Siberia

De Desgalipedia
Stalin dá a benvida a quen vai pra Siberia MWAHAHAHAHAHA!!!!

Siberia (en ruso: Сиби́рь, Sibir), é unha parte norte de Asia ou Europa? A zona está atravesada polo tren transiberiano no que Corto Maltés viaxou para implantar o comunismo no Imperio Ruso.

Historia[editar]

Siberia habitouse no Paleolítico cando os nómadas ían dun lado a outro buscando peiote para os seus chamáns, na Idade Media Genghis Khan nin sequera se atreveu a conquistala pero seus descendentes tiveron que conquistala para ter algo de terras onde practicar zoofilia cos renos.

Iván IV de Rusia conquistou esta zona para sacarse boiardos de enriba así como borrachíns de vodka logrando conquistar todo isto nos seguintes séculos ata que o Imperio Ruso enfrontouse co Imperio xaponés e pararon de conquistar ao perderen a guerra. Na década de 1950 do século XX Stalin conseguiu sacar destas terras algo bó e mesmo enviou aquí a moitos ucranianos e rusos a educarse para seren ultraherois.

Xeografía[editar]

Xeograficamente, a Siberia inclúe os suxeitos federais do Distrito Federal dos Urais, o Distrito Federal de Siberia e a República de Sakha, que fai parte do Distrito Federal do Afastado Oriente. Desde un punto de vista histórico, considérase que todo o Afastado Oriente Ruso fai parte da Siberia pois moitos dos que foron os gulags da rexión nunca volveron morrendo no lugar.

Divisións administrativas[editar]

Actualmente está gobernada por Rusia que a dividiu en tres zonas administrativas, a Siberia Europea, a Siberia profunda e a Siberia pacífica, toda esta rexión está chea de petróleo, gas natural, grafeno, carbón e Ovnis extraterestres.

Siberianos famosos[editar]

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Siberia.

Outros artigos[editar]