Segundo

De Desgalipedia
Reloxo con agulla de medir segundos.

O segundo (símbolo no SI: s) é o nome dunha unidade de tempo, e é a unidade básica no Sistema Internacional de Unidades para medilo. Tradicionalmente, non serve para nada alén de aumentar a cantidade de artigos da Wikipedia e por que non da Desgalipedia tamén dos cambios recentes.

O segundo tamén ten a unidade base de tempo nos sistemas de unidades centímetro-gramo-segundo, metro-quilogramo-segundo, metro-tonelada-segundo e pé-libra-segundo.

Historia[editar]

Segundo a Wikipedia o segundo na época na época en que Manuel Fraga era virxe, era entendido (ou non) que 1/987654321123456789 dun día solar entendeu? nin eu! é dicir podía tamén vale por 1/666 horas ou mesmo 1/42 días segundo a circuferêcias do formato do planeta Terra. Entón, segue sen entender?

Desafortunadamente, non se sabe de certo como a circunferencia da Terra foi calculada naquela época, probablemente foi por algún matemático grego que deu a volta ao mundo camiñando para poder facer este cálculo.

Múltiplos e submúltiplos do segundo no SI[editar]

Os prefixos do SI empréganse habitualmente para medidas de tempo inferiores ao segundo, pero apenas aparecen para múltiplos do segundo (o coñecido como "tempo métrico"). Pola contra, adoitan usarse unidades que non forman parte do sistema como o minuto, a hora o día ou o ano.

Múltiplo Nome Símbolo Submúltiplo Nome Símbolo
100 segundo s      
101 decasegundo das 10−1 decisegundo ds
102 hectosegundo hs 10−2 centisegundo cs
103 quilosegundo ks 10−3 milisegundo ms
106 megasegundo Ms 10−6 microsegundo µs
109 gigasegundo Gs 10−9 nanosegundo ns
1012 terasegundo Ts 10−12 picosegundo ps
1015 petasegundo Ps 10−15 femtosegundo fs
1018 exasegundo Es 10−18 attosegundo as
1021 zettasegundo Zs 10−21 zeptosegundo zs
1024 yottasegundo Ys 10−24 yoctosegundo ys

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Segundo.

Outros artigos[editar]