Venezuela

De Desgalipedia
República Bolivariana de Venenozuela
Vengüenzuela
Bandeira de Venezuela
Bandeira
[[Ficheiro:|center|250px]]
Lema: Amor, amor a Cháves (non se confundan co ex presidente de Andalucía)
Capital
 Poboación
Maracas
Linguas oficiais Lingua española
Forma de goberno Comunachavista.
Hugo Chaves Nicolás Maduro
Independencia  •Comezo
 •Declarada
 •Recoñecemento
 • Total n/d
 • Total n/d
 • Densidade n/d
PIB (nominal)
 • Total n/d
 • per cápita n/d
 • per cápita n/d
Moeda Bolívar Venezolano
Xentilicio [email protected]
 • Horario de verán Non aplica
Dominio de Internet n/d
Prefixo telefónico n/d
Prefixo radiofónico n/d
Código ISO n/d
Membro de: ONU, OEA, Mercosur, OPEP, Unasur, AEC, ALADI, FLAR, ALBA, OMC, CARICOM e Foro de São Paulo

Venezuela é un dos países de Sudamérica que aínda non claudicou ante o Imperio Gringo.

Historia[editar]

Artigo principal: Historia de Venezuela.

Época Precolombina[editar]

Venezuela foi fundada por Deus Pai (un tataratataraavó de Hugo Chávez) que poboou esta zona de Sudamérica con enorme fauna e vexetación, desafortunadamente os humanos viron este paraíso e lá foron a poboalo. Os primeiros habitantes foron os Iankis, unha etnia mongoloide de Norteamérica (que á súa vez proviñan de Asia a través do estreito de Bering) que grazas á súa tecnoloxía roubada aos Maias colonizaron todo o país e incluso a selva. Debido a que logo viñeron por aquí outros humanos os iankis inventaron un sistema social baseado no canibalismo e no sacrificio de miles de mulleres virxes a seu deus, o Dólarctzal, así durante milenios viviron tranquilos e felices ata que unha serie de crises ambientais provocaron a fame e as guerras e o imperio dos iankis esmoronouse.

Chegada dos europeos[editar]

Afortunadamente o resto de tribos que pululaban por aquí, afeitas a vivir subxugadas e sempre con fame sobreviviron ao imperio ianki e viviron felices nunha alegre confederación de tribos democráticas sendo gobernada cada unha polo seu cacique, pasaron os anos e seguían vivindo felices, ata que veu o Imperio Español dos Reis Católicos e conquistaron estas terras a pesares da brava resistencia de Guaicaipuro e seu exército de gays caníbales en taparrabos contra dos clons da Inquisición española.

Independencia[editar]

O Imperio dos sith españois durou trescentos anos, durante os cales aproveitaron para organizar orxías pías con tódalas indias (xa que o Reino de España prohibiu que as mulleres emigrasen cara América e os conquistadores aproveitaban calquera burato para darlle ao tema), debido a que os conquistadores españois non se lavaban moito as indias e seus descendentes morreron a miles polas ETS. Polo que os conquistadores quedaron sen persoas ás que escravizar e o santo cristo de Maracaibo quedou sen fieis, xa que a maioría da poboación pasouse á santería, grazas aos cales o Imperio Británico foi derrotado na Batalla de Cartaxena de Indias e así España seguiu civilizando o territorio, tanto que os españois nacidos nestas terras comezaron a non sentirse españois debido ás leis españolas fachas, e conspiraron para desfacerse do paternalismo español e do Día de la Hispanidad. Así foi como Simón Bolívar reuniu a asemblea popular democrática jedi e comezou a Guerras de independencia hispanoamericanas contra o imperio. Tras lograr destruir a Carabela da Morte e derrotar aos exércitos enviados polo virrei Darth Ánsar.

Sec. XIX: Gran Colombia, Guerra Federal, etc.[editar]

Artigos principais: Gran Colombia e Guerra Federal.

