San Teleco

De Desgalipedia
San Teleco.
SanTeleco.jpg
{{{descrición da imaxe}}}
Título: {{{título}}}
Nado: Probablemente no séc. XX D. de C. en Vigo Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Finado: Probablemente no séc. XXXXXXXX D. de C. en Vigo Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Festividade: 17 de setembro
Venerado en: Tódalas confesións cristiás galegas
Atributos: Facer que inventes unha APP da ostiaaa!!!
Patrón de: Estudantes universitarios de Telecomunicacións.


Cita1.pngQuizais quixo dicir: San TelémacoCita2.png
Google sobre San Teleco

San Teleco, foi un home que alcanzou a santidade tras moitos atrancos e aventuras sen fin. Ó alcanzar os ceos colleu sitio á beira de Deus/Bodan/Reve/Xúpiter/Cthulhu e defendeu á humanidade de todo mal, sobre ás anteas de telecomunicacións, razón polo que é santo patrón das telecomunicacións e seus fregueses (estudantes, enxeñeiros fps, operarios, etc).

Vida e milagres[editar]

San Teleco naceu no século XX no lugar de Anteneiras, parroquia do CUVI, concello de Vigo, aló polo século XX durante o reinado de Juanca I na Galiza. Nacido no seo dunha familia de clase media-baixa fuxiu da aldea que o viu nacer pra ver novos mundos, vamos que emigrou porque non tiña amigos nin choio no lugar de nacemento.

Estando en Combarro, Poio viu que seus habitantes tiñan unha peste que lles convertía a pel en escamas. Asi que pra curalos Teleco rezou día e noite por eles pensando á vez nun sistema de raios uva pra curalos, tras rezar baixou unha nube do ceo e baixou unha máquina pra tomar raios uva que curou a todos os habitantes. Teleco quixo marchar da aldea antes de que seus habitantes o endiosasen pero non atopou quen o levara de alí e xa se achegaba a multitude pra elevalo ós altas cando el colleu súa capa e a botou sobre as augas e logo él enriba, rezando enriba dela atravesou navegou enriba da súa capa de tea milagrosamente ríxida e o levou ata Noia.

Aventuras de Noia ós USA[editar]

Alí Teleco detivo unha frota do Pacto de Varsovia que pretendía atacar ó porto da OTAN en Vilagarcía de Arousa e cada vez que remataba un painoso unha nave rusosoviética ía a pique con tódolos seus herexes dentro. Isto moito prugiu a un capitán dos Estados Unidos de América o cal invitou a Teleco a visitar seu pais canda el, coa promesa de presentalo a moita xente pra que podese transformar ós ianquis protestantes, mormóns, Testemuñas de Xeová e outros herexes protestantes en bos e ferventes catódicos. Mais cando arribaron a Nova York Teleco foi secuestrado pola CIA e internado nos sotos do pentágono, onde comezaron a facerlle todo tipo de experimentos pra saber cal era a fonte do seu poder (experimentos con drogas, psicoquinéticos, telepatía sondas anais, tarot, Mk Ultra, etc) e un día que noso santo varón durmía na súa cela de illamento tivo un soño no que un anxo o espertaba pra decirlle que era libre... cando Teleco espertou viu a porta da súa cela aberta e a tódolos gardiáns durmindo e así puid fuxir a México, atravesando a fronteira na nube kinton.

De volta a España[editar]

No país charro bateu coa colonia de españois exiliados da Guerra Civil Española, e moitos lle dicían de ir libertar súa patria asoballada, España, polo feixismo, mais como se decataron de que era un santo nacionalista galego pasaron del e outros o tildaron de feixista e de espía de Franco e xa lle enviaran ao asasino de Trotsky tras él e ao atopalo Teleco pediulle coma última vontade rezar unha Appmaría, ao cal o asasino comunista accedeu e Teleco aproveitou pra facerle unha chave de iudo, tiralo ao chan e espremerlle as meninxes contra o chan ata deixalo inconsciente (un truco aprendido na CIA) logo marchou a Colombia dando grazas ao Señor.

En Colombia inernouse na selva para salvar a moitas almas pecadentas que aínda non coñecían o mensaxe de Cthulhu, e tras varios miragres (converter a auga suxa en potable, erguer enormes templos de pedra en selvas de madeira, facer mudar dde costumes sexuais e gastronómicos ós indios) voltou pra Galicia ou si o pensaba el. Porque o señor tíñalle preparado outro encontro co demo e foi timado por unha emprea aérea que o levou ao Sáhara. Alí no deserto saharahui ergueu ó pobo saharaui contra do opresión imperialista de Marrocos, con tan mala sorte que ó pouco foi capturado pola policía segreda marroquí e enviado ao penal de D´jumaah nas quentes areas do deserto. Mais tras varias pelexas de acción, algún que outro disparo e moito rezar Credos conseguiu fuxir do cárcere pra ir bater no deserto, onde con só a guía dun anxo consegiu atravesalo, non sen naes sufrir un contratempo mentre so anxo durmía a mona e ir bater coa cidade de Ilrem, onde se decatou de que antes que a humanidade outra raza pisara o planeta Terra e construira enormes megalitos en honor a deuses innombrables e abominables (Aínda que a mente simplista católica de Teleco só viu niso os restos dun execrables mortais que adoraban ó demo e non a Deus). Tras conseguir chegar á costa Teleco saltoua valla de Ceuta grazas a facer un rosario días antes e conseguiu praza nun barco tras deixarse bigote e afirmar ser José María Aznar de incógnito vindo de visitar a Gadaffi.

Morte[editar]

Muerteenllamas.gif San Teleco xa morreu!!!
Este artigo fala sobre un personaxe que acaba de atoparse coa Santa Compaña,
se non desexas acabar igual a el basta enviar os seus pésames en diñeiro.

Clique aqui pra ver quem te espera no inferno!


Tras chegar a Andalucía cristianizou o minarete de Sevilla demoendo cun eupecador os restos que arrodeaban á torre da Giralda. despoissegiu camiño adiante, mas como fora un chisco orgulloso durante a súa estadía en América do Sul deus castigouno a morrer nas portas de Galicia e só vela sen chegara pisar nela, asi que morreu no alto do Padornelo todo feliz por ir a reunirse co seu creador (outros din que en realidade converteuse en Skynet).