Sarria

De Desgalipedia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Sarria (homónimos).
Sarria
Bandeira de Sarria Escudo de Sarria
Sarriafriki.jpg
A guarnición do castelo de Sarria.
Situación
Situacion Sarria.PNG
Xentilicio[1] vaqueiro
Xeografía
Provincia de Lujo
Comarca do Sarro.
Poboación de vaqueiros e vacas. hab. (2018)
Área km²
Densidade hab./km²
Entidades de poboación
Capital do concello
Política ()
Alcalde John Wayne. (PSOE)
Concelleiros BNG:
PPdeG:
PSdeG-PSOE:
Outros:
elección dixital
Uso do galego[2] ()
Galegofalantes 100 %
Páxina web oficial
Muuuu.gal
  1. Véxase no Desgalizionario.
  2. Datos dos tempos de Manuel Fraga publicados en 2018, ou non.

Sarria é unha colonia do imperio Lugués, aínda que en continua guerra contra Chantada tras conseguir a independencia plena de Monforte tralas Guerras Vacarilemos.

Foi fundada por Sarria Montiel, unha deusa sith que veu aquí fuxindo do xenocida Luky Luke Skywalker e seu mozo Han Suelo. Limita ao norte con Lancarshire e un páramo, ao sur está O Incio e Marrocos, ao leste con Somos e ó solpor con Paradela.

Historia de Sarria[editar]

Prehistoria e historia antiga[editar]

Sarria comezou a estar habitada durante o paleolítico cando os homo neandesapiens (unha mezcla de neanderthal con sapiens imposíbel) colonizou a zona e ficaron aquí a vivir dado o gran número de ríos existentes e que chovía pouco e se daban os mellores salmóns de río. Durante a antiguidade Sarria foi a capital dos Seurros ata que viñeron os romanos a comerciar con eles e detrás as súas lexións que conquistaron a zona coa axuda da OTAN para pode expoliar mello esta zona, na tardoantiguidade a zona pertenceu aos terratenentes de Vilar de Sarria e Santo Antolín, que tiñan moitos escravos para construir ordenadores tendo como placa base as lousas do lugar e o ouro nos condensadores a falta de iridio, esta competencia no mercado foi arrasada polo tataravó de Bill Gates dando paso á época dos castelos para protexerse contra todo tipo de moinanates.

Idade Media[editar]

Sarria na Idade Media.

Así os sarriáns vivían felices ata que na Idade Media apareceron os suevos e plantaron aquí a un conde pra poñer orde e progreso, ao ver que os seus vasalos e non se lavaban os dentes e tiñan un sarro tremendo púxolle este nome á comarca, Sarria, logo mandou limpar todo os días os dentes con ouriños a seus súbditos (tipico costume da época pouca consumista pero mais efectiva co Colgate). De paso que facía ser sedentarios aos sarrianos, xa que antes ía de trashumancia co gando dun lugara outro provocando conflitos internacionais, así fundou as pobras de Sarria, San Xillao, Triacastela e Neira, en cada unha ergue un castelo e así encheu aquelo con monxes e monxas que cos seus costumes libidinosos cedo repoboaron todo o val do Sarria e do Miño. A Idade Media foi a época de maior riqueza de Sarria (só hai que velo na gran beleza das igrexas románicas da zona) pero coa chegada do Imperio Español e que aquí comezaron a mandar desde Madrid foise todo ao carallo.

Como eran moitos e a terra non daba pra tantos decidiron facer pasar por alí o Camiño de Santiago pra ver si algún snob se lle daba por coller camiño e non parar, e grazas á non sinalización despois non sabía voltar e así de paso emigraba. Isto fixo que houbese gran cantidade de sarriáns no extranseiro e así no século XIX presionaron pra que pasara por aquí o tren Monforte de Lemos-Lugo e poder voltar ao lar (aínda que algúsn teóricos da conspiración din que foi Andrés do Barro que fixo iso pra logo sacar seu Lp "O tren") afortunadamente as obras xa foran feitas séculos antes polos irmandiños que botaron abaixo uns cantos castelos de políticos pra que deixaran de mexar polos galegos.

Idade Moderna[editar]

Na Idade moderna Sarria foi perdendo poboación debido a que apenas pasaban peregrinos e apareceu o canibalismo polo que os peregríns deixaron de pasar de todo así que os sarriaos tiveron que emigrar ou morrer de fame e o único de importancia que se fixo foron unhas cantas igrexas barrocas aproveitando a riqueza da implantación do millo e a pataca en Galicia que matou moita fame. Afortunadamente sempre se puido plantar centeo por aquí e alimentar as vacas e producir cervexa que xunto á sidra das mazás (aquí o viño sempre se deu mal) había material abondo para as romerias dos Remedios, San Xoán, Lousadela, etc.

