Venres

De Desgalipedia
Saltar á navegación Saltar á procura
O venres 13
Cita1.pngFun Fun Fun FunCita2.png
Rebecca Black sobre Venres
Cita1.pngFriday i'm in loveCita2.png
The Cure sobre Venres
Cita1.pngVenres, venres teño que baixar o venresCita2.png
Sarah Palin sobre facer sexo todo venres

O venres ou sexta feira segundo os reintegratas é o quinto día da semana. O termo "venres" vén do latín Veneris (dies) ou día de Venus, deusa romana do amor, do sexo e das enfermidades venéreas, e o termo "sexta feira" procede do latín sexta feria (ou feria sexta). Durante os últimos anos desprazou en moitos falantes o nome orixinal galego Sexta feira por influencia do nome castelán de onde foi introducido na lingua polos pepeiros, españolistas e etc.

Definición[editar]

Word for Friday in European Languages.svg.png

Venres tamén pode ser definido como: día no que xa debería ter feito todo o seu traballo da semana e que non serve para reaver todo o traballo atrasado. Por definición, o traballo neste día só render, como máximo, ata antes da sesta. Non adianta loitar contra as forzas do universo, os seus intentos de compensar o traballo que non foi feito durante a semana toda, nunha venres, será errado. Venres é o día máis esperado da semana. Especialmente ás 18 horas do venres, cando millóns de persoas en todo o mundo saen dos seus traballos para ir divertirse, sexa en festas ou simplemente ir ao bar tomar unha cervexa cos amigos.

Nomes noutras linguas[editar]

Venres, venres teño que baixar o venres.
Friday dance.png
Lingua Nome Significado
Alemán Freitag O Día de Frøya
Búlgaro Петък/Petak O Quinto Día da Semana
Catalán Divendres Día de Venus
Checo Pátek O Quinto Día da Semana
Chinés Tradicional 星期五/Xīng Qī Wu Cinco da Semana
Español
Viernes Día de Venus
Eusquera
Ostiral Campo de Urtzi
Francés
Vendredi Día de Venus
Holandés
Vrijdag Día de Frig
Inglés
Friday Día de Frig
Irlandés Dé aHoine O Segundo Xaxún da Semana
Islandés
Föstudagur Día de Xaxún
Italiano
Venerdì Día de Venus
Noruegués
Fredag Día de Frøya
Quechua
Ch'ashka P'unchay Día da Estrela
Portugués
Sexta-feira Sexto día
Romanés Vineri Día de Venus
Ruso
Пятницу/Pyatnitsa Quinto Día
Xaponés
金曜日/Kinyoubi Día do Ouro

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Venres.

Outros días da semana[editar]

Días da Semana
Luns ~ Martes ~ Mércores ~ Xoves ~ Venres ~ Sábado ~ Domingo