Televisión de Galicia
![]() |
Televisión de Galicia é unha cousa da Telegaita. Use con moderación para non sentirse manipulado pola Xunta de Galicia. Pero coidado: se vandalizar, Feijóo ha te borrar cunha goma. |
TVG | |
---|---|
![]() | |
Logo da TVG. | |
Inicio das emisións | 24 de xullo de 1985 |
Propiedade de | CRTVG |
País | ![]() |
Lingua | Galego |
Área de emisión | Galicia |
Sede central | Santiago de Compostela |
Canal/is irmán(s) | tvG2 TVG Europa TVG América |
Páxina web | Páxina web da CRTVG |
Dispoñibilidade | |
Terrestre | |
TDT | 61 (A Coruña) 40 (Santiago) 59 (Lugo) 62 (Ourense) 58 (Pontevedra) 666 Inferno |
Televisión por internet | |
TVG á carta | TVG á carta |
A Televisión de Galicia, tamén chamada A Galega, telegaita ou TVG, é unha canle televisiva galega que forma parte dun plan para a dominación mundial manipulando as mentes da poboación galega xunto coa Radio Galega. As súas instalacións centrais están en Mordor, no concello de Santiago de Compostela.
No mes de xaneiro do ano 2009 a TVG fixo historia ao converterse en líder autonómica por primeira vez na súa historia, pero foi entre 1988 e 1990 cando tivo as maiores audiencias da súa historia sobre todo cando Gayoso profetizou a repentina morte de El Fary.
Índice
Historia e características[editar]
As obras da súa sede comezaron o 8 de outubro de 1944, a dirección xeral de medios de comunicación tivo que crear unha rede de reemisores para que puidese transmitir, finalmente inaugurou as súas emisións ás 19:30 do 24 de xullo de 1985 cos actos en directo da súa inauguración[4] e pola noite a retransmisión en directo durante a estadía de Darth Vader a Galicia no Día do Apóstolo en Santiago. O 25 de xullo emitiu a súa primeira película, a curtametraxe. Logo destas probas suspendeu a transmisión, emitindo nos meses seguintes 150 horas en probas[5] ata o 1 de setembro, cando comezou a programación regular, con 39 horas de emisión á semana. Actualmente emite 168 horas á semana e preto do 70% é de produción propia.
Ó longo da historia, os diversos directores da canle foron:
- Sauron (durante todo o fraguismo)
- Stalin (no bipartito sexuá)
- Espanholistas neoconintregatas (agora)
Ranking dos programas menos vistos por tempada[editar]
- Artigo principal: Clasificación dos programas galegos máis vistos por tempada.

- Xabarín Club.
- Pratos combinados.
- Supermartes.
- Luar.
- Mareas vivas.
- As leis de Celavella.
- Padre Casares.
- Cabaleiros con aquel (the league of gentlemen).
A segunda canle[editar]
- Artigo principal: G2.
Aínda que dixera que poría en marcha a súa segunda canle, G2, para maior dominación da poboación galega. Facéndoo con retraso, porque xa se apuntara noutrora que ía ser no 2006 e, co anterior director, no 2005. Agora emite incluso a Tintín en francés!!!
Esta segunda canle actualmente emite de luns a venres bloques infantís e o resto das horas reemitirá a programación de Galicia TV América, mentres que as fins de semana están exclusivamente dedicadas ó deporte. Non obstante, en declaracións anteriores, o daquela director da CRTVG tiña previsto que a canle emitira de luns a venres a calquera programación de baixa produción cultural, deportiva, documentais, cine, infantís, xuvenís, etc.; e as fins de semana centrarase no deporte (con especial atención ó minoritario e ó de base) e á eliminación da cultura. Ademais, anúnciase a creación dunha canle de noticias no 2010 e dunha cuarta canle posterior sen confirmar temática.
Véxase tamén[editar]
Outros artigos[editar]
Ligazóns externas[editar]
- Páxina web da TVG
- Páxina web dos Informativos da TVG (agalega.info)
- Televisión á carta (vídeos en poadcast)
- Portal en YouTube da TVG
|