Teatro

De Desgalipedia
Quen dixo que o teatro era a irmá pobre do cine?.

O Teatro é un método para purificar almas e así poder chegar ao ceo, foi inventado polos chamáns para curar dioptrías, catarros, homosexualidade, cancros, vicios e outros pecados que podían levar á sociedade cara o seu fin tráxico. Algúns pensan que é un xogo de rol no que o master é o factotum, incluso dos diálogos de teu Pj.

Forma parte da Táboa de elementos escénicos, designado coas letras TH de peso atómico 666 (según os calvinistas este arte é cousa do Demo e por iso sempre hai tías en pelotingas no cenário) valencia 69 (ves? cousa suxa ésto do teatrón) 616 como enerxía de ionización (o Anticristo desta vez!!) de configuración electrónica (AR) 3d 2sx (Sx!! abreviatura de Sexo!!) Estados de oxidación + 6 + 6 + 6 - 6 - 6 - 6 e de electronegatividade 88 (o número de Hitler!!).

Historia do teatro[editar]

O teatro sempre se levou ben coa relixión... ata que veu a Burguesía revolucionaria!

Todo comezou cando Durc (un neandertocromañón) tivo que buscar unha explicación crible para a súa nai Aila, que o pillara facéndose unha palla e o pequeno mulato de cromagnon e neanderthal comezou a montar unha ficción histórica diante do seu público; ao ver o macrobio que o asunto funcionaba probou a facer o mesmo diante de outras humanas mais apetecibles converténdose no primeiro playboy da historia, cando foi para vello Durc xa non tiña tanta ganas de andar co mete saca así que inventou a relixión para vivir sen traballar montando unha cosmogonía a base de cancións, danza e historias con varios persoaxes.

O teatro saltou de África ao resto do mundo trala desglaciación, na Atlántida convertiuse en profesional e contaban unhas historias macanudas sobre deuses e seus líos de faldas con inmortais e mortais, tralo Diluvio universal Noé emborrachouse e comezou a facer teatro espíndose para amosar o terrible abandono no que estaba o ser humano fronte ós desastres naturais pero seu fillo Cam (o malote da familia) riuse del e foi escribir un artigo na Frikipedia, razón pola que foi castigado enviado a Exipto onde tivo que buscarase a vida facendo de actor ambulante nas semanas santas exipcias facendo do merdeiro Seth e sendo apedreado por iso cada día. Mentres en China chegaran a un nivel de civilización tal que en vez de escnificar a relixión escenificaban poemas e co tempo acabaron por deixar de lado o texto pola música e os chimpos marciais. En Babilonia non fixeron teatro ningún xa que tiñan os cómics sobre Gilgamesh e ás putas de ambos sexos e na India o teatro mesturouse coa danza e o canto inventado a ópera, pero en Grecia o goberno autoritario e demócrata promocionou o teatro para colonizar culturalmente ao mundo e así saír ben nos libros de historia per secula seculorum ramén! grazas a nazis como Aristófanes. No Imperio Romano o teatro converteuse na mellor escola para as putas e alí aprendían a finxir orgasmos.

Na Idade Media o teatro seguiu cos seus efectos especiais, os actores vendíanse ao mainstream católico e escenificaban vidas de santos, mentres que os maias facían teatro sobre machotes e dramas de alta política mentres os Incas teatralizaban a vida de Manco Cápac.

En Europa tardaron de saír do seu pailanismo uns cantos séculos mais e cando o fixeron na Idade Moderna puxéronse a copiar obras de teatro grecoromanas, pero o pobo pasaba desas tonterías e prefería seguir escoitando cantigas de maldizer ou ver Comedia Dell'arte. En Inglaterra os protestantes comezaron a súa política de homosexualizar á poboación mediante o uso de homes nos papeis de muller e así confundir ao público, surxiu un só autor famoso Christopher Marlowe (que logo ficcionou a súa morte e foi coñecido como William Shakespeare). No Reino de España o teatro fíxose mais famoso co fútbol porque preferían ver homes e muleres xuntos antes ca homes en calzóns detrás dunha pelota, houbo grandes escritores (Como Lope de Vega e Cervantes) pero o resto da poboación andaba miserable a pesares do ouro roubado das Américas. No seguintes séculos o teatro foi perdendo espectadores xa que os gabachos puxeron de moda o teatro clasicista e era mais infumable que H. P. Lovecraft posto de ácido polo que a intelligentsia e outros snobs o abandoaron en favor da Ópera.

