Star Trek

De Desgalipedia
O tipico saúdo desta serie... ou non?

Star Trek é unha serie de televisión de ficción científica (con máis de 9000 episodios en total), dez películas, centos de novelas, videoxogos e outras obras de ficción sobre uns exploradores que buscan desesperadamente materias primas, sexo, drogas e combustibles xa que acabaron con todo iso no planeta Terra nos anos 60.

Historia[editar]

Star Trek foi plaxiado por un ianqui aos soviéticos irmáns Arcadi e Boris Strugastki, pero con mais sexo interracial e chistes de humor negro.

Comeza no século XXIII, os humanos grazas ao comunismo deixaron atrás as guerras e demais diferencias (tras un período ao 1984 de Orwell) e uníronse a outras formas de vida humanoides na Federación de Planetas Unidos, extendendo a civilización e o progreso por mais da metade da Vía Láctea. Nembargantes o mando da Flota Estelar quere saber que perigos potenciais hai mais alá do Cinto de Kuiper e da nube de Breogán, polo que envían as tres carabelas de Cristobo Colón a explorar o universo na dirección Sur-Suroeste con 14" de inclinación no espazo exterior e 300% de sudoración ao aproximarse a Alpha Centauri.

Razas[editar]

Amigos
  • Vulcanianos.
  • Klingon.
  • Ferengi: a veces amigos a veces non.
  • Baku: provintes do planeta Azerbaixán
  • Bolígrafos.
  • Betazoides.
  • Baxoranos.
  • Denoburanos.
  • Edos: unha especie de Cregos vestidos ao matrix.
  • Metamorfos.
  • Transformios: humanoides transexuais.
  • Andorianos: provintes do planeta Andorra.
  • Oriananos: son de cor verde,excepto a súa líder Oriana Méndez
  • Romanos
  • Risianos: especie de cubanos sonseros.
  • Tribolianos: especie que só vive pra comer e foder.
  • Veganos: si! xa me parecía a min que iso de comer só herbas era propio de extraterrestres!
Inimigos
  • Colectivo Borgh: ciborgs que tentan civilizar ao resto de culturas, algo así cpmo imperialistas europeos.
  • Romulanos.
  • Kardasianos: reptiles da familia Kardasian que tentan implantar a paz mediante as súas voluptuosas curvas militaristas.
  • Especie 8472: uns alins en toda regla.
  • Trills: humanoides cun gusano dentro co que conviven en armonía e se dan sexo mutuamente.

Franquicias[editar]

  • Star Trek película do 2009: O capitán Kirk rompe co seu mozo e vaise co Señor Spock, isto provoca unha hecatombe cósmica xa que o ex de Kirk faise pasar por Hitler e obtén a bomba atómica.
  • Star Trek H.M.S. pinaforte: Star Trek no século XIX no planeta Terra e pinando forte tal como seu título indica, os mariñeiros da Enterprise gobernan un clipper de guera do Imperio Británico ao mando dun capitán gabacho (¿WTF?) pasan por toda a costa do Océano Pacífico bebendo ron, violando nativas de Oceanía, secuestrando indíxenas para levalos como man de obra semiescrava a Australia, etc.
  • Star Trek enterprise: precuela da serie orixinal dos 60. O tataravó de Kirk liá a pardísima cando os humanos están en negociacións cos vulcanianos e os klingons, mentres o protagonista tenta ligarse a TPol.
  • Star Trek Voyager: nesta ocasión unha muller goberna a nave protagonista, debido a iso é mais tolerante e acaba metendo na tripulación a uns rebeldes e sumandolles a unha borg a eles, o malo son os sermóns que soltan cada dous por tres. Nun dos seus viaxes pérdense e baten coa sonda Voyager, nela descubren que o disco de ouro en realidade ten grabadas pelis porno con moito pelo e que iso provocou un malentendido cos romulanos.
  • Star Trek DS9: o capitán Feito von Cisco debe viaxar un perigoso buraco de gusano a través do cal pode aparecer un gusano radioactivo xigante e paparse toda a vía láctea igual que unha folla de ensalada, asi que a serie é sobre un posto aduaneiro no que todo o mundo pasa por ali e deixa algo.
  • Star Trek, nova xeración: o capitán Jean-Luc Godard goberna a nave Enterprise D, que en vez dunha nave militar semella un furancho; para decentar o lugar hai una robot humanoide paliducho chamado Data e un tataraneto de Kunta Kinte na sala de máquinas, ou sexa o fogoneiro... que malvados estos iankis! que é cegato e caba metendo katións nos depósitos de antimateria dos motores (Claro ó ser cego trabucouse) provocando un buraco de gusano enooooooorme.
  • Star Trek, a serie orixinal: un puñado de iankis cunha muller negra, un ruso marica e un vulcano son lanzados aos espazo exterior para ir a ver se atopan especias, ouro, man de obra escrava, e algún que outro goberno ao cal chantaxear a cambio de toneladas de hidróxeno e antimateria, que son os combustibles do futuro.

Películas[editar]

No. Título Ano Tripulación Director
I The Motion Picture 1979 Serie orixinal Robert Wise
II The Wrath of Khan 1982 Serie orixinal Nicholas Meyer
III The Search for Spock 1984 Serie orixinal Leonard Nimoy
IV The Voyage Home 1986 Serie orixinal Leonard Nimoy
V The Final Frontier 1989 Serie orixinal William Shatner
VI The Undiscovered Country 1991 Serie orixinal Nicholas Meyer
VII Generations 1994 Serie orixinal e a nova xeración David Carson
VIII First Contact 1996 A nova xeración Jonathan Frakes
IX Insurrection 1998 A nova xeración Jonathan Frakes
X Nemesis 2002 A nova xeración Stuart Baird
XI Star Trek 2009 Serie orixinal (novos actores) J. J. Abrams
XII Into Darkness 2013 Serie orixinal (novos actores) J. J. Abrams

Sabías que...?[editar]

  • ... os motores da Enterprise funcionana con Hidróxeno e antimateria para provocar reaacións moleculares que permiten explotar raios gamma que conducidos fan propulasar á nave?
  • ... se utilizas o teletransportador sen coidado pode meterseche unha mosca canda ti nel e logo apareces medio mosca e humano no lugar elexido? Xa houbo casos como este.
  • ... os escudos basados en campos electromagnéticos só fan que os misí enviados contra ela se desvíen e por iso se atacan toda a flota estelar acabaría desfeita polos misís desviados da nave compañeira?
  • ... a maleta do Dr. Mackoy está chea de drogas recreativas e ambrosía?
  • ... o sintetizador de comida en realidade recicla unha e outra vez as defecacións dos tripulantes?
  • ... o láser dispara mocos radiactivos e non láser?

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]