Viaxe a Lánsbrica

De Desgalipedia


Viaxe a Lánsbrica.
Viaxe Lansbrica.jpg
O protagonista tentando fuxir da física cuántica.
Título orixinal: Viaxe pola Historia de Galiza.
Tradutor:
Autor: Miguel Mosquera Paans.
Ilustrador: {{{ilustrador}}}
País: Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Lingua: galego
Tema: A Historia non serve ós pobos pra nada.
Xénero: Gay.
Editorial: Urco Editora.
Data publicación: século XXI.
Formato: Iwook
Páxinas: 69


Cita1.pngQuizais quixo dicir: Viaxe a LansbricaeCita2.png
Google sobre o Castro de San Cibrao de Las

Viaxe a Lánsbrica é unha novela xuvenil eróticafantástica de Miguel Mosquera Paans escrita en 2013 co gallo do abandono do museo da civilización castrexa en San Cibrán de Lás ou Lánsbrica.

Argumento[editar]

Brais é un cativo que estuda a ESO nun instituto de Ourense, un día os seus mestres teñen a nefasta idea de levar a varias clases nunha excursión didáctica... pero non os levan á rúa e por empresas pra que aprendan o duro que é a vida non, os levan a ver un xacemento arqueolóxico WTF!???? Se ahí non van nin os arqueólogos peneques.

Mais Brais si que pensa en collerse un bo peido, asi que o día anterior xunta en pequenas botellas de plástico refrescos doces con alcohol roubado á alcólica de súa nai e un pouco de pastillas do esquizofrénico de seu pai, con éste cóctel na mochila viaxa xunto cos seus compañeiros a Punxín, todos xuntos bourando no autobús, botando unha chiscadela do botellón gorxa abaixo mentres non os ven os profes, meténdolles man ás compañeiras que van nos asentos de adiante. En canto chegan ó lugar os mestres reunen o rebaño e comézano a dirixir cara as murallas da cidá castrexa, conforme pasan da rúa principal e suben á croa Brais desmándase cara a dereita e comeza a facer o parvo en plan guerreiro salvajem con tan mala sorte que cae no alxibe-pozo a medio excavar.

Mais noso protagonista non se fire non... senón que acaba de entrar nunha porta espaciotemporal e vai dar á Galicia preromana, alí coñece aos ostryminios, vé como se pelexan cos castrexos por ver quen se queda coas derradeiras petroglifenses, faise amigo dun xigante chamado Nemeto (que si te agachas te peto) co cal vai rorando por toda a puta historia de Galicia, coñecendo a Diego Xelmírez, que mentres vai fuxindo da Raíña Urraca o tenta seducir pra ser seu monaguillo privado, bate contra un tenente de castelos de Pedro Madruga, intima con Alonso de Lanzós, viaxa cos irmandiños a derrocar algunha que outra fortaleza chea de ladróns feudais, é enrolado á forza no rexemento de Padrenda durante a guerra de Guerra de Restauración portuguesa contra as tropas de Portugal que tentaban invadir o sur das provincias de Ourense e Tui (actual provincia de Pontevedra).

Tras estos aguerridos avatares e conseguir saír vivo de Cangas do Morrazo (onde lles agasallou ós seus habitantes coas píldoras) consegiu atopar outra porta espacio-temporal no cu dun crego fidalgo (non vou preguntar como consegiu descubrir iso...) de Cudeiro. Curiosamente cando voltou ó seu marcocronolóxico apenas pasaran cinco segundos e inda seguía medio borracho no fondo do pozo castrexo cunha perna rota e metida polo anus adiante, mais como o móbil non tiña cobertura alí dentro tivo que comezar a dar grandes berros sendo descuberto por un veciño subnormal do lugar que o axudou a saír e lle practicou unha operación a vida ou morte pra sacarlla perna do e despois cos seus poderes máxicos lle curou a perna rota, cando chegaron seus compañeiros onda él descubriu que tamén xa lle pasara a resaca, asi que colleu as botellas dos seus compañeiros e segiu bebendo, xa que viu que toda a historia do seu país era deprimente e que o mellor era beber pra esquecer, sobre todo o episodio final do cu fidalgo...

Persoaxes[editar]

  • Brais: o prota que só pensa en tocarlle as tetas ás lobas da súa clase e ir de botellón, tras a súa aventura poderíase agardar del un comportamento mais civilizado mais xa se sabe que o estudo da Historia só empuxa a ser mais bárbaro e darse á bebida.
  • Nemeto: apelidado Nepongo, asi que chámase Nemeto Nepongo. Trátase dun xigante que foi liberado por Brais e que se atopaba enfeitizado nun subterráneo do castelo de Louredo (Toén) gardando un tesouro dos mouros. Algúns teóricos da conspiración afirman que en realidade se trataba dun axente do goberno pra tentar mudar a Historia e lexitimar o actual goberno mediante a guerra suxa.
  • Frei Culoncio Cadórniga de Puga: fidalgo que tiña unha porta espaciotemporal no seu cu e nunca se enteirou do seu funcionamento cuántico, según Sheldon Cooper trataríase do coñecido síndrome Gayoso que aquí non podo explicar porque seguramente me demandarían por plaxio.
  • Bispo Quevedo Quintano: bispo de Ourense e heroe da Guerra de Independencia española que axuda a Brais cando vai ser linchado por unha alarma guerrilleira que o confundira cun gabacho, ao saber que ven do futuro o bispo pono diante de O Ciprianillo e o esconxura pra sacarlle o Demo do corpo que lle fai dicir parvadas.

Véxase tamén[editar]

Outras pornografías[editar]