Santiago Pemán

De Desgalipedia


Santiago Pemán
Santiago Pemán-02.jpg
Santiago Pemán atopando choiva.
Información
Nacemento 7 de abril de 1936
Santiago de Compostela, Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Nacionalidade Galicia galega
Profesión científico climático

Santiago Pemán é o científico climático que ilumina todos os fogares da Galicia universal e de mais alá (O Bierzo, Arxentina, Suíza).

Vida e miragres[editar]

Pemán na Telegaita nos 80.

Pemán naceu en Santiago de Compostela durante a Guerra Civil Española, estudou bacharelato cos curas, que lle meteron tódolos refráns de meteoroloxía no caletre. Tras ver pelis de guerra Pemán meteuse no exército de aviación, onde quixo ser como o Barón Vermello pero como estaban en plena época de Franco iso de ser rojo estaba moi mal visto asi que convirtiuse no barón colorado.

Participou na Guerra do Ifni bombardeando con naplam bases loxísticas de Al Qaida así como na ponte aérea a Chafarinas cando Marrocos tentou invadir España alá na Idade Media. Tras licenciarse seguíu no mundillo da aviación e fixo oposicións a inspector de voo para Iberia, onde catou as mellores cabareteiras para metelas como azafatas. Durante este traballo coñeceu a James Bond, convirtíndose no seu amante para roubarlle os seus segredos sexuais. Grazas a eles casou anos mais tarde con Valentina Tereshkova, pero ela peteiraba en planos da atmósfera mais alta e cada un foi polo seu lado. Logo casou e tivo fillas ás que enchufou na TVG.

Entrou na TVG enchufado pola Masonaría nos anos 80 e monopolizou o emprego durante décadas, nas cales informou á poboación de eisobaras caníbales de forza tres a catro con forte vento e marusías provintes de Atlántida non aptas para ir ós percebes. Durante a caída da estación espacial MIR viuse involucrado na súa pescuda para ver se algún extraterrestre buscaba introducirse no planeta terra de forma ilegal conseguindo deter a Darth Vader.

Desgalería de imaxes de Superpermán[editar]

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]