Vampiro

De Desgalipedia
Monstracanibal.gif Vampiro xurdiu das tebras!! E está aquí para tirar o seu pé!
Este artigo trátase dalgún mito, lenda, conto, historia de pescadores, ou escusa que probablemente contén información
sobre pantasmas e monstros grotescos ou de persoas desfiguradas que tiran unha foto súa e capturan a súa alma.
Teña coidado, pois, en calquera momento a Santa Compaña vén e leva a súa alma!

Típico vampiro hollyvoodiense.
Cita1.pngEles comen tudo e non deixan nada!Cita2.png
Zeca Afonso sobre os vampiros

Un vampiro é, na cultura popular de varios países, un estado corporal transubstanciado que lles soe acontecer a desgraciados, caciques, persoas mortas por eles, suicidas, pepeiros, etc. Durante séculos viviron en castelos, pero coa revolución industrial ao despoboarse as vilas e aldeas mudaron prá cidade onde campan ó seu antoxo.

Características[editar]

  • Soen durar eternamente se non son mortos por algunha virxe cazavampiros lesbiana.
  • Adoitan transformarse en diferentes animais (persoa, can, morcego) e cousas (néboa, candelabro de sete brazos, iate)
  • Aliméntanse só de sangue, se non poden chuchar sangue poden vivir un tempo afásicamente pero ben enterrados na súa terra natal, aínda que vivan lonxa dela e se levan un cadaleito cheo dela.
  • Soen parecer guapos e supersexis, pero iso non é mais que un anzol para as víctimas e así veñen a ser chuchados os moi parvos.
  • Non se pode ter sexo con eles porque están mortos (e algúns levan moito tempo mortos...)

Hábitat[editar]

  • Castelos arruinados.
  • Bancos (os dos cartos).
  • Edificios de facenda.
  • Hospitais.
  • Clubs de strip tease masculino e femenino.
  • Igrexas.
  • Mansións de millonarios.

Vampiros famosos[editar]

Un vampiro sendo retratado pola policía.