Televisión local

De Desgalipedia

Denomínase televisión local ou de proximidade a aquela que emite nun único núcleo urbano ou zona.

Historia[editar]

Unha das máis famosas cadeas de televisión local é a do presentador de noticias Ron Burgundy, o cinco veces (local) xornalista premiado polo Emmy Award e principal referencia ao ficticio KVWN Channel 4 News Team 1964-1977.

Historia das televisións locais en España[editar]

A primeira televisión local de España foi a Televisión de Cardedeu (Barcelona). A súa primeira emisión foi o sábado 7 de xuño de 1980 cando aquel día, o teatro parroquial Esbarjo de Cardedeu converteuse no primeiro plató de televisión de España. A primeira emisión foi un derbi entre FC Sant Esteve de les Roures contra Unió Esportiva Sant Esteve de les Roures e un fragmento do "Tartufo" de Moliére.

Historia das televisión locais en Galicia[editar]

Así como en España, as primeiras televisións locais apareceron en Galicia a finais dos anos oitenta da man do Canal 29-Televisión de Narón, que iniciou as súas emisións en 1987. Entre 1986 e 1987 fixeron o propio as emisoras municipais de Ponteareas e Cerceda.

Na actualidade emiten en Galicia máis de trinta canles locais entre eles están Canal 31, Correo TV ou as emisoras galegas da extinta rede de Localia.

Televisións locais de Galicia[editar]

Televisións locais de Galicia organizada por provincias

A Coruña

Lugo

Pontevedra

Ourense