Urbanita

De Desgalipedia

Urbanita é aquela persoa que naceu nunha cidade e vive nela, créndose "lo más", autocomplacinte e conformista é presa do capitalismo e do comunismo.

Os urbanitas soen ser obreiros desclasados movidos polo orgullo localista das elites socioeconómicas de tal cidade que os manipulan pra así seguir mangoneando sobre eles. Nos medios de comunicación soe nomearse como cidadán ou citoyen, como algo positivo, e qué positivo ten vivir nunha colmea rodeado de colmeas?

Orixe[editar]

Así se ven os urbanitas a sí mesmo...

Na Idade Media os Reis restauraron cidades e déronlles unhas leis diferentes ca as do campo pra así atraer servos da plebe e paletos co fin de crear núcleos de poder aparte do poder dos señores feudais e asó os reis poder mandar mais que os condes e marqueses, tras conseguir isto seguiu mantendo a ficción de que vivir na cidade era mellor que vivir no campo expandíndo unha xenofobia local (mercando a escritores pra que creasen a figura risible do paleto).

Costumbres urbanitas[editar]

Así son os urbanitas en realidade.
  • Fanlle caso a todo o que dí a TV.
  • Non coñecer nin ao veciño.
  • Visten como lles dí Zara, H&M, KGB, CIA, o SVR de Rusia, El Corte Inglés, SLSNV,etc
  • Pelexarse entre eles: pepeiros e sociatas.
  • Visitar a veciño só cando este comeza a cheirar a podre e hai que avisar aos bombeiros porque a palmou de puro vello.
  • Seguir as modas que lle indican os mass media.
  • 0% orixinalidade, todo o copian doutros países, desde a moda pasando pola música e aínda por riba cambian de gustos cada 4-5 anos, así a xente que naceu nos 80 fixéronse grungres, logo malotes e remataron sendo tronistas, os nacidos nos 90 comezaron sendo mainstream para logo escoitar a Tokyo Hotel e acabra mesturando minishorts con camisetas de Ramones e pendentes dignas de Margaret Thatcher
  • Aman a guerra civil e por iso en vez de reunirse todos nun bar reúnense en bares dun só grupo para enbebedarse logo ir apalear aos doutro.
  • Consumir moita enerxía eléctrica pra así darlle unha excusa ao goberno e que este lle cobre mais impostos.
  • Beber alcohol coma se fose auga para o día seguinte decir nevermore! e ao finde seguinte voltar repetir o ritual do botellón.
  • Forman bandas étnicas e transfórmanse na mafia do barrio oprimindo a seus veciños.
  • Encántalles vivir apretuxados en colmeas de cemento e vivir rodeados de apartos eléctricos antes que de eprsoas de carne e oso.
  • Drogarse continuamente pra tentar esquecer o que son (no caso de seren culturetas fanse pasar por góticos, indies, jevis...).
  • Non soen levar boina (a non ser que sexan fans do Che Guevara) en vez diso levan sombreiros extranseiros (beisboleiras, gorras soviéticas, gorras de rapeiro...), unha expresión mais da esquizofrenia que se sufre nas cidades.
  • Soen ter enfermedades raras, moitas veces provocadas polo ambiente no que viven e axudan a destruir, outras enfermedades imaxínansas e así danlel de comer aos psicólogos arxentinos.
  • Son abducidos ao nacer e ao morrer, pero os reptiliáns son moi listos e fanlles pensar que van ao hospital.