Tío

De Desgalipedia
Tío

[[Imaxe:|225px|]]

Obra Familia
Creador(es) Os teus avós.
Información
Sexo
Título
Familia Avós, curmáns
Cónxuxe Tía
Aliados {{{aliados}}}
Inimigos {{{inimigos}}}
Residencia Casa


Tío é o irmán de teu pai pou túa nai, aínda que moitas veces penses que deberías ser fillo deles e non nacer nesa choupana onde te criaron teus pais.

Caracteristicas[editar]

Segundo o sagrado libro inspirado por unha soneca nun bordel, o Corán admite a figura de tío como segundo pai sen necesidade de estar carnalmente coa túa nai e non intervir na túa xeración (excepto no caso de Hamlet que Álvaro Cunqueiro descubriu que en realidade Hamlet acaba matando a seu pai biolóxico). Nembargantes sabemos que os suevos daban o seu segundo fillo aos seus irmáns e así ti poderías estar a criarte coas túas curmás en vez de co parvo de teu irmán e facerte un home antes dos 30 anos?

A mediados da Idade Media e debido a problemas nas herdanzas dos liñaxes surxe a figura lendaria do tío que lle saca a herdanza ao sobriño que debía tela, como en Prince of Persia, pero ése é un tipo de tío da elite social e en realidade teui tío só pensa no ben común cando che saca as terras e o capital que era para ti, sabe que és un paspán e o ías dilapidar todo en drogas!

Nas culturas futuras o tío cría aos fillos da súa irmá debido a que sempre sabemos que o cuñado é un parvo e non queremos sobriños mais parvos e iso leva a que o Imperio Terrícola avance por toda a galaxia en vez de pelexarnos entre nós. No pasado os fillos eran criaados polos pais e iso xeraba moitos problemas antes e despois de mortos e así pasou o que pasou e civilizacións enteiras fóronse ó carallo por mor diso.

Tipos de tío[editar]

  • Tío molón: ése que pensas que debeu ser teu pai e non teu tío.
  • Tío pasota: o novo mozo da túa tía que é un ser inferior ao tío anterior.
  • Tío facha: das grazas a Deus por que non foi teu pai.
  • Cuñado: é o tío de teus fillos.
  • Tío político: ése que ven dunha familia de xitanos.
  • Tío carnal: sabes que en realidade é teu pai biolóxico?

Tíos famosos[editar]

  • Claudio: tio/pai de Hamlet, un edípico en toda regra.
  • Nizam: tío do Prince of Persia.
  • Creonte: tío da parva de Antígona.
  • Tío Xilito:
  • Pato Donald:

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Tío.

Outros artigos[editar]