Sanxenxo

De Desgalipedia
Sanxenxo
Escudo de Sanxenxo
300px
Cthulhu chegando a Sanxenxo
Situación
Situacion Sanxenxo.PNG
Xentilicio[1]
Xeografía
Provincia Provincia de Pontevedra
Comarca Comarca do Salnés.
Poboación hab. (2019)
Área km²
Densidade hab./km²
Entidades de poboación
Capital do concello
Política ()
Alcalde ()
Concelleiros BNG:
PPdeG:
PSdeG-PSOE:
Outros:
Uso do galego[2] ()
Galegofalantes 100 %
Páxina web oficial
  1. Véxase no Desgalizionario.
  2. Datos dos tempos de Manuel Fraga publicados en 2019, ou non.

Cita1.pngQuizais quixo dicir: San SexoCita2.png
Google sobre Sanxenxo

Cita1.pngSanjengo, dícese SangenjoCita2.png
Galicia Bilingüe sobre Sanxenxo
Cita1.pngSangenjoCita2.png
A Wikipedia en castelán sobre Sanxenxo (e iso que sabe que é un barbarismo)
Cita1.pngYo siempre llamele SangenjoCita2.png
Francisco Vázquez sobre Sanxenxo)
Cita1.pngSangenjo se le llamó siempre, Sanxenxo es de etarrasCita2.png
Turista madrileño sobre Sanxenxo)

Sanxenxo (en castrapo: Sangenjo) é un concello costeiro da provincia de Vigo.

Historia[editar]

As leiras de millo son usadas para... camuflar plantacións de maría!

Sanxenxo foi fundado polos castrexos chegados a estas costas tralo esborrallamento da Atlántida tentaron rexurdir a base de comerciar co Atlántico Norte e o Mediterráneo, sen decatarse segiunos un Uboot romano a un dos seus curraghs e Xulio César apareceu por aquí tomando os castros de Portonovo, Vilalonga, Adina, Punta Elmo, Dorrón, Outeiro dos lapos, e o da Lanzada.

Grazas aos suevos os galaicos puideron voltar á liberdade séculos mais tarde, fundando o Imperio Español e expandindoseu poderío pola Península Ibérica (ata que apareceu Afonso Henriques) e conquistando todo o suroeste da Unión Europea, ante esta ameaza Alemaña e Francia enviaron ós vikings e outros piratas ao longo do tempo pra abaixarnos.

A mediados da Idade Media seus habitantes vivían co medo no corpo polos piratas, así que vivían todavía nos castros e nas selvas de Seixomil, grazas á OTAN os arzobispos de Compostela limaparon a costa e repoboáronse as aldeas costeiras (nesta época reocúpase o castro de Portonovo, e de aquí recibe o nome) o arzobispo regaloulles estas terras a algúns parásitos sociais que se adicaban á seguridade privada e comezaron a facer negocio cos mexillóns e sardiñas enviándoos ao interior de Galicia como esterco (non había conxeladores) e así subir o prezo da comida aquí, grazas a iso conseguiron erguer algúns pazos como o de Rebel (dos Valladares que controlaban isto desde Cambados) e secuestraban mariñeiros no Antigo Réxime pra envialos á Armada Invecible e outras así de imperialistas.

Trala Guerra de Sucesión española a vila perdeu bastantes habitantes nas guerrrillas mandadas polos fidalgos, seguiron vivindo como na Idade Media ata que os fomentadores de pesca cataláns os espabilaron e extinguiron en cen anos a sardiña das rías, polo que os maltusianos comezaron a pensar en sistemas pra baixar a demografía, salvoulles o a Francesada, as guerras entre conservadores e liberais, os enrolamentos contra a Carlistada, etc, etc

Cando xa non houbo sardiña nin guerras tiveron que emigrar, collendo moitos pra Cuba e Arxentina mentres seus pais seguían a pagar os foros, polo que seguiu igual que estaba unhas décadas mais pero en vez de fidalgos viñeron os caciques, logo Miguel Primo de Rivera (que selvatizou Montillón)a IIª República española, Franco e o Fraguismo co cal comeza a transformarse a economía do lugar (pero non súa forma de sociedade) atraendo turistas, así foi como Sanxenxo medrou enchéndose de casas con sobreprezo durante a democracia de Telmo Martín que fixo de sanxenxo unha república presidencialista libre e soberana (na actualidade tenta anexionarse O Grove e Poio).

