Vexeta

De Desgalipedia
Bandeira imperial xaponesa.jpg Made'n Xapón
Esta páxina contén texto en xaponés. Se o seu navegador non está axeitadamente
configurado pode ver caracteres estraños con tecnoloxía xaponesa
.
Vexeta
Vegeta cosplay.jpg
Perfil
Serie: Personaxe de Dragon Ball
Primeira aparición:
Última aparición:
Creado por:
Dobrado por:
Alcumes:
Pseudónimos:
Idade:
Sexo: Asexual.
Especie: Sayajin
Data e lugar de nacemento: aló no 666 despois da Era de Acuario.
Data e lugar de morte: Bandeira do Xapón.png Xapón
Nacionalidade: Bandeira do Xapón.png xaponesa
Clase: Pj300
Ocupación: Matar inimigos e xente que lle cae mal.
Título:
Parentes coñecidos: Bulma das bragas lixeiras.

Vexeta é un extraterrestre humanoide, primo segundo de Son Goku, emisario do Imperio Freezeriano.

Historia[editar]

Nado no planeta dos Sayajin, que daquela era unha colonia militar do Rei Cold, Vexeta era príncipe de Bekelar, xa que seu pai era o rei Hortalizasyjín I, e a súa nai unha vasca chamada Edurne Itxurmendi Itzaorraola Garmendía Horrotxurlaizla Garmengoa. Non se sabe de quen herdou a mala ostia pero suponse que seus educadores deberon ter que ver algo niso.

Cando o seu planeta foi conquistado por Freezer, Vexeta convertiuse en Silver Surfer ou algo así, ía de planeta en planeta xunto a seu mozo Nappa, e cun par de ostias ben dadas conseguía que o planeta se rendese sen que Freezer tivese que ir ata alí, así o Imperio Freezeriano aumentou ata que tocou co Imperio Galáctico (que non ten nada que ver con Galactus eh?) organizándose a Primeira Guerra Cósmica, pero diso nada sabemos xa que Vexeta ao visitar o planeta terra atopouse co fornol da súa chanca... a Son Goku!!

Vegeta loitando cunha muller.

En canto Vexeta viu a Kakarotto namorou del pero como non estaba afeito a exteriorizar os seus sentimentos comezou a atacalo co seu Qi, alegrouse cando viu que Nappa morría a mans de Yamcha, así non tería que dicirlle que se namorara doutro, tras miles de intentos de matar a Songoku Vexeta pasou por un perído de tempo sufrindo un trauma psicosocial que o levou a ser heterosexual baixo o influxo da lúa e rematou por casar con Burma por convenciencia.

Superpoderes[editar]

Vexeta aplicando o seu mellor golpe, Big Ben.
  • Ten o pelo sempre electrocutado.
  • Sempre anda en modo cabreo sen gastar enerxía.

Amigos[editar]

Enemigos[editar]

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Vexeta.

Outros artigos[editar]