueses lles disparan dende ambas beiras e que varios reintegratas se meten nas súas filas con chaleques bomba; así que seguen camiño arriba ata Ourense (pra desde alí baixar por Verín ata Portugal e de paso darlle polo cú ao exército do marqués da Romana, ou marqués da romería).

Xa coa independencia nacional restaurada e tralos saltos de poder entre diversos gobernos durante os reinados dos reis, os carlistas a lian parda e Mateo Guillade e outro guillados da cabeza andan a pegar tiros por Salvaterra pra que a Igrexa católica siga reinando até que finalmente son vencidos polos labregos e algún soldado xubilado. Durante a dictadura de Francisco Franco converteuse en porto do tráfico de droja, colacao, café, azucre tramontino, armas atómicas, trata de blancas, etc sendo colonizada e levantada unha casa de campo estilo Louisiana dos Estados Unidos profundos dos novos señores feudais (actual casa do concello) coa chegada da Restauración borbónica Salvaterra foi perdendo habitantes que preferían vivir sen humidade.

Xeografía[editar]

Clima[editar]

O clima é boreal con precipitacións todo o ano, só ten 3 días de sol ao ano, e ese días chove e fai moita calor, formándose furacáns no Miño.

Flora e fauna[editar]

Destacan os cocodrilos do Miño, así como as ciades segredas dos xacios (que algúns frikis trabucan coas algas cianofídeas do río por abusaren do fluggegecheimen), dentro de flora é de destacar as grandes plantacións de papoula e marihuana, que son atacadas sistemáticamente polos madereiros pra aumentar seus beneficio facendo papel dos eucaliptos que plantan por todas partes.

Cultura[editar]

Patrimonio[editar]

Fortaleza de Salvaterra de Miño.
Castelos de Salvaterra de Miño

Debido á súa situación fronteiriza e á Guerra de Restauración portuguesa erguéronse varios castelos:

  • Castelo de Salvaterra: en 1643 Portugal invade Galicia e fortifica de forma moderna esta vila, resistindo nela durante 17 anos e facendo unha ponte de barcas que unida a Monzón servía de caebza de ponte para pasar o exército lusista.
  • Castelo de Santiago de Aitona: erguida para reconquistar Salvaterra previa conquista de Monçao e así entre estas dúas posicións facer fogo cruzado de artillería.
  • Forte da estrela (Freixendo):
  • Fortificacións de Fillaboa: construido para controlar o paso do río Tea, foi desmontado trala guerra e só quedan del murallas terreiras e fosos.
  • Atalaia de San Pablo do Porto: construida en oposición á torre de Lapela.

Símbolos institucionais do concello de salvaterra de Miño[editar]

  • Bandeira: unha cruz vermella polos bravos abertzales que defenderon estas terras contra os invasores portugueses, nos catro espacios sobre fondo branco aparecen catro cabezas de portuguesas con bigote, son as viúvas dos invasores lusos que estiveron que deixar bigote pra que Lisboa puidera aparentar ante os medios de comunicación que ningún portugués morrera na invasión de Salvaterra facéndo pasar ás mulleres por homes.
  • Escudo: escudo militar con fondo azul (a sangue nobre e fría dos defensores de Salvaterra) cunha raia branca sobreposta (o Miño) e unha folla de Cannabis sativa enriba (polas grandes riquezas que agocha esta terra) cun kalashnikov (símbolo da defensa a morte dos habitantes deste concello fan da súa terra) e un monstro (símbolo dos lusos imperialistas que queren invadir Galiza) enfrontados.

Parroquias[editar]

V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Salvaterra de Miño
Escudo Salvaterra de Miño.jpg
Alxén (San Paio) | Arantei (San Pedro) | Cabreira (San Miguel) | Corzáns (San Miguel) | Fiolledo (San Paio) | Fornelos (San Xoán) | Leirado (San Salvador) | Lira (San Simón) | Lourido (Santo André) | Meder (Santo Adrián) | Oleiros (Santa María) | Pesqueiras (Santa Mariña) | Porto (San Paulo) | Salvaterra (San Lourenzo) | Soutolobre (Santa Comba) | Uma (Santo André) | Vilacova (San Xoán)

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Salvaterra de Miño.

Outros artigos[editar]

V  C  E h
Concellos da Comarca do Condado
Comarca do Condado
Mondariz
Mondariz
Mondariz-Balneario
Mondariz-Balneario
As Neves
As Neves
Ponteareas
Ponteareas
Salvaterra de Miño
Salvaterra de Miño
V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Pontevedra
Situacion Provincia de Pontevedra.PNG
Agolada - Arbo - Baiona - Barro - Bueu - Caldas de Reis - Cambados - Campo Lameiro - Cangas - A Cañiza - Catoira - Cerdedo-Cotobade - Covelo - Crecente - Cuntis - Dozón - A Estrada - Forcarei - Fornelos de Montes - Gondomar - O Grove - A Guarda - A Illa de Arousa - Lalín - A Lama - Marín - Meaño - Meis - Moaña - Mondariz - Mondariz-Balneario - Moraña - Mos - As Neves - Nigrán - Oia - Pazos de Borbén - Poio - Ponte Caldelas - Ponteareas - Pontecesures - Pontevedra - O Porriño - Portas - Redondela - Ribadumia - Rodeiro - O Rosal - Salceda de Caselas - Salvaterra de Miño - Sanxenxo - Silleda - Soutomaior - Tomiño - Tui - Valga - Vigo - Vila de Cruces - Vilaboa - Vilagarcía de Arousa - Vilanova de Arousa