Televisión

De Desgalipedia
Aparello de televisión do ano 1948.
Televisión critica.jpg
Tv icono.png
A Televisión, ou Tele, é un obxecto máxico inventado polo Demo por encargo de Deus Pai. O aparello en sí non é perxudicial (excepto polos Raios Católicos que che lanza) pero sí o que che amosa, por iso o Estado está tan preocupado dela e tenta subornala ou botala abaixo.

Cómo funciona[editar]

TV para españolistas.

A Televisión é un aparello máxico que funciona mediante enerxía termonuclear, por iso é tan perigoso estar diante dela moito tempo, durante séculos tivo un formato cadrado ata que veu a revolución dixital e a aplanou convertíndoa a un cadro de Balthus. No seu interior están presos miles de persoas, paisaxes e animais e son obrigados a facer o paiaso diante túa cada vez que encendes o a tele mediante calambrazos. Algúns faino mellor que outros pero por moito que lles envíes ataques eléctricos mediante o mando a distancia seguirán sendo igual de incompenetes e casposos así que deixa de tentalo e abandoa a Telecinco!

Historia[editar]

Televisión analóxiKKa[editar]

Prefiro TV a preas.jpg

A televisión analóxica é un tubo de vidro que contén os temibles e inquisidores raios católicos, éstes son enviados polo Ministerio do Amor do goberno de Eurasia para terte controlado e que fagas ximnasia en casa e te entres dos niveis de producción de pataca da Limia así como dos grandes éxitos do plan quinquenal. Durante moito tempo foi en branco e negro ata que veu Gandalf co seu monopolio do branco e obrigou a que se pasara á cor.

Televisión dixital[editar]

Televisión dixital en Galicia.

A televisión dixital é un cadro que colocas en calquera lugar e ves cousas inauditas nela, incluso podes ver Matrix de repente cando se pixeliza de repente ao cambiar de canle.

Desgalería de imaxes acerca da televisión[editar]

Sabías que...?[editar]

TVsexy icono.gif
  • ... foi inventada pola KGB pra torturar disidentes e persoas que fixeron defección?
  • ... sirve pra porche o encefalograma plano?
  • ... te hipnotiza con malévolas intencións?
  • ... a inventou Lev Trotsky para expandir o comunismo polo mundo mundial?
  • ... que non o conseguiu e o invento foille roubado por Osama Bin Laden e seus fans?

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Televisión.

Outros artigos[editar]