Subvención

De Desgalipedia
O poder das usbvencións pode levarte polo bó camiño...

Unha subvención é un monllo de cartos que nace en Bruxelas para ir morrer en pedaciños nalgunha obra pública, peto do constructor, labrego que tenta vivir do campo e lle paguen o que é seu, o peto dalgún concelleiro, o peto dalgún alcalde, o peto dalgún secretario xeral, etc.

Unha subvención é un regalo de cartos do Estado a un particular, todo a cambio de servizos sexuais offcourse! Benito Mussolini decía non gustar delas e que si a autarchia e demais, pero ben que daba subvencións a seus amiguiños para encher as prazas públicas con trigo ou ós colonos italianos en Etiopía.

Este sistema de financiación serve para calquera campo, desde a cultura ata a economía, dende o CGAC ata a factoría de PSA Citroën, está TODO subvencionado e así os políticos poden cortar a liberdade de expresión de calquera xornal só con non darlle nin unha subvención (ou non porlle publicidade institucional), afundir empresas que non lle paguen o imposto revolucionario institucional, ter suxeitos a membros do seu propio partido para que sigan votando por él (ou seu fillo).

Con este réxime económico sacouse da pobreza a Galicia... bueno, eso é o que din os libros. As subvencións serviron para mudar o aspecto da Galicia profunda convertíndoa a nun país europeo con autoestradas, rural con casas mais bonitas (en principio feitas para promocionar o turismo rural pero usadas polo pobo para arranxar a súa casa e logo non atraer turismo mentres enganaban decindo que tiñan as casas cheas deles) nembargantes a pouca industria que había foise ao carallo (reconversión industrial, peche de estaleiros estatais, esixencias para que non se pescase tanto, Cuota láctea, desmantelamento industriala cambio dunha présa de cartos pro mediación dos políticos) e mudouse a economía galega capitalista por unha consumista baseada no sector turístico.

Sabías que...?[editar]

  • ... meu veciño restaurou o castelo de Maceda con subvencións e logo viviu nel un feixe de anos e sempre decía que o tiña ocupadísimo de turistas e o aparcadoiro sempre baleiro?
  • ... para obter unha subvención debes falar co alcalde e tras darlle algo xunto xa a tes no peto?
  • ... meu veciño conseguiu financiación en cartos negros ou B traendo turistas sen IVE á casa restaurada coas subvencións?
  • ... hai provincias enteiras subxugadas a unha soa persoa co control sobre as subvencións?
  • ... meu veciño alcalde obtivo unha subvención para poñer unha depuradora de augas para o concello e ao final ésa máquina nunca se viu pero meu veciño merceouse un iate en Baiona?
  • ... teu pai grazas a información confidencial obtivo unha subvención para unha granxa de gamusinos?
  • ... non sei quen alimenta ás subvencións para que sigan existindo?
  • ... o partido político de meu veciño obtivo subvencións para financiar cursos en locais do seu sindicato e logo os repartiu entre a xerarquía?
  • ... o goberno central subvenciona ós sindicatos maioritaios e a cambio éstes dinlle sí a todo? En breve serán desmantelados os sindicatos amarelos... total xa fan seu servivio os outros...
  • ... se subvenciona o bus urbán a pesares de non ter competencia nin baixas de facturación pero SEMPRE sube o prezo dos seus billetes??????
  • ... os liberales odian cousas como subvención e subsidio porque din que afectan negativamente ao mercado pero logo ven que as papan? Sobre todo se van parar ás súas empresas!
  • ... meu veciño... bueno, eu, teño usado subvencións para aumentar o meu poderío militar e así chegar a ser amo do mundo? MUAHAHAHAHAHAH!!!!!!
  • ... podes fundar unha relixión (abonda con tres persoas, secretario, presidente e tesoureiro) e recibir subvencións?