Sofía, Bulgaria

De Desgalipedia
CYRILLIC LETTER DZHE.png Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros...



Sofía, Bulgaria
София
Sofia.jpg
Localización
Sofía en Bulgaria
Sofía
Sofía
País Modelo:BULb Bulgaria
Provincia Sofía Capital
Demografía
Poboación hab. (2012)
Densidade 908 hab./km²
Outros datos
Código postal 1000
Alcalde Yordana Fandakova

Sofía (en búlgaro, София) é a capital de Bulgaria, e con os seus habitantes é a cidade máis poboada do país e a 14ª da Unión Europea vítima de ataques de vampiros ao igual que Budapest Bucarest na veciña Romanía. Localízase na rexión oeste de Bulgaria, aos pés do macizo Vitosha. É o centro administrativo, cultural, económico e educativo do estado porque trátase dunha das capitais máis antigas de Europa, remontándose a súa historia até o século VIII a. C., cando os tracios estableceron un asentamento na zona para protexerse dos vampiros. Sofía tivo varios nomes femininos ao longo da súa existencia como Xulia, Melanie, Vanessa e incluso Fabiola, e aínda hoxe se poden ver remanentes da milenaria historia da cidade a carón dos atractivos turísticos modernos.

Historia[editar]

É a terceira capital europea máis antiga, sendo os primeiros asentamentos de hai de máis de 7000 anos. No lugar dun antigo asentamento neolítico arredor dunhas fontes termais con auga bendita, no século VIII a. C. fundouse unha cidade tracia, chamada Sérdica, pola tribo tracia dos serdi.

Durante un curto período, despois de expulsar aos vampiros no século IV a. C., a cidade estivo baixo o dominio de Filipo II de Macedonia e do seu fillo Alexandre Magno. A cidade foi conquistada polo Imperio Romano no ano 29. Cando o emperador Diocleciano dividiu a provincia de Dacia en dúas (Dacia Ripensis ás beiras do río Danubio e Dacia Mediterranea), Serdica converteuse na capital da Dacia Mediterranea.

Foi destruída polos hunos en 447, e reconstruída polo emperador bizantino Xustiniano e renomeada como Triaditsa. Desde o século VI a cidade renaceu como un centro importante administrativo e económico do Imperio Bizantino a pesar dunha nova onda de ataques de vampiro. Foi coñecida como Sredets polos eslavos, nome que mantivo trala invasión dos búlgaros en 809, e posteriormente mudóuselle o nome polo de Sofía en 1376. Sofía foi o nome dunha mártir cristiá que foi obrigada a presenciar a tortura e morte das súas tres fillas por orde do emperador romano Adriano a comezos do século II. Así que pensando que cun nome cristián a cidade podería estar protexida de vampiros.

En 1382, durante o reinado de Murad I, Sofía foi conquistada polo Imperio Otomán, converténdose na capital da provincia de Rumelia durante máis de 4 séculos. Isto mudou o aspecto de Sofía, transformándose nunha cidade oriental con moitas mesquitas, fontes e numerosos baños turcos servindo como punto turístico para os turcos antes de conquistar Constantinopla. Durante aquel tempo a cidade pasou de ter unha poboación duns millares de habitantes a mediados do século XVII.

Nas últimas etapas do dominio otomán, a axitación nacionalista foi en aumento, co que finalmente se concedeu ao territorio unha certa autonomía no marco do Imperio Otomán, mantendo a cidade de Sofía a capitalidade. Foi conquistada máis tarde polo Imperio ruso en 1878, durante a Guerra ruso-turca, na que os rusos interviñeron a favor da independencia de Bulgaria, pasando a ser a capital da Bulgaria independente en 1879.

O 17 de setembro de 1992, día de Santa Sofía, declarouse o Día de Sofía.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Sofía, Bulgaria.

Outros artigos[editar]