Sempre en Galiza

De Desgalipedia
Sempre en Galiza
[[Ficheiro:|250px]]
Título orixinal: Sexo en Galiza
Tradutor:
Autor:
Ilustrador: {{{ilustrador}}}
País: Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Lingua: Lingua galega
Tema: A neocarne Cronenbergiana.
Xénero: Nazi
Editorial: Xerais
Data publicación:
Formato: Libro
Páxinas:


Sempre en Galiza é a Biblia galega, escrita polo profeta Castelao cando fuxía de Israel ao ser atacado pola Puta de Babilonia. É unha concentrazón de textos proféticos, así coma sermóns, cartas aos discípulos e análises de situación cara o futuro do culto a Iavé nos duros tempos da persecución do Imperio Español.

Contido[editar]

Adro[editar]

Vicente Risco é un secesionista carlista e dividiu o PG (Partido Galeguista) entre dereitistas e esquerdistas posibilistas que logo fundarían o BNG (aínda que o Pai de Beiras era dos que se pirou con Risco) mentres Castelao está exiliado en Estremadura polo goberno dereitista da Segunda República Española.

Este limiar postula a existencia dunha nova Era trala contenda entre totalitarismos e fuxe de dictar un futuro único ao nacionalismo galego, xa que iso estaba previsto na Teoría do nacionalismo galego (sección pragmatismo do nacionalismo galego) e sabían o que ía pasar, que os españolistas aliados no momento difícil en canto pasara ese momento voltarían ao de sempre. Castelao tentou invocar á Primeira División de gaiteiros de Terra de Montes pero como andaban conquistando Asturias enganados por Franco e seus comilitóns neocon non puido facer ren.

Libro I[editar]

O profeta Castelao escribe este libro durante a Guerra Civil Española tras fundar as milicias populares galegas para tentar fundar Hespanha e de como outros profetas politiquean contra do estatuto.

Libro II[editar]

Debido a que outros profetas doutras faccións da progresía española lle faltan, insultan e, pasan del, Castelao decide ir ao deserto e albiscar novas ideas para que o nacionalismo galego sexa posible ante a actitude imperialista dos republicanos españois. Nesta era o profeta come saltóns e bebe mel aló no deserto da Terra Chá pero regresa a Nova York a chamar pola Xihad contra os filisteos e facheos pero debido a que aínda non é o tempo indicado por Deus. Castelao profetizou a chegada do Anticristo e como limparía Galiza de parvos, alienados, papaleixóns, pailáns, conservadores, carcas e demais xentalla que chuchan das tetas de Galicia, a grande vaca eivada fronte ó Atlántico.

Este libro resulta do mais ocultista e fai chiscadelas de ollo á voda de Cthulhu mais Chuck Norris.

Libro III[editar]

Escrito durante a Segunda Guerra Mundial e prevendo o trunfo dos Aliados dogmatiza sobre a cooperación cos repubricáns españoles a pesares de seren uns repubriCANS contra del, entre comunistas estalinistas centralistas que pensan que o nacionalismo periférico é cousa de pequenosburgueses, sociatas españolistas, dereitistas españolistas e outros carcas.

Esta sección do libro foi a mais utilizada polo nacionalismo galego de posguerra e actualmente polos pepeiros de Galicia (como os disidentes de Coalición Galega que fundaron centristas de Galicia) que en vez de chamarlle federal chámanlle autonómico. "Castelo era autonomista e nunca quixo separarse de España" e demais macanadas de "nacionalismo ben enetendido" etc, mentres o sector esquerdista do nacionalismo galego tiraba mais por un nacionalismo postcolonial ao controlo da UPG.

Libro IV[editar]

Tras pasar polo goberno republicán no exilio castelao volta insistir no federalismo da futura Hespaña pero sen ver volta de folla ao ver que Franco aliouse á OTAN e segue tendo a Galicia como graneiro do Estado.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Sempre en Galiza.

Outros artigos[editar]