Idade Contemporánea[editar]

Durante a Idade contemporánea Sarria comezou a medrar debido á acumulación de riqueza provinte do comercio, primeiro cos gabachos de Napoleón Bonaparte e logo co paso das redes viarias. Así os vaqueiros da zona puideron atracar ós trens que conectaban a costa e Lugo con Gitaña, negocio ao que sumaron os facciosos durante a Segunda Guerra Civil española, sendo os mais coñecidos a banda de Souto de Remesar, ata que foron vencidos pola presión dos labregos do lugar con columnas voantes da garda nacional. A pesares da desamortización os curas seguiron a ter poder e ergueron a igrexa de falso gótico de Santa Mariña e varias escolas para lavar cerebros e ter sempre nenos aos que mirar. A I Guerra Mundial aumentou a economía da zona e medraron seus habitantes, xa que Inglaterra necesitaba moito gando e Francia moito viño, aínda que a modernización veu da man dos veciños que emigraron e regresaron para deixar seus cartos aquí en casas mais grandes ca o do veciño para amosar que non eran losers.

Xeografía[editar]

Teorías sobre Sarria[editar]

Isto é o que ves nada mais baixar do tren.

Hai varias hipóteses acerca da situación de Sarria:

  • Hipótese tomista: seguindo o acto de existir unha vila na Galicia profunda cunha potencia transmitida ao longo de 700 anos de discurrir histórico podemos chegar a decir que Sarria existe por vontade divina nun conglomerado de arxilas que compactada grazas á presión das cagadas divinas fan que os de aquí teñan miles de tellados con pizarra, o que lles dá ás casas un aspecto típico de Mordor. Pero ao que íbamos Deus situou a Sarria na Galicia occidental para non sei, iso é.
  • Hipótese celtista: Sarria atópase no corazón de Galicia para salvagardar o volkgeist da raza galaica, aquí Vicente Risco construiu a súa granxa lebensraun para obter galeguiños de pura raza celtoaria.
  • Hipótese poscolonialista: Sarria atópase nunha vella colonia do Imperio Español, que sacaba de aquí gando e man de obra barata, isto fixo que a súa identidade (quen é e onde está) se supeditase a intereses foráneos e así Sarria medra porque pasa por aquí o Camiño de Santiago senón sería un baleiro poboacional que é no que se está a convertir debido á competencia desleal de Ikea, que arrasa coas economías de mercado interior do moble e a industria do gando atacada por veganos apoiados por Hollywood.
  • Hipótese marxista: Sarria atópase nunha zona de fronteira entre a economía de subsistencia e un sistema social arcaico, xa que a plusvalía das forzas productivas se acumulan en forma de capital inmoble que á súa vez repercute na economía local da copnstrucción ata que ésta foi golpeada pola crise económica de 2008 xerando unha quebra no fluxo de crecemento da economía de finais do XX/principios do XXI que serviu para reacumular mais capital na clase social alta e arrebatarlle capital, forza e ideoloxía á clase media obreira xerando un sistema social aínda mais conservador para manter o statu quo de opresión do proletariado. Éste confuso e parvo deixouse guiar polo PPSOE cara a debacle final do capitalismo oligarca español e perdeu poboación de forma sutil o que emrmou aínda mais a economía local voltando á economía de subsistencia e polo tanto tercermundista que ao non xerar excedentes de producción destruiu o mercado e as redes monetarias, caendo ao nivel de vila comarcal de segunda clase ao marchárense todos para Coruvigo.
  • Hipótese garrida: ideada por Claudio Garrida ven a decir que Sarria atópase nun paraíso natural de Europa onde o pobo xungiu forzas para coidar dos peregríns a Compostela e así protexelos dos perigos da época e xunto ó traballo dos gandeiros da zona se produciu o agromar do urbanismo na zona que xunto coa chegada do tren isto medrou e blablablabala.
  • Hipótese garcilópez: idea de por José Antonio Primo de Rivera García López, pola cal Sarria se atopa no corazón da provincia de Lugo concetada á cristiandade grazas ao santo Camiño de Santiago onde os santos monxes e os legais reis conseguiron crear riqueza a base de poñer atraballar as inculta sterras do lugar e colonizando as nestas fragas con jalicosos moros se pudio despegara a economía, que gracias ao ladrillazo Sarria será a próxima cidade galega e que novas canteiras de extracción de Lousa.

Xeoloxía[editar]

A xeoloxía de Sarria vése alterada debido aos diferentes pregamentos do lugar, xa que o etrritorio do concello se divide entre pastos e montañas, ambos sufren o factor de miles de regatos que erosionan o chan e arrastran minerais como o ouro, putonio, feldespaco e cambioputita cara vai ti saber onde, polo que os campos deste lugar son pobres e só serven pra que coman as vacas e non pra amplos cultivos polo que os de calizas calfensa fan o seu agosto si vas a plantar algo por aquí....

Clima[editar]

Grazas ao Monte Páramo non sopla vento do Oeste na gran chair e pos iso chove pouco, mais como non hai protección polo eixo Norte-Sur Sarria papa un frío tremendo que baixa desde Láncara e O Páramo (o nome xa o dí todo...)menos mal que polo Sur os do O Incio mandan algo de calor africano se non isto semellaría un glaciar würmeriense.

