Televisión Española

De Desgalipedia
(Redirixido desde "TVE")
TVE
150px
Logo da TVE.
Inicio das emisións 28 de outubro de 1956
Propiedade de RTVE
Slogan Parte de ti
País Banderaespaña.png España
Lingua español
Área de emisión España, mundial
Sede central Pozuelo de Alarcón, Madrid
Canal/is irmán(s) La 1
La 2
Clan
Canal 24h
Teledeporte
TVE HD
Servizo en diferido TVE Internacional
Páxina web Páxina web da RTVE
Dispoñibilidade
Terrestre
TDT
Satélite
TVE Internacional

A Televisión Española ou TVE ou A primera ou La 1 é un horrible e sutilísimo instrumento de tortura da Inquisición española.

Historia[editar]

TVE foi fundada nos grises anos 50 cando o Ministerio do Amor do ESPAFACH (inimiga acérrima do INGSOC) tivo a gran idea de comerlle o tarro aos españois mediante o invento da Televisión, xa que descubriran que o NO-DO, que botaban nos cines, a xente non o vía porque ían tarde a propósito para non velo. A primeira emisión saíu o ministro do ramo dicindo:

Cita1.png Hoxe, domingo, día do deus sol, facemos este sacrifico humano de doce rapazas virxes para que a TVE saía duradeira e bonita. Cita2.png
Ministerio do Amor do ESPAFACH.

Logo bendeciuse o lugar en nome de Santa Xema, patroa destas movidas xunto a Santa Clara; seguido dunha demostración de break-dance dos "coros y danzas" e dun concerto de piano bar cantando Ana Obregón "Suspiros de kaña". Logo viñeron os malditos anuncios publicitarios, o primeiro foi de tabaco ianqui... mentres interviña o grupo "Los holandeses voladores comen franco franco franco". Desde entón TVE permaneceu nesa liña de obediencia á autoridade pero habería que esperar a que a espichase Francthulhu para que TVE fose en color, pero tranquilos! As floclóricas xa andaban anos antes enseñando cacho en TVE mentres Narciso Ibáñez Serrador dirixía documentais sobre a familia Addams.

Programas míticos da TVE[editar]

