Viana do Castelo

De Desgalipedia
Bandeira de Portugal.png Este artigo contén humor de Portugal
Este artigo é portugués, gajo! e o seu creador come cacetinho cum bacallau e viño do Porto na xanta,
gustalle competir inutilidades con España e ten un bigote. Se não és desta terra, aparecerá un fadista no teu ecrã
que che indicará que tes que cantar fado e comer bacallau para comprender este artigo ou estarás irritado contigo, gajo!


Viana do Castelo
Templeye.jpg
O santuario da vista en Viana.
Localización
Viana do Castelo mapa.png
País Bandeira de Portugal.png Portugal
Rexión Norte
Subrexión Alto Minho Lima
Distrito Distrito de Viana do Castelo
Outros datos
Código postal 666Lisboa

Viana do Castelo é unha aglomeración costeira de humanos na Galicia do Sur conqistada fai tempo por Lisboa, á súa vez domina a Valença do Minho, Melgaço, Arcos de Valdevez, Caminha, Monçao, Paredes de Coura, Ponte da Barca, Ponte de Lima e Vilanova de Cerveira.

Historia[editar]

Viana do castelo era a capital dos Leunos que fixeron de seu porto un dos mais grandes da rexión e así comerciaron con fenicios, gregos, atlantes e outros humanos exóticos xa que ademais era de doble dirección ao estar na desembocadura do río Lima/Limia, que rubían pro el arriba e así levarlles ós bárbaros galaicos do interior(Límicos, Coelernos,Lemavos,seurros) a maquillaxe exipcia a cambio de ouro e wolfrang amadeusmozart.

Foi roubada por Xulio César e vendida ao Imperio Romano, que non fixo nada bó nela menos mal que viñeron os suevos e fixeron dela unha cidade pra comerciar co Rei Artur e así cristianizar a zona, os seguintes reinos que houbo foron malos(reino visigordo, reino moro) ata que Vimara Peres veu poñer orde aquí, fundando a RAK (Real Academia de Koruño) e así recivilizando á poboación.

O Barón das Antas (un megaliteiros) tentou liberalizar esta poboación pero ésta tiña a testa comida polos cregos e deulles cabazas, no seu honor a raíña púxolles un templo en honor a santa Luzía (santa gore onde as haxa) polo ben que souberan mirar polas súas terras.

Cousas visibles en Viana of Castle[editar]

No mirador do porto sempre se levou a cabo as execucións públicas.
  • Chafariz da Praça da República: fonte ocultista do renacemento, servía como espello de auga para falar con espíritos.
  • Convento de São Francisco do Monte: puticlú gay pra ir facer dogging e foresting.
  • Elevador de Santa Luzia: un funicular onde se suicidaron os seitosos de Heaven´s gate.
  • Forte de Santiago da Barra: minicastelo para destruir piratas(sobre todo galegos!!).
  • Santuário de Santa Luzia: Un trapezoedo resplandecente ou caixa de lemarchand, algún día virá o Anticristo e abriráa!!.
  • Ponte Eiffel: feito polo enxeñeiro Eiffel que vei aquí fuxindo de París, onde gastara o presuposto do concello nunha torre fea qu enon servía para nada.
  • Castelo de Portuzelo: feito polo mouro Otelo, que era moi zeloso.
  • Pazo de Lanheses: construido por Zé do Telhado para conseguir ser da nobreza e non acabar asetado nun pelourinho.
  • Pelourinho de Lanheses: feito por encargo da masonaría aos canteiros que servía para executar treidores.
  • Biblioteca Municipal de Viana do Castelo: de estilo satánico deshumanizador
  • Estaleiros Navais de Viana do Castelo: construídos polos Leunos para ir invadiren Tartessos e Cartago, ao final marcharon con Breogán invadir Irlanda de pao que ían ao festival Waken.
  • Navio-Hospital Gil Eannes: desde el avistou se a cidade de R'lyeh.
  • Porto de Viana do Castelo: feito por Odilo Marsh seguindo as indicacións de Dagon.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Viana do Castelo.

Outros artigos[editar]