Sealand

De Desgalipedia


Principado independetista de Sealand
BandeiraEscudo
Location Sealand.png
Capital
 Poboación

Linguas oficiais Inglés
Forma de goberno Monarquia
 • Total n/d
 • Total n/d
 • Densidade n/d
PIB (nominal)
 • Total n/d
 • per cápita n/d
 • per cápita n/d
 • Horario de verán Non aplica
Dominio de Internet n/d
Prefixo telefónico n/d
Prefixo radiofónico n/d
Código ISO n/d

Sealand ou ben... Principado de Sealand é unha micronación autodeclarada como estado pero non recoñecido como entidade pola comunidade internacional.

Historia

Localización de Sealand según Google Maps.

Proclama como o seu territorio a Roughs Tower, unha explataforma mariña usada como forte naval, construída pola Royal Navy como lugar de refuxio dos ingleses durante a Segunda Guerra Mundial e localizada no mar do Norte, a sóamente dez quilómetros da costa de Suffolk, no Reino Unido, así como augas territoriais nun radio de doce millas náuticas. Sealand está ocupada pola familia e asociados de Paddy Roy Bates, quen se outorgou o título de Alteza Real Príncipe Rei de Sealand.

A pesar da falta de recoñecemento da súa soberanía e lexitimidade, sendo soamente recoñecida por países virtuais como Matolandia, Sealand é unha das micronacións máis coñecidas do mundo e a miúdo é citada como un caso de estudo da maneira na que os principios de dereito internacional se poden aplicar a un territorio en disputa.

En 2007, Sealand púxosse á venda por parte da inmobiliaria española Inmonaranja, por 750 millóns de dólares pagos en billetes de 100 mil dólares estadounidenses, debido á avanzada idade e ao estado de saúde do seu propietario e rei e sobre todo, en non conseguir un herdeiro para asumir o lugar.

Véxase tamén

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Sealand.

Outras micronacións

Ligazóns externas