Snoopy

De Desgalipedia
Snoopy

[[Imaxe:|225px|]]

Obra Peanuts
Creador(es)
Información
Sexo Macho
Título
Familia Spike, Olaf
Cónxuxe Non
Aliados
Inimigos Manfred von Richthofen (o Barón Vermello)
Residencia


Snoopy é un cadeliño de ficción creado na imaxinación de Charles Schulz. É un dos personaxes principais máis tolos da tira cómica Peanuts. Snoopy é un can da raza beagle, aínda que non se lle pareza. Tamén existe a posibilidade de que sexa un bull terrier inglés, pero tampouco coincide con todas as particularidades. O seu amo é Charlie Brown.

Traxectoria[editar]

Snoopy cos amigos de Charlie Brown

Snoopy naceu e foi creado na facenda de cans Daisy Hill. O seu pai (o do can. Non o seu, parvo) adoitaba executar cos cans de caza, pero a secretaría corría diante e avisaba os coellos. A súa nai é famosa por comer pudim de tapioca, veu nun TriPod para visitar Snoopy e Spike, que estaba enfermo con gripe. De todos os seus irmáns (o irmán de Snoopy imbécil), Olaf foi o ultimo a ser vendido. Antes de ser vendidos, Snoopy e os seus irmáns formaban unha banda musical e un por un foron vendidos.

A dona orixinal do Snoopy era unha nena chamada Laila, que tivo que devolve-lo á Daisy Hill despois que a súa familia trasladouse a un hotel onde estaba prohibido cans. Logo do seu regreso á facenda, Snoopy foi escollido polos pais de Charlie Brown como un compañeiro para el. Charlie Brown di que os seus pais compraron Snoopy para animar lo despois que outro neno xogou area na cara, mentres eles estaban a xogar no cadro de area.

Personalidade pertubadora[editar]

Snoopy presentando sinais de loucura.

Un dos primeiros desenvolvementos da esquizofrenia de Snoopy foi a súa tendencia a durmir no tellado da súa casa, en vez de dentro dela. Despois, Snoopy pasou a andar só con dúas pernas como un humano. Isto axiña se tornou tan común que case non se notou cando Snoopy comezou a revelar unha variedade de alter egos, a personalidade máis notable é a do piloto da Primeira Guerra Mundial. Para compoñer esta faceta, el pon os seus lentes de aviador, o seu casco e voa no seu Sopwith Camel (en realidade, a súa casota), loitando contra Manfred von Richthofen (o Barón Vermello), que aparece indirectamente representado polas balas que atinxen a casota.

Snoopy tamén se fai "Joe Cool" cando pon os lentes de sol e costa na parede sen facer nada. Ten tamén unha personalidade en que é un escritor famoso (que en realidade chegou a publicar unha vez, nunha historia na que unha copia da súa obra sen nome foi escrita, mais resultou nun fracaso de vendas), un avogado (que xa defendeu Peter Rabbit), un xogador de hoquei no xelo, un patinador olímpico (patinando con Sonja Henie), o "Beagle solitario" (o primeiro can a voar só sobre o Mar Tenebroso) e tamén o primeiro astronauta a chegar á lúa. Todos casos pertubadores que psiquiatras culpan a Charlie Brown a súa neglixencia ao pequeno can.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Snoopy.

Outros artigos[editar]

Charlie Brown  · Snoopy  · Woodstock  · Linus  · Lucy  · Sally  · Schroeder  · Peppermint Patty  · Marcie  · Franklin  · Chiqueirinho  · Rerun  · Violeta  · Shermy