Na Idade Contemporánea a burguesía deu un golpe de estado en Europa e fíxose co control planetario grazas ao imperialismo, Richard Wagner manipulou sexualmente a Luís II de Baviera e conseguiu que lle fixera un novo tipo de teatro que logo se copiou por todo o mundo pequenoburgués, nesta época e debido ao capitalismo o teatro sufre importantes transformacións grazas a xigantes como Constantin Stanislawski manipulando actores, dramaturgos que comezan a darlle ós estupefacientes e pasan do romanticismo ao naturalismo para seguir polo gilipollismo e ramatar no dadaísmo, Max Reinhardt inventando efectos especiais e logo o teatro canflauta.

Elementos do teatro[editar]

¿Qué é a vida? Un frenesí. ¿Qué é a vida? Unha ilusión. Unha sombra, unha ficción, e o maior ben é pequeno; que toda a vida é sueño,e os sueños, sueños son.
  • Actrices e actores: persoas pasadas de rosca que se suben a un escenario e comezan a comportarse como outra persoa, soen declamar con voz lacrimosa monólogos sobre filosofía non euclidiana e vestir de forma periférica.
  • Público: humanos que están trala cuarat parede flipando co que fan os [email protected]

O resto de elementos só serven para inflar o presuposto, porque xa se sabe que sempre hai algún público que non entende nada aínda que lle fales en cristiano:

  • Texto: feixe de folios onde veñen cousas raras como esta:
Cita1.png

- Vladimir: ¡Qué !Marchamos?
- Estragón: sí, vámonos.
Non se moven.

Cita2.png
{{{2}}}
  • Escenografía: cartóns pintados según as necesidades da historia, representan fragas, mar,pazos,covas,cantís,serrallos,cuarteis,etc
  • Vestiario: si vas vestido de romano por favor non leves o teu reloxo de pulseira á vista.
  • Nenos e cabalos: si queres ter éxito na túa representación debes ter un destes no escenario.

Tipos de teatro[editar]

O teatro chega a experimentar con cousas ben raras.
  • Teatro da crueldade: estilo que busca impactarte e fenderche a cebza deixándote traumatizado.
  • Traxedia: morre ata o apuntador.
  • Pastoral: trata sobre pastores culturetas na Galicia profunda.
  • Teatro grego: escalintas nunha ladeira e na chaira dous actores e un coro detrás facendo comentarios ferintes.
  • Teatro de variedades: como o Luar de Xosé Ramón Gayoso.
  • Comedia: chistes a tutiplén, aquí Ti podes morrer de risa.
  • Traxicomedia: morren todos pero hai moitos chiestes polo medio e mesmo morren de forma graciosa.
  • Farsa: ao mellor acaba como unha traxedia pero son comedias breves de relacións interpersoais moi usadas nas series españolas de televisión.
  • Auto sacramental: representación de misterios de Eleusis e órficos.
  • Entremés: obra superbreve cómica (a mais famosa é "os nobres son mariquitas").
  • Soliloquio: un só persoaxe falando dando a tabarra sobre as súas perversión sexuais ou falando sobre cómo lla chupaba a Franz Kafka.
  • Comedia dell'arte: teatro italiano renacentista que só usa estereotipos (vello roñón, capitano machote, namorados guapos e mozos) con argumentos baseados nas interralacións entre eles.
  • Teatro negro: úsase fonos negros, luz negra, actores negros e textos negros, propio da República Checa.
  • Noh: teatro do Xapón, todas dramáticas perdidiñas e incluso saen demos.
  • Musical: é case unha ópera pero falan sen cantar moito tempo, aparte de que danzan como si lles meteran un cilcotrón no anus.
  • TdO: teatro do oprimido, para lutar contra estruturas opresoras, inventado no Brasil.

Teatro en Galicia[editar]

O teatro intersecular abusou da temática paisana.

Os mosteiros foron os que traeon o teatro aquí para dogmatizar á poboación mediante representacións de Bollywood nos atrios das igrexas, na Idade Moderna escribíronse varias obras, como o "Entremés da pesca do Miño" pero habería que agardar ata o século burgués romanticista para facer obras enteiras en lingua galega cando o Capitán Araña escribiu as súas obras e comezouse unha producción en serio.

No período intersecular o teatro en galego vóltase algo mais minoritario e con novas temáticas como a da denuncia social dos caciques e da emigración, as represenacións eran feitas polos coros populares que seguirán facendo das súas mesmo no franquismo ao non anunciar o nome do autor e así salvarse dunha malleira de Falange Española ou Galicia Bilingüe. A partires dos 60 co aperturismo agroman asociacións culturales que traballan textos e fan representacións conseguindo profesionalizarse nos 80-90 mentres seguen formas de teatro popular como o Barriga verde, mentres que se funda o teatro institucional aínda que a maioría do tatro galego é amateur e vangardista popular.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Teatro.
UnCommons
UnCommons ten máis contidos multimedia sobre:

Outros artigos[editar]