  • O parte: telexornal onde varios presnetadores trajeaos tentan convencernos de que CeCeOO son uns antipatrias e que as armas de destrucción masiva están na torre de Babel.
  • Informe semanal: programa de humor e sátira sobre as noticias de toda a semana pero con reportaxes concentrados e un opening de Vangelis.
  • Cruz y Raya: programa filosófico sobre personaxes de candente actualidade e modos de vida tradicional que están desaparecendo.
  • 1,2,3: concurso sobre habilidades extrasensoriais.
  • La edad de oro: programa musical sobre artistas do momento que aparecen todos drogados dicindo cousas politicamente correctas.
  • No te rías que es peor: concurso no que as persoas debían aguantar andanas de chistes.
  • La bola de cristal: onde Alaska manipulaba mentalmente á mocidade.
  • ¿Que apostamos?: concurso sobre ludópatas presentado por Ramón García e Ana Obregón, logo digievolucionou creándose "El gran Prix" con copresentadoras en panos menores e vaquillas... todo moi español.
  • Curro Jiménez: aventuras dun andalú na Guerra de Independencia española, onde trataba de inculcar amor á patria, amor ó inimigo e neopaganismo ós televidentes.
  • O Circo de TVE: con Fofó, Fofito, Miliki e o Fuch fuch fuch!!!!
  • As aventuras da hada rebeca: unha hada lisérxica trata de que unhumano se namore dela.
  • Crónicas de un pueblo: programa pseudodocumental sobre as orxías no rural.
  • Mas allá: Onde Jiménez del Oso tentaba facernos crer que o capitolio de Washington ou o Big Ben de Londres foran feitos por extraterrestres!!!
  • Historias para no dormir: serie documental sobre a familia Addams e outras historias que logo copiaron os americanos para facer Contos desde a cripta!!!
  • Operación Triunfo: onde os neoliberais conseguen facer de tódalas universidades escolas "útiles" para as empresas, de tal forma que agora as FP duran anos como as carreiras! De aquí saíron monstros como Bisbal, Rosa d'Espagne, e outros repeinados que xa ninguén lembra (excepto nas galas de Fin de ano e Nadal)
  • Mira quen baila: concurso onde famosos bailan con exóticas mamasitas, logo os da secta o copiaron facendo "Tu cara me suena."
  • Cuéntame como pasó: serie sobre unha familia a través da cal vemos como os españois pasan de gozar no Fraquismo a tremer de ansiedade na Transición e logo nos seguintes anos. No 2020 a serie chegou ao mesmísimo ano 2020 e foi pechada polo goberno autoritario do PP de turno.
  • Cine de barrio: programa moderno sobre cine da última fornada, o presentador Parada explícanos xunto a seu mozo pianista todas as anécdotas picantonas das películas que van a botar, durante esta emisión é cada debes mirar fixamente á rapaza que teñas a teu lado e fodela! Logo da película (que sempre é de Marisol, Paco Martínez Soria, Raphael ou algunha estrela Pop española en caída libre á tumba) José Luis Parada conversa con algúns dos protagonistas do filme, e cando logo presentouno Carmen Sevilla e xa perdeu caché porque onde estea un pianista vestido de branco que se saque todo o mundo!
  • En la tuya o en la mía: programa moi serio onde Bertín Osborne invita á seu palacete a personalidades españolas da política, cultura, vida loca loca loca, da física cuántica, etc
  • Objetivo Eurovisión: varios cantantes tentan convencernos que que os enviemos a Eurovisión, tralo chiste do Chiki-Chiki o estado español xa non confía nos españois e non deixa que o respetable público envíe a quen el elixe a Eurovisión.
  • Amigas y conocidas: varias mulleres xúntanse para darlle á língua co fin de establecer un punto racional de partida nun debate animoso que remata con todas elas tirándose dos pelso tetando de amosar ás outras que o punto de vista Heideggeriano é superior ao de Nietzsche.
  • Verano azul: mitiquísima serie sobre adolescentes españois dos anos 70, onde se drogan, fan orxías, vandalismo, falan sobre Gran Irmán, conducen como tolos... ao final morre Chanquete debido a unha inxesta masiva de alcol feito na casa e Pancho suicídase tras ver que seu amor homosexual xa non está alí e tócalle quedar a pasar o inverno aburrido no porto sen o seu capitán Haddock!
  • Tour de Francia: onde Kraftwerk impulsa ao sempieterno Miguel Induráin ás esferas mediante beats a 666 revolucións.
  • Los Lunnis: programa cunha intro satánica.
  • Isabel: serie sobre Sabela I de Castela, raíña que inventou o imperialismo, descubriu América e cristianizou a todo diós... o que nesta serie se esquecen é que... envelenou a todos os maridos que seu pai lle buscaba, matou a seu irmán pra quedarse co trono, empezou unha guerra civil pra quedarse co trono, fundou o I Reich español e deixou que seu marido enemistase a España con Francia para sempre.
Carlos V asustando.jpg
  • Carlos: serie sobre a vida de Carlos I de España e V de Alemaña, actores malísimos e acción trepindantísima.
  • Follar en tiempos revueltos: serie na que Franco na posguerra tentando pillar cacho despois de que os ianquis lle mandaran pechar todos os puticlubs españois.
  • Ministerio del tiempo: onde un equipo de actores sobreactuando tenta deter a un grupo de xornalistas que descubren o destino de miles de millóns de euros que pensaban que era para sobornos e demais corrupción e descobren que é para ter un túnel do tempo en marcha.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Televisión Española.

Outros artigos[editar]

Modelo:Canles de televisión nacionais de Europa