Tras independizarse de España fixérono da gran Colombia e Bolívar pirouse a París farto de tanto malandro, logo venezuela entrou en guerra civiloide entre centralistas e federais. Logo veu a Revolución azul (copiada logo en Ucraína polos da revolución laranxa, para que logo digan dos latinos que só copian aos europeos...). Antonio Guzmán logrou obter mais poder tras gañar o Xogo de Tronos e fomentou o anarcocapitalismo negriamarelo e grazas a súa democradura venezuela seguiu cara adiante a pesares dos moitos caciques e malandros, a pesares diso seguiron as revolucións de cores e nomes super orixinais, e Cipriano Castro (outro galego ditador...) ocupou a presidencia, sendo o primeiro en comezar co tema antiimperialista e como non quería pagarlle a Francia e Alemaña as subvencións ao café sufriu o bloqueo portual, ata que Cipriano tivo que ir operrarse a Houston, aproveitando iso seu mellor amigo e vicepresidente deu un golpe de estado e quedou de presidente, grazas a el Venezuela tivo as primeiras estradas pavimentadas con petróleo xa que puxo aos opositores e disidentes a traballar nelas, despois del veu Contreras que democratizou ao país, xa que a maioría de malandros foran exterminados polo seu predecesor.

Debido ao virus venezolano este sistema foi kaputt por outro golpe de estado, e puxeron a Rómulo Gallegos de presidente, pero déronlle outro golpe de estado os mesmos de antes e Pérez Jiménez puxo orde coa súa ditadura e grazas aos miles de emigrantes da Península Ibérica o país foi adiante e así pasou a ser o mellor país de América. Pero outra vez o virus venezolano fixo das súas e produciuse outro golpe de estado (e van...) que levou ao goberno de Rómulo Betancourt. Durante a súa época Fidel Castro tentou invadilo mediante se secretarias cachondas comunistas e logo co presidente Leoni mediante náufragos hipsters comunistas. Nestes anos Venezuela tivo aínda mais poder debido a que os árabes quixeron destruir a Occidente coa crise do petróleo dos 70. Ata que viñeron os 80 e debido á corrupción venezuela viuse envolta nunha crise cíclica empobrecéndose a xente, polo que deus enviou a Hugo Chávez a fundar unha nova relixión sudamericana que salvase á nación.

Política[editar]

Artigo principal: Política da Venezuela.

A Política de venezuela estivo dominada polos oligarcas antipatrias vendidos ao Imperio Gringo e á Unión Europea, logo trala chegada do Mesías apareceu a nova relixión, o Chavismo, que salvou a Venezuela do inferno e agora os leva polo socialismo do século XXI cara o paraíso proletario lonxe do maléfico consumismo. Actualmente Chávez morreu pero aparecéuselle a Nicolás Maduro nunha mancha do seu retrete e desde alí díctalle o ué facer para levar a Venezuela polo bó camiño!

Estados[editar]

Artigo principal: Subdivisións da Venezuela.

Venezuela é subdividida en 23 estados, un distrito federal e unha dependencia federal.

Turismo[editar]

Monumentos e outras cousas que non ver aquí[editar]

  • Salto Ángel: o mellor lugar d mundo para ir tirarse a vida.
  • Lago Maracaibo: onde vive Nessie..boenooo,vivía, que xa o paparon os veciños da fame que tiñan.
  • Sistema Coriano: onde se rodou parte de Star Wars xa que aquí naceu Han Solo.
  • Pico Bolívar: a montaña que mais rasca no cu a Deus Pai.
  • Laguna verde da serra nevada de Mérida: onde vivía Aleister Crowley pensando que alí estaba Nessie.
  • Illa de Margarita: onde podes practicar o libre secuestro expréss a touristas.
  • Axencia Bolivariana de actividades espaciais: para poder enviar o primeiro cosmonauta bolivariano ao espazo exterior e así reproducir o programa espacial precolombino.
  • Colonia Tovar: onde están nos nazis fuxidos.
  • Ponte da Angostura: onde ir bailar reggaetón posto de pastis como en Saturday night fever!
  • Teatro Baralt: onde agochan zeppelíns para bombardear Londres e París MWahahahahaah!!
  • Festa da Divina Pastora: onde festexan a un gay que pastoreaba tourosllamas polas llaneras bolivarianas nacionais.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Venezuela.
UnCommons
UnCommons ten máis contidos multimedia sobre:

Outros artigos[editar]

V  C  E h
Mercado Común do Corno Cono Sur (Mercosur)
Big Piggy bank.jpg
Membros: Arxentina - Brasil - Paraguai - Uruguai - Venezuela

Asociados: Bolivia - Chile - Colombia - Ecuador - México - Perú