Sarria é a Siberia de Lugo, e por iso foi lugar de gulags durante o fraguismo.

Flora e Fauna[editar]

Grazas ó vento do norte dáse moi ben por aquís os palmerais e outros cultivos tropicais como a piña, o coco, a marihuana, as papoulas de onde sacan a heroína, etc nas beiras dos rios podemos atopar moitas prantas de estramonio coas que celebrar a Noite Meiga.

Economía[editar]

Sarria é un dos maiores productores de leite.

Gracias á Unión Europea ningunha, xa que non deixou que producira nin moito leite (Cuota Láctea) nin moita carne (vacas tolas inventadas pola prensa francoinglesa). Aínda que hai un hotel NH e centos de centrs de diversificación do ocio (bares, discobares, puticlús pola nacional, etc)

Parroquias[editar]

V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Sarria
Escudo de Sarria.jpg
Albán (Santa María) | Barbadelo (Santiago) | Belante (Santa María) | Betote (San Vicenzo) | Biville (San Miguel) | Calvor (Santo Estevo) | O Camiño (San Mamede) | Castelo dos Infantes (Santiago) | Cesar (San Salvador) | A Chanca (San Mamede) | Chorente (San Xulián) | Corvelle (Santa María) | Fafián (San Xoán) | Farbán (Santiago) | Ferreiros (San Sadurniño) | Fontao (San Martiño) | Frades (San Xulián) | Goián (San Miguel) | Lier (Santa María) | Loureiro (San Martiño) | Lousadela (Santo Estevo) | Louseiro (San Martiño) | Maside (San Pedro) | O Mato (San Salvador) | Meixente (San Xulián) | Nespereira (Santiago) | Ortoá (Santa María) | A Pena (Santa María) | Piñeira (San Miguel) | A Pinza (San Salvador) | Requeixo (San Martiño) | Rubín (Santa Mariña) | San Fiz de Reimóndez (San Pedro Fiz) | San Fiz de Vilapedre (San Fiz) | San Miguel de Vilapedre (San Miguel) | San Pedro de Froián (San Pedro) | San Sadurniño de Froián (San Sadurniño) | San Salvador da Pena (San Salvador) | San Vicenzo de Froián (San Vicenzo) | San Xulián da Veiga (San Xulián) | Santalla de Arxemil (Santalla) | Santo André de Paradela (Santo André) | Santo Antolín (Santa Eufemia) | Santo Estevo do Mato (Santo Estevo) | Sarria (San Salvador, Santa Mariña, Nosa Señora do Rosario) | Seteventos (San Pedro) | A Veiga (Santiago) | Vilamaior (Santa María) | Vilar (Santa María) | Vilar de Sarria (San Salvador)

Lugares de Sarria[editar]

Outros lugares, qué ver e qué facer[editar]

  • Bar París: dentro é como París, moito monumento e rapazas novas con síndrome de Electra.
  • Igrexa de Santa Mariña: templo satánico en estilo gótico da Hammer (nela rodouse "A máscara da Morte Roxa" de Roger Corman.
  • As 57 pontes sarrianas: todas construídas polo Demo... e nin unha triste capela para agradecerllo!!!
  • Castelo de Sarria: todo cheo de pantasmas sen cabeza e outros condes coa pirola picada pola varicela.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Sarria.

Outros artigos[editar]


V  C  E h
Concellos da Comarca de Sarria
Comarca de Sarria
O Incio
O Incio
Láncara
Láncara
Paradela
Paradela
O Páramo
O Páramo
Samos
Samos
Sarria
Sarria
Triacastela
Triacastela
V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Lugo Lugo (provincia).svg.png
Provincia de Lugo en debuxo.jpg
Abadín - Alfoz - Antas de Ulla - Baleira - Baralla - Barreiros - Becerreá - Begonte - Bóveda - Burela - Carballedo - Castro de Rei - Castroverde - Cervantes - Cervo - Chantada - O Corgo - Cospeito - Folgoso do Courel - A Fonsagrada - Foz - Friol - Guitiriz - Guntín - O Incio - Láncara - Lourenzá - Lugo - Meira - Mondoñedo - Monforte de Lemos - Monterroso - Muras - Navia de Suarna - Negueira de Muñiz - As Nogais - Ourol - Outeiro de Rei - Palas de Rei - Pantón - Paradela - O Páramo - A Pastoriza - Pedrafita do Cebreiro - A Pobra do Brollón - Pol - A Pontenova - Portomarín - Quiroga - Rábade - Ribadeo - Ribas de Sil - Ribeira de Piquín - Riotorto - Samos - Sarria - O Saviñao - Sober - Taboada - Trabada - Triacastela - O Valadouro - O Vicedo - Vilalba - Viveiro - Xermade - Xove