Tabarnia

De Desgalipedia
Cita1.pngO noso voto vale 3 e 4 veces menos respecto de Girona e de Lleida, as dúas provincias rurais onde os independentistas gañaron o 21 de decembroCita2.png
Españolista sobre Tabarnia.
Cita1.pngCataluña está composta por dúas zonas claramente diferenciadas dos puntos de vista económico, lingüístico, identitario, poboacional e social. Un partido independentista e outro, entre outras cousas, constitucionalista (Tabarnia).Cita2.png
Cita1.pngCatalanitzem Tabàrnia annexionant territoris catalans a la Rep. CatalanaCita2.png
— sobre Tabarnia
Cita1.pngDado que en España existe un bar, taberna, pousada, traballo ou pub por cada 175 habitantes, o Parlamento español por unanimidade, decidiu cambiar o nome do Reino de España, polo nome de Reino de Tavarnia. Esta será a partir de agora a súa bandeira oficial.Cita2.png

Tabarnia é unha proposta dunha nova autonomía españolistaunionista creada en 2015 pola entidade Barcelona is not Catalonia, organización contraria á independencia de Cataluña que propón a creación dunha autonomía que estaría conformada por unha parte das provincias de Barcelona e Tarragona.

Historia[editar]

Mofándose dos argumentos dos separatistas cataláns e usar mesmo o seu propio mapa, o texto afirma que Tabarnia, o neoloxismo de Tarragona e Barcelona, as dúas cidades principais desta zona na costa catalá "é unha rexión que difire en moitos aspectos do resto da comunidade autónoma á que pertence. Esixen o dereito a decidir se queremos ou non formar unha nova autonomía española que os illará da ameaza da independencia, facendo eco do "dereito de decisión" esixido polos cataláns que esixen un referendo sobre autodeterminación.

Burlándose dos argumentos históricos dos nacionalistas, a petición pon un exemplo a Madrid, vinculada históricamente a Castilla e agora comunidade autónoma, que se converteu nun dos motores de España.

Características[editar]

Aproximadamente, o territorio actual reclamado por Tabarnia coincide históricamente co antigo condado de Barcelona, entidade medieval que se enmarca nos antigos condados de Cataluña.

A proposta para a creación dunha nova autonomía estaría baseado no artigo 143 da Constitución española de 1978 e partir dos datos das eleccións catalás celebradas en decembro de 2017, nesta rexión ficticia o independentismo catalán superaría o 50% dos votos as comarcas de Moianès, o Alt Penedès, o Alt Camp, o Bages, a Selva, o Maresme e a Anoia e superaría en votos (sen acadar o 50% do total) fronte aos partidos unionistas no Baix Camp, o Vallès Oriental e na cidade de Barcelona. Por outra banda, os partidos do bloque unionista superaría o 50% de votos no Tarragonès (incluída Tarragona capital), o Baix Penedès e o Baix Llobregat.