Terra Eo-Navia

De Desgalipedia
Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Terra Eo-Navia
Bandeira de Eo-Navia.png Escudo Castropol.gif
Bandeira Escudo
Localización
Mapa Eo Navia 1608.jpg
Datos
Capital Navia
Comunidade Autónoma Asturias Asturias
Superficie km²
Poboación (2018) hab.
Densidade de poboación hab./km²


Cita1.pngQuizais quixo dicir: ValenciaCita2.png
Google sobre Terra Eo-Navia

A Terra Eo-Navia é a rexión do occidente do Principado de Asturias entre os ríos Eo e Navia, limítrofe con Galicia e que comprende 19 concellos galegos que Oviedo oprime pra que sigan sendo de Asturias, cando en realidade alí só falan galego. Xunto co Bierzo occidental na provincia de León e As Portelas na provincia de Zamora considérase este territorio como parte da Galicia irredenta.

Historia[editar]

Da deusa Navia venlle o nome.

O lugar foi habitado polos galaicos (Albións, Cibarcos e Egobarros) o Imperio Romano extendeu por alí a provincia de Lugo, mais durante a Idade Media os terratenentes de Oviedo agasallaron con estas terras ao bispo de Oviedo pra que tivera alí o seu pazo de verán e pastos pras súas mandas de biosbardos, todo a cambio da vida de ultratumba no paraíso que lles prometera o crego si lle daban moitas terras gratis.

Coa caída do Antigo Réxime, o goberno de Madrid decidiu crear provincias ao seu xeito (estilo inglés cando dividiron os países de África con liñas rectas sen respetar territorios das tribos e así hoxe hai guerras) e o funcionario Xavier de Burgos colleu e meteu ditos concellos na provincia de Asturies. desde entón son oprimidas e vilipendiadas desde Oviedo, e si collen alí a algún habitante o envian como escravo nos Alsa cara Madrid.

Clima[editar]

O clima é invernal todo no inverno e temperado en verán, case sempre está chovendo e as temperaturas non suben de 20º.

Fauna e Flora[editar]

Entre súa fauna destaca o camelo, o dromedario, as gacelas e os oso das cavernas, a única flora é a das árbores de folla sexofoliada.

Xeoloxía[editar]

Debido ó pregamento hercíncio no precámbrico superior hai un grande número de submontañas con fortes pendentes e creáronse centos de vales pequenos onde medrou unha civilización suerior que creou a lingua galega, extendéndoa cara Occidente ata chegar ó mar, de feito estudos recentes das universidades de Springfield, Kabul e Allariz din que os xenomas apuntan que os celtas, tal e como os coñecemos, naceron nestes vales e se expandiron por toda Eurasia no primeiro milenio A. de C.

Concellos[editar]

V  C  E h
Concellos galegofalantes |Asturias Asturias: Terra Eo-Navia
Bandeira Eo Navia.jpg
Boal | Castropol | Coaña | Eilao | El Franco | Grandas de Salime | Ibias | Pezós | San Martín de Ozcos | Santalla de Ozcos | Santiso de Abres | Tapia | Taramundi | A Veiga | Vilanova de Ozcos
  • Concellos parcialmente galegofalantes

Allande | Degaña | Navia | Villaión

V  C  E h
Territorios de fala galega
Lingua galega.jpg
Lingua galega-02.jpg

Galicia · Terra Eo-Navia · O Bierzo · As Portelas · Val de Xálima


Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Terra Eo-Navia.