Tintín

De Desgalipedia


Tintín
Información editorial
Editorial Le Petit Vingtième, suplemento infantil do xornal Le Vingtième Siècle
Primeira aparición Tintin au pays des Soviets (1929)
Creadores Hergé
Biografía ficticia
Nome completo Tintín
Orixe Bruxelas, Bélxica Bélxica
Compañeiros Capitán Haddock, Milú, Hernández e Fernández, Profesor Tornasol


Tintín (en fransúa "Tantán") foi un famoso xornalista da revista Rolling Stone a principios do século XX, famoso polos seus viaxes e crónicas sobre a realidade na Unión Soviética, sobre os illuminatis que fuman xarutos dun tal Faraón, divulgador de misterios como que Hitler aínda vive nunha base segreda nun lago suízo cheo de quenllas con metralletas ou de que as momias incas tamén teñen maldicións e soénse aparecer bailando entre grandes bolas de espellos dándoche o coñazo sobre o guai que é a Música disco.

Vida e aventuras de Milú, capitán Haddock, o profesor Tornasol, os axentes xemelgos e un paspán e vago xornalista[editar]

Tintín mailo Capitán Haddock.

Tintín naceu no barrio Strumelhausennatuacona en Bruxelas educado polos seus pais no calvinismo foi enviado a un internado para señoritas (xa que con aquela cariña pensaban que era unha nena e debido a seu ríxido comportamento paterno preverán do amor nunca lle miraran alí abaixo) onde se fixo moi amigo de Aquiles, que daquela estaba fuxindo de seu ex Ulises ao que lle pasara ladillas, e foi entrenado na sagrada orde jedi pero Tintín pasou desas trosnadas e adicouse aprender cousas utís como o macramé, o punto de cruz e educar nenos nos valores occidentais como o cristianismo, o imperialismo, o stalinismo, o dadaísmo, o filloputismo, etc.

Tras saír dalí cun laude foi estudar á universidade, onde descubriron que era un home e o expulsaron (xa que daquela non se permitía estudar aos homes nas universidades). Tintín asi que sacouse un título de FP como mecánico e frío industrial, pero tivo como profesor a MacGyver e ensinoulle de todo menos a arranxar lavadoras que total para qué se aínda non as inventaran. Con esa sabedoría foise á capital a probar o seu soño de ser cantante radiofónico nun serial patrocinado por Zara pero debido a que non era negro foi marxinado (daquela se eras home e branco non te querían no mundo) e tivo que contentarse con ser negro literario escribindo libros para Jorge Javier Vázquez, Manuel Fraga, Anxo Torrojo, Buda, Fernando Sánchez Dragó, etc.

Tintín grazas a iso fixo contactos entre os editores, que finalmente lle deron unha oportunidade e deron ao prelo a súa obra mais famosa "A sangre quente" grazas a iso entrou no Olimpo literario e púxose a facer o que sempre quixo, ir por toda Europa nun autobús escolar repartindo LSD. Tintín desa maneira xuntouse con varios personaxes tales como Simplicius Simplicissimus, os cales lle fundiron toda a fortuna do seu libro en montar unha igrexa do LSD pero foise todo á merda cando gañou as eleccións Lenin e os declarou pequenos burgueses e os ilegalizou polo que Tintín regresou á súa casa cunha man diante e outra tamén.

Debido a iso Tintín tívose que poñer a choiar, e o fixo como freelance porque o Capitalismo fora reinventado facía pouco polo que se puxo a buscar a vida buscando noticias en lugares onde ninguén buscara aínda, como na súa casa debaixo do sofá, detrás da Xbox, etc e así foi como atopou nunha maqueta de barco unha papelina que o levou finalmente a ocupar o pazo de Moulinsart xunto co seu mozo e un can.

O seu mozo foi o Capitán Haddock, un mariñeiro que farto dos lóstregos de Brest e tentar atrapar a Mobi Dick se instalara como repartidos de stocks de cocaína e Tintín lle fixera sexo oral a cambio de deixalo entrar nas bateas onde as gardaba e así sacou o seu segundo artigo no "Fuck all post". O que ninguén sabe é que chantaxeou a un grande de España e a cambio dunhas fotos de Xoán Carlos I de España con BR e así conseguiu o pazo de Moulinsart con mordomo e todo.

Como se aburría alí naquela aldea Tintín comezou a experimentar con Haddock algo de BDSM pero o capitán sabía mais de lazos ca el asi que decidiu ir a estudar antropoloxía de repúblicas bananeiras e foi a San Macario onde o coronel Tapioca estaba en guerra civil contra Federico Jiménez Losantos polo control da natalidade, alí descubriu que Fidel Castro era de Lugo e foi investigar a fondo ata que descubriu o cetro de Ottokar grazas a ese obxecto máxico de poder Tintín conseguiu ser Führer do IV Reich Hispánico pero nos seus ratos libres ía investigar se a Catasfiore era unha axente do KGB, xa que no seu ínterin Tintín sospeitaba que tódalas mulleres eran un invento do demo, sobre todo súa nai.

Para iso vai a investigar a Arabia Saudita onde Bin laden o atraca pero consegue fuxir por un aposto mariñeiro, Corto Maltés, ao cal Tintín tentará seducir pero Corto pensa que é unha broma pesada do seu colega o Capitán Haddock e Rasputín, polo que decide vender a Tintín no mercado de escravos dos Tuaregs. Tintín botará un par de anos entre camelos e penes e aproveitando que pasa unha noite por Exipto fuxe ao Imperio Británico sen saber que nesas datas forma parte do Eixo do Mal por que entra ao lado escuro e convírtese en Darth Gayder.

Tintín para perfeccionar o manexo da Forza visitando ao Dalai Lama ao que, tras obter toda a sabedoría, lle rouba todo o seu ouro para facerse un rolex ben feituco e foxe onda Vicente Risco e Fernando Pesssoa facendo un trío sexual con eles pero aos cales abandoa tras descubrir o Kama sutra e un xove chapeiro chamado Tchang Tchang Tatatachaaaaang Yeng co cal compartirá aventuras no planeta Raticulín ata que Mao Zedong os convirte en gardas roxos da Revolución cultural e morren de frío aló nas estepas do yuangsé.