V Televisión

De Desgalipedia
V Televisión
Inicio das emisións 30 de maio de 2010
Propiedade de Grupo Voz
Datos de audiencia 0,5% (xullo de 2013, )
Slogan A primeira televisión autonómica privada de Galicia
País Bandeira de Galicia.jpg Galicia, Banderaespaña.png España
Lingua Galego e castelán
Área de emisión Galicia
Sede central Polígono de Sabón, A Coruña (Galicia)
Páxina web Páxina web V Televisión
Dispoñibilidade
Terrestre
TDT A Coruña (salvo zona de Santiago): 61
Santiago: 40
Lugo: 59
Ourense: 62
Pontevedra: 58
Cable
R Dial 119

V Televisión, ou grupo V audiovisual é unha franquicia audiovisual da empresa La Voz de Galicia, foi a primeira canle de televisión privada deste país.

Conseguiu maior audiencia debido a que os donos infiltraron persoal na TVG pra que ésta fora só pra maiores de 50 anos e así o resto de galegos pasásronse a ver esta cadea, que colleu mais fama debido a documentais rompedores (descubriu finaciación ilegal dos partidos, as putas dos alcaldes, que os narcos querían que gañase o partido azul, antros sadomaso da Galicia profunda, etc.)

Orixe[editar]

A principios do século XXI a tecnoloxía dixital permitiu crear televisión dixital e expandir a súa onda coma a anterior televisión analóxica pero con maior calidade audiovisual, polo que unha sustituíu a outra e o Estado comezou a repartir licencias a quen lle daba a gana, entre eles aos empresarios coruñeses de LVG, que aproveitaron a experiencia dos xornalistas mercanarios e artellaron unha canle pra facerle a competencia á TVG e así poder vivir de subvencións incluso cando o goberno da Xunta de Galicia non fose dos que eles quixeran.

Historia[editar]

Aproveitand que o grupo empresarial tiña experiencia no tratamento de novas así como unha productora (que fixo traballos pra TVg e a serie As leis de Celavella).

Programas desta canle[editar]

  • Tunight: catálogo de pubs, puticlúbs, e discotecas da Galiza, onde saen as pencas e comebolsas locais dándo todo.
  • Vía V: onde se debaten teas de candente actualidade: lei da prostitución, putas vs gigolós, debería a SS pagar o cambio de sexo, inflamaciñón de tetas: unha eiva cultural ou presión do lobby médico?, Os mozos de Feijóo...
  • Vaya V: programa de humor con Cañita Brava e... bueno, este... como se chamaba... umh!... quen sexa!
  • Xente emerxente: único programa en lingua galega e sen unha V no título... sacan artistas, cantantes, tendeiros frikis, rapeiros, etc galegos e non nacionalistas.
  • Motor en V: onde falan de novas técnicas pra maquear teu buga e como fuxir da garda civil de forma despistada.
  • Para mariñeiros nós: único programa de humor (o outro non vale nada).
  • Van de verde: coño! o ecoloxismo e arte galega deben sen tratados en galego... o resto non, non ves que son cousas modernas e o galego é cousa de antigos?
  • Mais que petiscos: un intento de seducir portugas a través do sistema dixestivo.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: V Televisión.

Outros artigos[editar]


Ligazóns externas[editar]