Sherlock Holmes

De Desgalipedia
Sherlock Holmes

[[Imaxe:|225px|]]
Retrato de Sherlock Holmes por Sidney Paget.

Obra
Creador(es) Arthur Conan Doyle
Información
Sexo Masculino
Título
Familia Mycroft Holmes (irmán)
Cónxuxe {{{cónxuxe}}}
Aliados Doutor Watson
Inimigos Profesor Moriarty
Residencia 221B Baker Street, Londres


Sherlock Holmes foi un psicópata inglés moi famoso.

Vida fogareña e casos criminais[editar]

Sherlock naceu na Escocia, no seo dunha familia ben, seu pai era enxeñeiro de minas e súa nai unha pantasma de castelo escocés. Eles educárono no anglicanismo repelente do victorianismo e cada vez que se tocaba dábanlle duchas de auga conxelada. Estudou as primeiras letras na súa casa, o bacharelato en Oxford e a carreira de belas artes en Londres, onde lle fixo a obra de arte O retrato de Dorian Grey que logo vendeu en Shotesby ao tsar de Rusia.

Ao rematar os seus estudos viaxou polo mundo seguindo os pasos de seu heroe, Lord Byron, pero ao revés, foise por Noruega, Finlandia, Rusia, Corea do Norte, Xapón, Nauru Ulterior e Perú. Neses lugares coñeceu a moita xente, fíxose pasar pola allauasca e fodeu cos chamáns, tamén con algún que outro artista simbolista decadente. Regresou á capital do Imperio Británico ao ter novas do mal de seu pai, que morreu xusto ao chegar el ao porto, no enterro fíxose amigo do doutor novo que atendera a seu pai, o Dr. Watson, do que namorou ao momento e xuntos marcharon a vivir a Londres.

Holmes aproveitouse da incompetencia da policía e meteuse a investigador privado, conseguindo descubrir 666 misterios e gañándose unha boa reputación, mais debido á súa adicción á cocaína en vena acabou discutindo con Watson e marchou aos fumadeiros de opio, onde morreu de sobredose, seu viúvo, o Doutor Watson recopilou tódalas aventuras do seu único amor e levoullas a un escritor para mellorar o estilo e logo vendelas por partes no xornal local a bo prezo. Desafortunadamente Watson morreu misterisamente polo camiño de volta a casa e o escritor aproveitou todo aquel material.

Os caso de Sherlock Holmes mais famosos[editar]

  • O caso da pirámdie cadrada: sendo mozo logrou deter a conspiración negrorepublicana da seita "Ramothep" que quería tentar contra a raíña Victoria.
  • Escándalo en Bohemia: Holmes descubre que Max Estrella é un espía do KGB que tenta desestabilizar o país a base de escándalos sexuais inventados na prensa do corazón.
  • A liga dos rubios: Holmes descubre a unha banda de facinerosos que se fai pasar por unha asociación de xente co pelo vermello.
  • Un caso de identidade: Holmes descubre que el mesmo é un persoaxe de ficción.
  • O misterio do val de Boscombe: Holmes acude alí onde lle dígan que está o chupacabras pero só era un caso de zoofilia.
  • As cinco sementes de laranxa: Holmes descubre toda a corrupción de Valencia pero seu irmán Microsoft Holmes obrígao a calar.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Sherlock Holmes.

Outros artigos[editar]