Xeografía[editar]

Mulleres a punto de iren recibir nove ondas na cona.

Sanxenxo atópase á entrada esquerda da ría de Pontevedra, protexido polas illas Ons non foi presa do chapapote polo que se seguiu construíndo sen ton nin son e urbanizando toda a costa.

Limita ao norte con O Grove, Rusia, ao sur co Océano tenebroso, ao este cun Poio e nalgún punto indeterminado do vector de eóns con Meaño.

Economía[editar]

A caza de turistas e derivados (alugeres, hostelería, puticlús).

Parroquias[editar]

V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Sanxenxo
Escudo de Sanxenxo.jpg
Adina (Santa María) | Arra (San Amaro) | Bordóns (San Pedro) | Dorrón (San Xoán) | Gondar (San Tomé) | Nantes (Santa Baia) | Noalla (Santo Estevo) | Padriñán (San Xenxo) | Vilalonga (San Pedro)

Lugares de interés de Sanxenxo[editar]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Sanxenxo vexa: Lugares de Sanxenxo.

  • Praia da Lanzada: onde ir surfear coas ondas provocadas pola chegada de Cthulhu.
  • Casa do concello: o arquitecto fíxooa tras visitar a s montañas da tolería de H. P. Lovecraft.
  • Silgar: praia protexida polos rañaceos de Sanxenxo (desde os que se practica balconismo) durante o inverno convírtese nun bonito rompeondas.
  • Igrexa de Padriñan: o arquitecto fíxooa tras abandoar o Budismo cartesiano.
  • Canelas: onde van facer botellón os de Portonovo.
  • Paxariñas: onde fan o desembarco de fariña de Colombia.
  • Montalvo: protexida polas Ons e un monte é un lugar magnífico pra cometer matanzas rituais dalgún campista despistado da zona.
  • Areas: praia invadida polos de Poio e Pontevedra, que fuxen de ENCE.
  • Bascuas: praia de orxías gays.

Galería de imaxes de Sanxenxo[editar]

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Sanxenxo.

Outros artigos[editar]


V  C  E h
Concellos da Comarca do Salnés
Comarca do Salnés
Cambados
Cambados
O Grove
O Grove
A Illa de Arousa
A Illa de Arousa
Meaño
Meaño
Meis
Meis
Ribadumia
Ribadumia
Sanxenxo
Sanxenxo
Vilagarcía de Arousa
Vilagarcía de Arousa
Vilanova de Arousa
Vilanova de Arousa
V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Pontevedra
Situacion Provincia de Pontevedra.PNG
Agolada - Arbo - Baiona - Barro - Bueu - Caldas de Reis - Cambados - Campo Lameiro - Cangas - A Cañiza - Catoira - Cerdedo-Cotobade - Covelo - Crecente - Cuntis - Dozón - A Estrada - Forcarei - Fornelos de Montes - Gondomar - O Grove - A Guarda - A Illa de Arousa - Lalín - A Lama - Marín - Meaño - Meis - Moaña - Mondariz - Mondariz-Balneario - Moraña - Mos - As Neves - Nigrán - Oia - Pazos de Borbén - Poio - Ponte Caldelas - Ponteareas - Pontecesures - Pontevedra - O Porriño - Portas - Redondela - Ribadumia - Rodeiro - O Rosal - Salceda de Caselas - Salvaterra de Miño - Sanxenxo - Silleda - Soutomaior - Tomiño - Tui - Valga - Vigo - Vila de Cruces - Vilaboa - Vilagarcía de Arousa - Vilanova de Arousa