TvG2

De Desgalipedia
Cita1.pngAscenso a Segunda B: Rápido de Bouzas - CD CayónCita2.png
TvG2 sobre fútbol galego


A tvG2 é a segunda canle de televisión da Corporación de Radio-Televisión de Galicia destinada a emisión de debuxos animados do programa Xabarín Club e dos xogos deportivos nos fins de semana.

Características[editar]

A súa programación de luns a venres está enfocada a un público infantil e xuvenil, e ten tamén espazos culturais e de divulgación. A fins de semana céntrase no ámbito deportivo, incluíndo retransmisións da Segunda división de fútbol e a Liga ACB.

Debuxos animados[editar]

  • Batman: é un superheroe que é o protector da cidade gótica: defende os inocentes e mételle o medo no corazón da xente de mal vivir. O protagonista é Bruce Wayne que vive atormentado por ter visto morrer a seus pais, por iso cada noite viste o traxe de Batman, adopta a forma de morcego, e sobrevoa os tellados da cidade gótica combatendo o crime e a corrupción dos pepeiros.
  • Capitán Planeta: é unha serie de carácter ecoloxista, creada por Ted Turner co obxecto de concienciar dos cambios que sofre a Terra a causa da contaminación. Gaia, o espírito da Terra, ante a imposibilidade de loitar contra as forzas do mal, encarnadas unhas veces en homes ávidos de poder, outras en criaturas que fan mal por pracer, entrega cinco aneis máxicos a cinco rapaces moi especiais pertencentes cada un deles a un continente. A Kwane de África, outórgalle o poder da terra, a Wheeler de Norteamérica, o poder do lume, a Linka da Unión Soviética o poder do vento, Gi de Asia o poder da auga e a Mattí de América do Sur o poder do corazón. Os catro primeiros poderes corresponden cos elementos clásicos da natureza, mentres que o quinto, o corazón, representa o amor. Cando os cinco aneis se xuntan fan acudir ao Capitán Planeta e todos eles axudarán a Gaia a manter a paz na Terra.
  • O carteiro Pat: Pat Clifton é o carteiro rural da vila de Greendale nunha fermosa rexion ao norte de Inglaterra; está inspirada no val de Lonfsleddale. O carteiro Pat percorre vales e outeiros levando non só a correspondencia senón un sorriso, unha broma ou os comentarios da vida cotiá das xentes do val. Pat sempre está desexando axudar: Pat leva mensaxes e mesmo busca xoguetes perdidos, conduce ás ovellas, ou o que faga falta. Se é preciso utiliza un tractor, un trineo, un patín ou unha barca. Este afán de axuda fai que se vexa envolto en máis dunha aventura. O compañeiro perfecto para saír ben parado destas aventuras é Jess, o seu gato que é moi sagaz. O carteiro Pat é unha animación británica realizada en plastilina.
  • Don Drácula: é unha serie de animación realizada a partir dun cómic manga que leva o mesmo título.
  • Don Gato: é o líder dunha pandilla de gatos de Manhattan composta por Panza, Espanta, Benito B. Bodoque, Demóstenes, e Cucho, que andan a escapar do oficial Matute, que intenta metelos na cadea.
  • Doraemon: comeza cando na vida de Nobita, un rapaz feble que usa lentes e estuda cuarto curso, aparece un gato azul sen orellas que sae do seu escritorio e lle come o almorzo. Este gato Doraemon é un robot-gato de rúa moi tenro, antiviolento, intelixente, simpático e con poderes especiais. Procede do século XXII pero o tataratataratataraneto de Nobita, que vive na pobreza total debido aos erros que cometeu este no pasado, envíao nunha máquina do tempo ao século XX. A misión de Doraemon é axudar a Nobita a corrixir eses erros, pero esa tarefa non é doada, xa que Nobita é o rapaz máis torpe da súa clase. Doraemon non é un robot de alta tecnoloxía, pero ten un peto de catro dimensións conectado ao futuro do que saca todo tipo de obxectos raros e divertidos -coma os sombrerocópteros-, ademais de moitos dos soños que un neno quixese realizar. Cos seus inventos, Doraemon debe cambiar o futuro de Nobita. O rapaz, torpe e algo parvo, sempre está a meterse en problemas que intenta solucionar este gato cos seus artefactos, pero ao non sabelos utilizar, Nobita aínda se mete en máis dificultades. Antes, Doraemon tiña orellas, pero mentres durmía a sesta uns ratiños coméronllas e por iso odia os roedores. A comida preferida de Doraemon é o dorayakis, simplemente porque se parece ao seu nome.
  • Goomer: Goomer o terrícola e o seu robot Marcus chegan na súa nave, A Galiña Milenaria, ao planeta Mox, onde a nai de Goomer, a computadora máis lista do universo, detectara indicios de vida. En Mox recíbenos os alieníxenas, personaxes moi peculiares e cun xeito de vida semellante ao dos terrícolas. OP, xefe de relacións públicas do planeta, vaise converter no mellor amigo de Goomer e Lisa, unha solteirona, namórase -ata os tentáculos- do noso barrigudo e case calvo camioneiro intergaláctico e quere casar con el custe o que custe, pero -o terrícola- non quere saber nada do asunto. Cando Goomer pretende regresar á Terra comezan os problemas, xa que queda sen nave (levoulla o guindastre), non ten permiso de residencia e o seu robot víralle as costas e ponse do lado do presidente de Mox. Goomer terá que adaptarse á vida fóra da Terra e contará coa axuda e amizade incondicional de OP.
  • King Kong: é un dos personaxes máis coñecidos da historia do cine. Kong é unha referencia da cultura popular en todo o mundo. Nesta serie King Kong chéganos en formato de debuxos animados e nela coñece a familia Bond con quen corre numerosas aventuras loitando contra monstros, robots, científicos loucos e outros perigos.
  • O inspector Gadget: Serie de debuxos animados sobre as aventuras dun detective ciborg, o inspector Gadget, un humano dotado con variados gadgets biónicos implantados no seu corpo logo de ter un accidente. A súa antítese é o doutor Gang, o líder dunha organización de malevos, coñecida como "MAD". Estaba orixinalmente dobrada en inglés e francés, na versión galega os personaxes reciben o seu nome da versión francesa.
  • Os Cazapantasmas: é unha serie de animación baseada na película "Cazapantasmas", un éxito dos anos 80. Coma na película, tres parasicólogos da Universidade de Columbia de Nova York comezan o seu negocio traballando como cazapantasmas e investigando fenómenos paranormais. Usan unha tecnoloxía sofisticada para intentar capturar as manifestacións ectoplasmáticas. Os protagonistas son o Dr. Peter Venkman, Dr. Egon Spengler, Winston Zeddemore, Dr. Ray Stantz, a secretaria Janine Melnitz e a súa mascota, a pantasma Moquete.
  • Os contos da mosca: é unha serie infantil de debuxos animados. A protagonista é unha mosca inusual con zapatos marróns e con aspecto de neno roñón. A mosca ten un grande afán por facer amigos, é impaciente e quere aprender e descubrir o mundo sen tempo. Isto lévaa a vivir unha morea de aventuras perseguida polo seu peor inimigo, o mosquito repugnante.