San Rosendo

De Desgalipedia
San Rosendo
Rosendo.jpg
{{{descrición da imaxe}}}
Título: {{{título}}}
Nado: Probablemente no séc. X D. de C. en Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Finado: Probablemente no séc. X D. de C. en Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Festividade: 17 de xaneiro
Venerado en: Tódalas confesións cristiás galegas
Atributos:
Patrón de:


Rosendo de Celanova, Rudesindus Guterri ou Rosendo Gutérrez, ou simplemente Rosendo o Santo foi virrei de Galicia na Idade Media, arzobispo de Santiago de Compostela, xeneral e dono de moitos escravos.

Vida e milagres[editar]

Unha figura relixiosa[editar]

San Rosendo facendo que seu irmán lle regale un templo mozárabe en Celanova.

Naceu en Villar (actual Celanova) antes de entrar o milenio I, no seo dunha familia de ricos (os Méndez) nobres que se aproveitaban de que o rei de Galicia-León necesitaba de moitos magnates e nobres pra defender os seus intereses.

Foi educado pola familia rival dos Traba, por iso de unir pontes entre os grandes, e estando ata os collóns de leer latinaxos aparecéuselle a virxe María apretándolle seus doces peitos contra a caluga ós 12 anos e decíndolle que o seu destino era ser señor terreal e temporal da Galiza. Mais a súa nai non lle creu e o deixou a estudar o trivium e o quadrivium uns anos mais antes de porse a facer prácticas con armas brancas (que xa se sabe que algúns comezaban moi cedo e despois se presentaban na escola matando a todos os compañeiros), na súas primeiras lides o formou Oveco Mírez (fillo de Miro Pérez que á súa vez era fillo de Pero Guimíriz, e éste á súa vez de Guimar Roderiguez, e éste á súa vez...)

Con 20 anos o puxeron de tenente de castelo na fronteira da provincia de Tui, pero como era un pouco inxenuo e sempre o remataban por tomarlle o castelo, seus pais metérono a crego, estando de monago en Lugo das brancas murallas dixo que se lle aparecera San Martiño Dumiense pra que reconquistase o reino dos Suevos, iso ao bispo pareceulle moi boa idea e o ordeou prebístero e cedo bispo de Mondoñedo (antes ocupada polo seu tío que lle quería dar en herdade a seu fillo ilexítimo, San Rosendo, a mitra). Alí tivo un grande aconsellador, Vitimero Vérnula, que lle deu as instruccións precisas pra que os mosteiros chamados familiares pasasen a seu control e como obter mais terras gardando millo nas tullas e no inverno ofrecerllo ós labregos que estiveran a morrer de fame polas súas terras, isto fixo aumentar as riquezas do mosteiro (xa se sabe que un frade é pobre pero o mosteiro non!)

Grazas a este bispado comezou a pelexar con outras familias nobres rivais polo control dos mosteiros familiares (mosteiros fundados por familias nobres pra que o capital das terras non se dividise e permanecese baixo administración do mosteiro nada santo, que fora fundado por esa mesma familia nobre), grazas ás reformas de San Benito de Nursia e ser parente próximo do rei reinante fíxose co tódolos mosteiros que non lle pertencían grazas a triquiñolas legais. Nunha delas levouse por diante algunhas terras pertencentes á familia do bispo Sesnando, bispo de Santiago de Compostela co cal se levou mal o resto da súa vida tal e como mandan as ensinanzas cristiás.

Líder político[editar]

Careto que se lle quedou a San Rosendo cando viu que un bispo lle deba unha patada no pra que marchase de Santiago de Compostela .

Estando nestes tiras e afloxas ás costas de Galicia chegou outra invasión vikinga (ao mando de Gunderedo) Sisnando Menéndez foi preso polo rei Sancho, ocupando Rosendo a mitra de Compostela, ademais de controlar o faro de A Coruña pra darse a ver ós piratas, que mentres se pelexaban os magnates os labregos e escravos do campo seguían a ser violados, asasinados e roubados polos vikingos, pero un día éstes roubaron un pazo e Rosendo cansouse deles e enviou a outro, o Conde Gonzalo, pra que os botara fora, cousa que conseguiu tras pagarlle uns cantos millóns.

Sabendo desa forma tan pouco honrosa de desfacerse de piratas os nobres axudaron a que o anterior bispo, Don Sesnando, fuxira do cárcere e voltou a Compostela expulsando a San Rosendo e indo detrás dos piratas vikingos a matalos todos e recuperar o ouro que tanto lles custaba arrincar dos labregos, mais o Sesnando morreu en batalla e súa alma viaxou ó ceo mais rápido do normal, Rosendo vendo isto pensou en retirarse a Celanova onda súa nai e rezar moito pra subir ó ceo tan rán ben e rápido como Sesnando, pra conseguilo enviou varias arcas de ouro pro Vaticano.

Mais o rei fíxolle voltar a Compostela, xa que os moros andaban asaltando a fronteira e subían polos camiños, incluso guiados por nobres galegos como cando Almanzor, e Rosendo envioulles un pouco mais de ouro e dero media volta e así puido colgar dos collóns ós nobres traidores (inxenuos eres que pretendían así gañara mais terras), mentres conseguía que Gunderedo facía como que o derrotaban, grazas a isto, e os documentos falsos que escribiu consegiu o cargo de virrei das dúas tías monxas do rei (que daquela era menor de idade e reinaban elas).

Pra facer do seu mosteiro de Celanova o mais millor (contra os mosteiros de Sarria e Carboeiro) comezou a erguer grandes almacéns de cereais pra subre o prezo e cando os labregos pasaen fame un ano facerse coas súas terras a cambio de catro sacos de trigo (ou senón morrían por un mal ano de fame); logo no Parlamento de Galicia decretou varias leis pra que os mosteiros familiares pasesen a mans do bispado e dos mosteiros fundados por él, meteu ao seu fodeamigo no mosteiro de celanova e seguiria así d enon ser porque un día afogou cunha galleta españolista e morreu.

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Rosendo de Celanova.